Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 28, 2010

Homenaxe ó Xestal


Este sabádo ás 9 da noite, no Pazo da Cultura, a asociación cultural Lumieira organiza unha homenaxe a Carlos Díaz, "O Xestal", coa colaboración dos amigos do finado humorista e folclorista (A Coruña 8-8-1933, Carballo 4-1-1993).

Participarán agrupacións locais, coma o Coro Aires de Bergantiños (fundado polo propio Xestal) e a Asociación Cultural Arume de Berdillo, e outros invitados de fóra: Bieito Romero, Cándido Pazó, Mini e Mero, Colectivo O Xestal e Xurxo Souto.

Máis información sobre a vida e obra do homenaxeado en A Nosa Galicia.



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Xiico de Carinho said...

Ola, parabéns á As. Lumieira pola merecente homenaxe a "O Xestal", persoa moi comprometida coa cultura galega e solidaria coas causas sociais.
Quero engadir que nesa homenaxe participaremos, asemade, Toniño e Xan López,(Treixadura) e Xico de Carinho (Na Virada), en trío formado para a ocasión.
Saúdos

28/1/10 14:02

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner