Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, enero 16, 2010

“… y un condon por si pillo”



Este é o título do último espectáculo de Rober Bodegas. Un espectáculo que xa é un éxito e que supón un salto cualitativo na carreira do noso humorista máis coñecido, que ten pasado de actuar en pequenos bares e pubs a encher todo un teatro Colón da Coruña. Porque xustamente iso foi que pasou esta semana coa premier dun guión no que Róber profundiza co seu particular punto de vista nos pormenores das primeiras relacións sexuais, con todas as dificultades, anécdotas e situacións embarazosas que moitas veces xeneran.

Se non puidestes ir á Coruña, non vos preocupedes. Porque o vindeiro día 22 deste mes está previsto que Bodegas se achegue á súa vila natal para actuar con este mesmo show no Pazo da Cultura. Ata entón, deixámosvos os primeiros anuncios e reaccións que temos atopado pola rede.

http://www.lavozdegalicia.com/agenda/2009/10/20/00031256063478452251363.htm

Etiquetas:

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner