Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, diciembre 24, 2009

El Pocero de Carballo?


Francisco Hernando, alias “El Pocero”, é unha das personaxes máis famosas da España da última década. Este peculiar constructor, home feito a si mesmo que comezou facendo pozos e rematou multimillonario, fíxose famoso a raiz do seu proxecto de levantar unha macro-urbanización, ou mellor dito, unha nova cidade, en Seseña (A Mancha). Concretamente Hernando acadou licencia municipal para construir un supercomplexo urbanístico no que vivirían 60.000 persoas, situado no páramo deshabitado e sen servizos básicos dun concello de 6.000 habitantes. As acusacións de corrupción non se fixeron esperar, e “El Pocero” pasou a ser considerado coma o máximo exponente da cultura do pelotazo urbanístico na España dos 2000, un modelo económico baseado na construcción desaforada e sen sentido, con milleiros de vivendas baleiras, na especulación, na falta de zonas verdes e equipamentos, na escaseza de vivendas sociais, na agresión ao medio ambiente, en nun desenrolo “insustentable”. Ou cando menos, este era o discurso dunha boa parte da esquerda política e mediática, que, pese a afectar a concellos de todas as cores, responsabilizaba á dereita da situación. Claro que tamén hai quen di que as ideoloxías morreron. E para boa mostra o noso propio Concello. Xa nos chamaba a atención que o PXOM fose un “plan oculto”, e empezamos a saber o por que.

Hoxe coñecemos algúns dos detalles do informe que a Xunta ven de emitir sobre a revisión do Plan Xeral de Urbanismo que está a realizar o goberno progresista de Carballo. Chamalo “demoledor” é dicir pouco. Os técnicos de San Caetano flipan cando descobren que os Evencio boys planifican que a capital de Bergantiños vai duplicar a súa poboación en 12 anos. O departamento que dirixe o ¿socialista? Viña preve construir vivendas na próxima década para albergar a 31.000 habitantes máis dos que xa ten Carballo a día de hoxe, ata superar os 61.000. Todo isto no concello de España co prezo da vivenda máis barato e nun dos que teñen máis vivendas desocupadas. E non só iso, a Xunta critica que non se cumpren as necesidades de zonas verdes nin de vivendas protexidas, que se consideran como urbanas unha chea de núcleos nos que non existen servizos básicos, e que se ven ameazados varios espazos naturais. Resumindo, que si as cores políticas foran inversas, as voces que calificarían este plan de “especulatorio” (ou peor) serían un clamor.

¿Acaso hai algún “Pocero” en Carballo? ¿Terán que ver as “amizades perigosas” do alcalde? O que está claro é que ó goberno municipal carballés terá que dar moitas explicacións, e que moito vai haber que modificar este Plan para que poida sair adiante.



Etiquetas:

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Por si alguén quere botarlle un vistazo, o informe da Xunta está publicado:

http://www.cptopt.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxu/20091222/CARBALLO-SX%20IPAI%20PXOM.pdf

27/12/09 13:27

 
Anonymous Anónimo said...

Tomeime a molestia de ler as 15 páxinas do informe da Xunta.

E agora entendo por que tardaron tanto en contestar. E o alcalde queixábase. Pois que o lea.

É unha bronca coma un mundo ó concello, porque a única conclusión que se pode sacar do informe é que o novo Plan é unha chapuza monumental.

¿A quen lle encargaron o Plan?¿non levan os políticos mirándoo seis anos?¿cómo se pode enviar semellante merda despois de 6 anos?

Non vexo posible arreglar tal desfeita en pouco tempo. A este paso imos quedar sin o PXOM que temos e tampouco imos ter un novo.

E claro, a culpa será da Xunta, que o que quere é joder a Evencio, claro.

Menuda chapuza!!

29/12/09 00:08

 
Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a Lei... fixo a trampa


Xa que é o asunto de moda, eu tamén lin o informe da Xunta. Como é realmente farragoso, e moi amplo, tomeime a molestia de analizar, o máis sinxelamente que puiden, o contido do mesmo, e facer unha explicación crítica do informe e do Plan que se informa no mesmo, a ver se así todos entendemos do que estamos a falar.

A pena é non ter lido o PXOM que se informa, o que impide entender claramente algunha das afirmacións da Xunta.

Pasemos á primeira parte, referente á CAPACIDADE RESIDENCIAL do PXOM. En datas próximas virán máis partes.

PXOM (I) Capacidade residencial.

A Xunta analiza en primeiro lugar os datos que o PXOM incorpora para xustificar o número de vivendas novas que propón construir. Ese número debe ser o resultado da evolución lóxica e previsible da poboación de Carballo. Pois ben, o informe é demoledor, e sinala que a previsión do PXOM é desorbitada, unha auténtica esaxeración.

Vexamos o por qué desa opinión negativa da Xunta.

Os datos oficiais do I.N.E. (www.ine.es), publicados sobre os habitantes de Carballo de 2000 a 2009 son os seguintes:

Padrón 2000:28.271
Padrón 2001:28.497 + 226 habitantes.
Padrón 2002:28.527 + 30 “
Padrón 2003:28.949 + 422 “
Padrón 2004:29.521 + 572 “
Padrón 2005:29.689 + 168 “
Padrón 2006:29.985 + 296 “
Padrón 2007:30.091 + 106 “
Padrón 2008:30.653 + 562 “

Padrón 2009 PXOM: 31.047 hab. + 394

Media en 9 anos: + 308 hab/año

Polo tanto, se esta media se sostivese durante os vindeiros 12 anos, a poboación a engadir sería de 12 x 308 = + 3.696 habitantes, que, sumados ós 31.047 de 2009, segundo o propio Concello, daría unha población de en torno ós 34.750 habitantes, máis que lonxe dos 62.100 habitantes que a máis que optimista visión do governo municipal inclúe no Plano Xeral. Parece lóxico que a Xunta non se crea semellante vaticinio.

Por outra banda, se existen en Carballo, a día de hoxe, 7.342 vivendas baleiras (datos do I.N.E.), e se a media de habitantes por vivenda, a día de hoxe, segundo datos do Concello, é de 3,22 habitantes por vivenda ocupada, só farían falta, para crecer eses 3.700 habitantes, 1,148 vivendas.

Se temos máis de 7.000 pisos vacíos, e só precisamos 1.150 para o crecemento previsible nestes anos, está claro que non se xustifica, de ningunha maneira, que se precisen construir 16.700 vivendas novas. ¿Para que? ¿para ter 22.000 vivendas vacías?

Estes son os datos do PXOM:

INE tras 12 anos: 35.000 hab.
PXOM tras 12 anos: 62.100 hab.
Vivendas existentes: 16.687 (44 % vacías sg. INE)
Vivendas existentes ocupadas: 9.345 vivendas ocupadas INE.
Vivendas existentes baleiras: 7.342 vivendas baleiras INE.
Vivendas novas: 16.701
Total vivendas PXOM: 33.388
Habitantes/vivenda PXOM: 1,86 hab/viv
Habitantes/vivenda ocupada actual: 3,22 hab/viv

Creo que a conclusión é evidente. O concello presentou algo inxustificable, e agora toca o tirón de orellas da Xunta. O modelo parece seguir a manía deste pobo de crecer a base de ladrillo e formigón, sen saber cara onde imos.

A miña opinión é clara. Faise preciso que o governo aclare ós cidadáns cara onde quere ir, e de onde saen tan “optimistas” previsións, porque os resultados da campaña de captación de residentes na Coruña non ten dado resultado algún, e se paga con cartos de todos…

7/1/10 21:18

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner