Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, enero 17, 2010

Vacas flacas




Esa é a expresión máis axeitada para describir a situación económica actual, e, como non, tamén a correspondente ós orzamentos para Carballo neste ano 2010. Porque o documento máis importante que cada ano debe aprobar un Concello ven de ser presentado polo alcalde e a concelleira de Facenda, e os números cantan: logo de varios anos de crecemento, este ano teremos un descenso nada menos que dun 16% nas cifras que prevé manexar o goberno local.

A principal causa desta caída é o brutal frenazo do boom da construcción carballés. Durante varios anos vivimos unha festa rachada, onde parecía que todo valía, que construir pisos era tan fácil coma montar en bicicleta e que calquera pequeno promotor podía facerse rico a partir dun par de solares. É dicir, xustamente un modelo a escala do que pasou a nivel nacional. E ó igual que pasou a nivel nacional, todo isto pasaba coa aquiescencia, cando non o aplauso ou o entusiasmo, de políticos, xornalistas e cidadáns. Pero, coma ben dicía hai pouco un xornal económico británico, a festa rematou neste país, e chega a hora de pagar a factura. As vacas flacas. Unha factura que en Carballo se pasa en termos de parados nas colas do INEM (compre repetilo porque somos os únicos que nos atrevemos a dicilo), e tamén en termos de que todos, Concello incluido, somos un pouco máis pobres. Ou se cadra é que nunca fomos realmente tan ricos coma criamos ou coma nos facían crer.

De maneira que o noso municipio vai ter un 16% menos de recursos, un 16% que, tendo en conta a necesidade de cubrir os gastos ineludibles de funcionamento, vai recortar fundamentalmente as inversións. Así que, pasada tamén a festa do Plan E (que tamén ha ter a súa factura), terán que ser outras administracións as que permitan, ou non, sacar adiante algún dos moitos proxectos prometidos e pendientes na capital de Bergantiños. Conseguir os cartos e xestionar as obras será a proba de fogo do executivo municipal.



Etiquetas: , ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner