Unha reforma que non convence
Mentres os trámites para levar a cabo a disminuida reforma do actual mercado de abastos continúan adiante, na LVDGE están a realizar dende hai dúas semanas unha enquisa para coñecer a opinión dos lectores sobre o proxecto. E os resultados deberían dar qué pensar.
En primeiro lugar porque o número de participantes non está a ser particularmente elevado, o que probablemente denota o hastío e a indeferencia cidadá ante unha obra que hai 4 anos ía ser transformadora de Carballo (ía “traer a modernidade” en palabras do alcalde), e que agora se ve coma un parche político para camuflar o fracaso do aparcamento soterrado e da reforma da praza. E en segundo lugar porque a casi totalidade das opinións rexeita o proxecto de reforma, critica a política do goberno, ou aposta mellor por un novo edificio, opción preferida pola oposición carballesa.
En calqueira caso, que o diario favorito do goberno local amose tal descontento co proxecto estrela dos Evencio boys debería facernos reflexionar profundamente a todos, comezando polo propio alcalde. ¿Paga a pena invertir dous millóns e medio de euros nunha obra de reforma que non contenta case a ninguén? ¿Paga a pena malgastar cartos de todos por tentar salvar o crédito político? ¿Non se debería ter plantexado mellor este proxecto, falando con todos os implicados, e con maior altura de miras? Difícil parece que a estas alturas o goberno rectifique sobre unha decisión que semella ter tomada, pero cando falamos de Carballo, e sobre todo do mercado de abastos, calquera cousa poder ser posible. Curados de espantos estamos.
Etiquetas: mercado aparcamiento parking aparcamento praza plaza
2 Comments:
O que está facendo o Bloque é unha vergüenza.
Os que estamos na plaza non sabemos nada de que vai a facer o ayuntamiento con nos.
Aquí ven un concejal a contarlle a cada un unha cousa distinta, prometendo moitas cousas, pero cando lle pedimos papeles, non nos da nada, disque ainda non os ten.
Cando vamos as oficinas do ayuntamiento, os funcionarios dinnos que non saben nada, e que non lles consta que oficialmente exista nada do que lles pedimos.
Eu quero saber antes de que me boten do posto que teño, e pago os recibos todos puntualmente, cal posto me van dar, e non mo din. Nin eu nin ningún sabemos onde nos vai tocar, e o concejal de comercio anduvo prometendo un mesmo posto a varias personas distintas.
Tampouco nos deron por escrito se nos van subir as rentas ou se haberá que pagar máis, pero cando fomos ó ayuntamiento nadie nos contesta, e solo unha persona nos dixo que, ainda que non sabe nada de que vaian tirar o mercado, se se fai un novo, teremos que pagar máis.
A min o que non me parece lógico nin normal é que nas oficinas do ayuntamiento os funcionarios non saiban nada do tema, e que todas as preguntas que lles facemos nos digan exactamente o contrario do que nos di o concejal e o alcalde.
O único que sei é que, se tuveramos alquilado un baixo, o dono non podería botarnos mentras teñamos o contrato en vigor, e tería que chegar a un acordo antes con nos. E no ayuntamiento dixéronme que para esto tamén hai que facer igual.
Estou convencido de que nos están tomando o pelo, pero aquí dentro casi nadie di nada, e solo escoitamos cousas dun concejal que parecen ser todas mentiras.
Un placeiro preocupado.
9/2/10 21:10
Aquí va a pasar como en la piscina que no hya sitio para nadie.
El concello pretende que cada mañana echen una carrera a ver quien coge el mejor lugar.
Por eso anda prometiendo el mismo a todos.
La oposición que se ponga las pilas y de caña con todas estas chapuzas de verdad.
Los niños en la piscina del millón de euros se están cambiando por los suelos.
10/2/10 08:44
Publicar un comentario
<< Home