Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, enero 20, 2010

Xa chegou o apagón


En Carballo, dende hoxe pola mañá só é posible ver as canles de TV mediante TDT. Así que o que non se adaptara, quedará sin ver a tele, salvo que sexa cliente de R, xa que os clientes desta operadora non se verán afectados polo apagón analóxico, segundo unha nota que nos envía o seu gabinete de prensa. Estes clientes seguirán vendo as mesmas canles de que dispoñen ata o de agora sen facer ningún cambio nos seus aparellos.

Ao dispoñer dunha rede propia, R pode coller o sinal de televisión en dixital e envialo pola súa propia rede en analóxico. Desta forma, os televisores analóxicos conectados a calquera toma de R seguirán funcionando como ata o de agora de forma totalmente gratuíta.

Doutra banda, quen dispoña dun descodificador TDT ou dunha tele con sintonizador integrado TDT tamén poderá conectalo a calquera toma de R para recibir as canles de TDT en dixital sen necesidade de actualizar a antena do edificio: é dabondo con enchufar e sintonizar as canles de televisión e de audio en calidade dixital.

Aproveitamento do espectro libre

Co apagón analóxico vai quedar liberada unha banda de frecuencias que operador galego quere aproveitar para intentar despregar unha rede radiomóbil de nova xeración, se consegue algunha das novas licenzas de uso do espectro radioeléctrico que se poderían conceder este ano a nivel local ou autonómico. R demándalles ao Ministerio de Industria e ao Goberno Central a posibilidade de ter acceso nos próximos meses a frecuencias valedoiras, é dicir, que permitan boa cobertura e capacidade, como as situadas na banda de 900MHz (GSM ou dividendo dixital), co obxectivo de investir nunha nova rede móbil de última xeración e darlle solución, así, ao problema de acceso a banda ancha nas áreas de poboación máis diseminadas de Galicia.

Toda a información ao respecto, na web www.tdtgalicia.es ou no teléfono 012.

Este apagón tamén trae algunha que outra mala noticia. Por exemplo, a dúbida sobre qué pasará con televisións locais como BERTV, que emiten só en analóxico e que durante os últimos anos supuxeron un soplo de aire fresco informativo pola posibilidade para los cidadán de acceder a moitos contidos da actualidade local antes vetados, e que de novo, mentras non arranque a TDT local, desaparecerán.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner