Rúas estreitas
O Plan E do goberno central ten sido amplamente criticado. Moitos pensan que os cartos que se outorgaron ós concellos para facer obras públicas destinadas a empregar ós parados foron un simple parche que serviu para maquillar as listas do INEM durante uns meses, aumentar o gasto público e con elo o endebedamento, e que non supuxeron ningún cambio estrutural que favorecese a saída da crise. Sen embargo, unha cousa é certa: foron o mellor regalo que se podía facer ós concellos.
Porque na inmensa maioría dos municipios, asfixiados por un financiación escasa e apretados polo brutal descenso dos ingresos por licenzas de obras (véxase o propio Carballo), os recursos para acometer obras ficaban practicamente nulos. E unha inxección externa e inesperada, que ademais debía ser executada de forma case inmediata, era o máis parecido a unha aparición divina. Sobre todo en aqueles concellos nos que, por cuestión de población, a aportación do goberno central foi especialmente xenerosa. E ese foi o caso do noso.
En efecto foron moitos os cartos cos que, sen contar con eles, se atopou o goberno municipal, unha verdadeira botella de osíxeno para encarar o ecuador da lexislatura. O bipartito carballés que lidera Evencio Ferrero pasou dos grandes proxectos e deciciu invertir nunha variedade de pequenas obras entre as que destacaron o arranxo de rúas deterioradas. En concreto recibiron un tratamento moi similar varias das rúas da zona da Lagoa, entre a Gran Vía e a Vila de Negreira, e as rúas da Saúde, Cinceiros e Vitoria, entre a travesía e a Luis Calvo. Un deseño consistente na semipeonalización con adoquíns deixando un carril central separado por bolardos para limitar o paso da circulación rodada. Claro que algo non se pensou ben, porque resulta que, coma xa sucedera antes coas beirarrúas doutros lugares coma a propia Vila de Negreira, o ancho é tal escaso que non permite o paso ou o xiro dalgúns vehículos. Nomeadamente, dos camións de bombeiros.
Na xornada de antonte comprobouse o problema in situ, e semella que algúns bolardos haberán de ser retirados e cambiados de sitio para que, no caso de emerxencia, os servizos poidan chegar a tempo. Cando menos neste caso, a diferencia do que sucedeu noutras obras coma a Avenida de Bergantiños ou a Gran Vía (non digamos no túnel), tense actuado a tempo para correxir as deficiencias.
Etiquetas: FEIL
1 Comments:
Hay problemas en los que ni se pensó, y lo que es más grave, es muy complicado y caro subsanarlos ahora. Se menciona el paso de camiones de bomberos, pero ¿qué pasa con la ausencia de hidrantes para llenar esos camiones en caso necesario en todas esas calles recien remodeladas?. Responsables desde luego directos los técnicos de urbanismo, que igual que piensan en poner las farolitas lo más modernas posibles, están obligados a contemplar estos elementos. Responsables indirectos, los responsables de la Seguridad Municipal, desde Policía Local hasta Protección Civil. Responsables primeros, los concejales implicados, Urbanismo y Seguridad. Perjudicados, todos los demás.
16/1/10 22:39
Publicar un comentario
<< Home