Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, diciembre 28, 2010

Nova etapa en Carballo Dixital



Hai pouco cumpliamos 5 anos na rede, e coma todo aniversario de números redondos, foi o momento de replantexarnos o noso futuro. Teñen sido 5 anos de moito esforzo en silencio para ofrecer o que considerabamos un servizo esencial: un espazo para novas e opinións en liberdade sobre a actualidade de Carballo, un espazo libre de presións externas, onde os ricos e poderosos non puidesen exercer a súa influencia condicionando a información, un espazo onde dar a nosa opinión, particular, pero nin máis nin menos válida ca outras, e recoller as vosas a través dos vosos comentarios e colaboracións, un espazo no que as premuras económicas non se traducisen en chantaxes manipuladoras. E coidamos que, dentro do que cabe, témolo conseguido. Grazas a nós e grazas a vós.

Pero a vida é cambio, e tras moitas reflexións e moito diálogo con diversos axentes coidamos que chegou a nosa hora de cambiar. Tras 5 anos de traballo independente na sombra, chegou o momento de saír a luz. Carballo Dixital vai pasar de ser un blog afeccionado, anónimo e “outsider” a converterse nun medio profesional, aberto e convencional. Na nosa decisión teñen influido notablemente os moitos correos electrónicos cos que o goberno local de Carballo nos ten bombardeado, ó igual que a Deputación, Xunta, e diversas organizacións e personaxes destacadas da nosa comarca. A financiación do novo CD correrá a cargo da publicidade que algunhas empresas senlleiras, e sobre todo as administracións públicas, farán na nova web. E coma con eso é difícil sobrevivir, xa temos comprometida a asignación de varias subvencións, razón pola que, por certo, pasaremos a expresarnos exclusivamente en galego. Asumimos que este paso ha supoñer un cambio na nosa liña de actuación, e que inevitablemente a crítica ós nosos políticos terá que ser debidamente suavizada, e se cadra eliminada. Tamén asumimos que a maior parte dos nosos contidos deixarán de ser opinión e mesmo información, para converterse en publirreportaxes institucionais e bombo ó alcalde de turno. Pero todo sexa polo ben da información.

Entendemos que se cadra algún de vós prefería o vello estilo. Pero se é así, sempre vos quedará a opción de crear pola vosa conta un blog coma nós fixemos hai 5 anos. Sorte.

Etiquetas:

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Como case todo o que levades contado nestes 5 anos, unha patraña.
Feliz día dos inocentes.

29/12/10 22:30

 
Anonymous Anónimo said...

Buenísima la aclaración de que ahora no publicaréis en gallego. Me pareció uno de los artículos más brillantes que he leído últimamente. Desprende ironía por los cuatro costados. Felicidades y ánimo.

31/12/10 13:25

 
Anonymous Anónimo said...

Resumindo, que como veñen as eleccions ides facerlle a campaña a Sueiro e Antelito. A ver cando facedes informacion que lle interese aos veciños do concello, a dos seus problemas,e non a que ao PP lle conven facer para axitar as masas.

Temas como a autovia, o plan de transporte metropolitano parecenme moito mais interesantes para a maioria que o carril bici da avda de malpica que parece que é o problemon do siglo...

4/1/11 20:51

 
Anonymous Anónimo said...

Estoy totalmente de acuerdo con el comentario anónimo anterior. Los temas que realmente importan se tratan poco (o nada) en CD, y absolutamente nada en la web del Concello o en la prensa del régimen: no he oído al Alcalde decir ni esta boca es mía:
- ni sobre la autovía
- ni sobre el plan de transporte (del metro ligero se han olvidado completamente) del que, por lo que he leído, Carballo está excluido
- ni sobre el segundo centro de salud (ya no hablemos del famoso Hospital Comarcal Xa)
- ni sobre el Plan Xeral (sólo pide silencio, y él tampoco dice nada sobre plazos)
- ni sobre qué negocio pretenden poner en el primer piso del Mercado (alimentación dicen que no, entonces será una tienda de remaches)
- ni sobre qué fue de la tercera fase de la travesía principal (el cacho de Vázquez de Parga desde el estanco hasta la rotonda)
- ni sobre el polígono industrial (lo último leido es que estaba pendiente de que el ayuntamiento diese una licencia, y aún no hay novedades)
- ni sobre la carretera de Razo
- ni sobre si derriban o no el Artai
- ni por qué algunos polígonos del Plan los impulsa el ayuntamiento y otros no (no quiero pensar que tenga que ver con los nombres de los dueños)
- ni por qué un policía tiene denunciado al ayuntamiento
- ni por qué un aparejador poco sospechoso de ser del PP denunció al ayuntamiento
- ni por qué no convoca plenos y pide silencio a la oposición (quien nada tiene que ocultar no debería comportarse así)
- ni por qué hay tantos políticos cobrando un pastón cuando en los plenos que televisan casi no se trata ningún asunto (será por eso que no los convoca)
- ni por qué tiene que recurrir a "comisionar" a Andrade para que medie con los vecinos en Berdillo para conseguir que cedan unos terrenos (¿no cobran los del gobierno por trabajar? ¿entonces por qué tiene que hacerles el trabajo un concejal de la oposición que no cobra?)
- ni por que para que te muevan un papel en el ayuntamiento tienes que ir a que te lo prepare determinada gente
Y la lista podría seguir. Podíamos hacer entre todos una con las cosas que consideremos como prioridad, a ver si los políticos la leen y de una vez hacen algo.

4/1/11 21:08

 
Anonymous Anónimo said...

Cuanto cobran Evencio y el sr. Viña?

4/1/11 21:59

 
Anonymous Anónimo said...

En 8 años de gobierno... que son más o menos 90 meses... a 4000 euros por mes.... bufff, ¿quién ha pagado todo ese dinero? ya hay que ser tonto para dárselo a los gobernantes!

5/1/11 14:59

 
Anonymous Anónimo said...

Falar dos soldos dos políticos é, ademáis de pouco elegante, unha indignidade e pura demagoxia. Un argumento barato que só usa quen non ten nada máis que dicir, sobre todo nun momento económico coma o de hoxe.

6/1/11 10:36

 
Anonymous Anónimo said...

Sí, moi ben, pero... cánto cobran? por qué? e de barato nada que a min sáleme bastante caro.

6/1/11 12:49

 
Anonymous Anónimo said...

Tranquilos, estes politicos de agora son mais aforradores. Varela si que nos sacudia ben as arcas municipais, evencio e viña fannos desconto.

8/1/11 19:04

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner