Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, enero 11, 2010

Carballo parado (pero detrás das vallas)


Uns deses datos que non atoparedes nos medios de comunicación oficiais. Coñeciamos de fai tempo os desastrosos datos de paro que presentaba o noso concello, o segundo da provincia coa taxa máis alta, solamente superado por Camariñas.

Pois ben, hoxe A Nosa Costa revela os números do mes de decembro que pechou o ano 2009. Mentres que Santa Comba e Corcubión foron quen de crear emprego, o resto de municipios viron engrosar as listas do INEM. E unha vez máis Carballo levou a palma, con 216 novos parados, mentres que no total do ano foron 624. Nada máis e nada menos que un 2% da poboación total, en torno a un 5% no tocante á poboación activa, e cun tercio dese incremento neste último mes. Datos coma para facer tremer a calquera e que ademais constatan unha realidade que se percibe na rúa, pero non nos pasillos oficiais.

Porque non agardedes que os nosos gobernantes, ni tan pouco a súa oposición, e moito menos os defensores da xestión excelente vos falen deste asunto. Están máis ocupados falando do sexo dos anxos, revisando as nóminas das súas adicacións exclusivas e preparando o seguinte peloteo en titulares. Aínda que ollo, a realidade detrás das vallas está oculta pero non deixa de existir. E os parados, se ademais son ninguneados, poden resultar moi cabreados.



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner