Coincidencias

Hay coincidencias. Como a da periodista (Cristina Abelleira) que, por casualidade, pasaba polo rexistro municipal no xusto momento en que Xan Fraga Rodríguez donaba un libro ó Concello, e os dous coincidiron (tamén por casualidade) con un fotógrafo que lle sacou unha foto á portada do libro (para publicala en LVDGE) e co alcalde Evencio Ferrero ("no edificio consistorial coincidiu co alcalde") que lle agradeciu a Xan (diante da periodista) “esa sensibilidade e esa preocupación por facer de Carballo un lugar de referencia” (o slogan, que non falte). E todo iso dou para facer unha reportaxe que é a segunda noticia máis destacada da edición online do periódico oficial do alcalde no día de hoxe. Todo sexa por un libro.
Etiquetas: Cristina Abelleira, Cultura, Evencio, publicidad, Publicidade, Publirreportaje, Publirreportaxe
Seguir lendo...
