O PP quéixase de que o alcalde non convoca o Pleno
O PP de Carballo remitiunos unha nota na que califica de "ilegal, inxustificable e claramente interesada" a decisión do alcalde de non convocar o Pleno municipal.
Para o PP, "non existe ningunha razón que xustifique que non se celebre a reunión ordinaria do pleno da corporación, mais aló do uso partidista da institución municipal en beneficio do propio alcalde."
Os populares citan o artigo 46.2.a) da Lei de Bases de Réxime Local, que di que o pleno debe celebrarse como mínimo cada mes nos concello de máis de 20.000 habitantes, e ademáis adoptouse ese acordo no caso de Carballo.
Sigue decindo o grupo de Sueiro que "con esta omisión de convocatoria do Pleno –que, entre outras atribucións ten a de controlar e fiscalizar os órganos de goberno municipais–, o alcalde está vulnerando o dereito fundamental a participar nos asuntos públicos, consagrado no artigo 23 da Constitución Española, tal e como ten declarado o Tribunal Supremo en casos similares (sentencia de 21 de maio de 1993, entre outras). Dereito que ostentamos como concelleiros elexidos polos cidadáns, e do que nos vemos privados polo alcalde, de forma inxustificada e inxustificable.
O goberno mellor pagado da historia de Carballo, que é, como queda en evidencia, o que menos traballa, impide a única posibilidade de exercer o control que posúen os concelleiros, no único momento do mes no que os cidadáns teñen oportunidade de contrastar as distintas opcións políticas. Esta decisión do alcalde non ten outro motivo que o a obstrución do normal desenvolvemento da actividade municipal.
O PP ven denunciando con reiteración a estratexia de silenciar o debate político do BNG , afastando dos debates no pleno as cuestións importantes e incluíndo unicamente aqueles temas que, por imperativo legal, necesitan a aprobación de ese órgano.
Nesta ocasión, para escapar de dar explicacións polas súas actuacións irregulares nas obras da travesía de Malpica, para non ter que xustificar que ainda non teñen feitos os orzamentos do concello para 2011, pola mala situación económica das contas municipais, decide tapar a boca ós grupos da oposición, xa que se non hai pleno tampouco hai mocións que debatir, nin rogos, nin preguntas, nin a comparecencia do concelleiro de obras que temos solicitado.
É absolutamente inaceptable que os grupos políticos non teñan coñecemento de unha decisión como que non se vai celebrar unha sesión plenaria obrigatoria, e deban coñecela polos medios de comunicación."
Os populares acaban cunha ironía: "Esperamos que o alcalde reorganice a súa axenda, limitando a participación en actos publicitarios onde poida sair na foto, e atope o tempo para convocar o pleno ó que está obrigado por Lei."
Etiquetas: política local
3 Comments:
Se é ilegal que o denuncien e se deixen de queixar
23/12/10 16:55
De acordo ca nota anterior. Manos Show. Si a lei obriga, denuncia ó canto e a Xustiza dará e quitará razóns.
Non pretendamos que o cidadán de a pe, entenda os legalimos que acompañan as celebracións dos Plenos. Denúnciase e remátase ca historia. Repito, menos show
24/12/10 16:28
Vale vale, a partir de agora o dictador que faga e desfaga ó seu antoxo, sen que se entere o pobo. Evencio=Zapatero. Dictadura
27/12/10 18:08
Publicar un comentario
<< Home