Nunca tanto onde aparcar houbo
Non o dicimos nós. Dío Benedicto Viña, concelleiro de tráfico, a propósito das críticas da oposición pola falta de aparcamentos e polo fracaso dos proxectos do goberno para construir novos parkings. O certo é que por máis que buscamos non demos atopado cales foron as obras nin as iniciativas levadas a cabo polo goberno municipal para mellorar a oferta de estacionamiento con respecto ó que xa había anteriormente, porque, lamentámolo, non aceptamos zona azul coma animal de compañía. Probablemente o Viña nacionalista (referímonos a Benedicto, para os mal pensados) teña un concepto dos conductores carballeses similar ó dos avezados automobilistas do vídeo que vos amosamos. Así que xa sabedes, se vos movedes por Carballo e non dades atopado aparcamento, non é que non os haxa, que nunca tantos houbo, é que vós non sabedes aparcar.
Etiquetas: aparcamientos, parking
8 Comments:
Iguales a los del vídeo no, pero en Carballo los tengo visto parecidos. Tampoco es cuestión de ser Fernando Alonso.Pasaros un domingo de feria por la calle Colón y proximidades.
18/12/09 18:53
E logo José Antonio Viña non é do Bloque?
18/12/09 22:00
Non, oh! José Antonio Viña é do PSOE, aínda que non o pareza. En realidade é o Sancho Panza de Don Quixote Evencio, pero non é do Bloque (ou eso din). Ó final da igual, tanto monta, monta tanto...
19/12/09 03:11
Pois eu pensaba que era o secretario de Evencio.
19/12/09 14:06
Noooooon.... Viña non é o secretario de Evencio, é o seu empleado, Evencio págalle o soldo e Viña traballa pra Evencio. ¿Ta claro ahora?
19/12/09 14:29
¿Canto cobran Viña e Evencio?
19/12/09 14:31
¿Cómo vos atrevedes a preguntar polo soldo de Evencio? Pura envexa.
El xa dixo que cobra o mesmo que coma mestre, e a súa palabra é sagrada.
A de Varela non valía, nin siquera valían os certificados do secretario do concello sobre o seu soldo.
Pero a de Evencio é lei.
19/12/09 21:16
Un mestre cobra 40.000 euros ao ano?
23/12/09 18:33
Publicar un comentario
<< Home