Acertos e erros deportivos
“O fútbol é así, unhas veces gáñase e outras pérdese”. Cántas veces temos escoitado esta frase, aplicable a moitos aspectos da nosa vida. E semella que algo así lle ten ocorrido ás infraestructuras deportivas construidas polo goberno municipal. Por partes.
Onte La Voz de los Ricos y Poderosos regalaba unha ampla publirreportaxe na que nos ilustraba con todos os detalles a nova piscina da zona escolar. Unha piscina completamente remodelada dentro dos proxectos do Plan E, que agora non só conta co tradicional vaso para nadar, senón tamén con elementos auxiliares que tan de moda se están a poñer coma bañeiras e duchas para hidromasaxe, sauna, cascadas, etc. Unhas instalacións modernas modélicas, a xulgar pola detallada información da prensa, coas que Carballo gaña en oferta deportiva e sanitaria. Un bo tanto a favor da xestión municipal e unha nova para todos.
Pola contra, o mesmo xornal adicaba menos bombo a destacar a posta en marcha do novo campo de entrenamento das Eiroas. Trátase dunha instalación que xa sufrira retrasos e dera moito que falar no salón de plenos por mor do tipo de céspede artificial a empregar. Finalmente o campo está rematado, pero non para gusto de todos. Resulta que o novo terreo de xogo conta cunha medidas máis reducidas que o principal, por estar eminentemente adicado ós adestramentos. Sen embargo, resulta que lle faltan moi pouquiños metros de ancho para poder albergar encontros oficiais, e menos de 10 m de longo para poder dispoñer dous campos de fútbol 7. É dicir, que por uns erros de deseño absolutamente inexplicables, o novo campo verá moi reducidas as súas potencialidades, aspecto polo que os técnicos do Bergantiños e outros equipos xa teñen amosado malestar. Se cadra, consecuencias de non consultar as cousas con todo o mundo.
Así é que, coma tantas veces pasa no deporte, unha de cal e outra de area.
Etiquetas: deporte
6 Comments:
0 comments, 0 comments, 0 comments, 0 comments, 0 comments, 0 comments, 0 comments, 0 comments...
Pechade xa o quiosco, non interesades a ninguén. Cada día hai máis palla e menos "chicha".
Quédome coa Voz. Con ises que se deitan coa extrema esquerda nacionalista. Sábeo todo o mundo.
14/12/09 08:29
Mientras nos quedes tú, estaremos felices
14/12/09 11:15
Se nota, se siente el bloque está caliente!!
14/12/09 19:39
CD: Non tedes motivos para estar ledos, xa dixen que me quedo coa Voz.
Para o anónimo: Ó outro lado das dereitas non só está o Bloque.
15/12/09 21:41
Ya todos sabemos están los que siguen al bloque, sin personalidad propia... o bueno con una personalidad de más de 60.000 € al año.
16/12/09 07:50
Sin generalizar tanto con lo de los partidos políticos, que no hay tantos premios nobel en ninguna tendencia, pero si que hay bastante gente honesta.
Y ahora no vale decir "en la mía más".
18/12/09 18:58
Publicar un comentario
<< Home