O blog de Sueiro
O deputado carballés Alberto Sueiro ven de abrir un blog no que dá conta da súa actividade tanto a nivel autonómico coma local. Non é unha costume extendida entre os políticos da comarca. De feito, despois de bastante buscar, non atopamos a ningún outro dos nosos representantes na nosa comarca que teña ferramentas dixitais para poñerse en contacto cos seus votantes. Nin sequera María Torres, secretaría xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia conta con blog, cousa que si é bastante normal noutras zonas entre moitos deputados o políticos de diverso nivel. Por outra banda, as webs e blogs dos partidos locais da nosa localidade deixan bastante que desexar, ou ben se actualizan de pascuas a ramos.
Polo que respecta ás redes sociais (Facebook, Twiter, etc), cónstanos que son máis os representantes das nosas comarcas que contan co seu espazo, pero con todo está claro que, neste século XXI no que Internet xogou un papel decisivo por exemplo na victoria electoral de Obama, as novas tecnoloxías resístenselles ós nosos políticos, se cadra do mesmo xeito que se lles resisten a moitos cidadáns. Unha mágoa, porque estes sistemas permítennos a todos estar en contacto directo e coñecer a actualidade de primeira man, sen necesidade de pasar polo tamiz, moitas veces interesado, dos xornalistas. Agardemos que despois de Sueiro sexan outros os que sigan o exemplo.
Etiquetas: política local, Sueiro
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home