Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, diciembre 01, 2010

Ráchase a lei do silencio


Hai asuntos que por moito que se queiran tapar resulta imposible. Hai tanta merda acumulada debaixo das alfombras, que asoma polas beiras e déixanos coa cara colorada. E abofé que non fomos nós os que contribuimos a esta noxenta táctica de agochamento, pero non por iso deixamos de sentir vergoña en tanto que carballeses.

Por fin despois de tantos meses parece que a indignación pola delincuencia en Carballo traspasa os límites do silencio: nas últimas semanas as oleadas de roubos no noso concello chegaron a tales extremos que moitos comerciantes manteñen as portas pechadas e só abren a clientes coñecidos ou que non lles merezan desconfianza. O clamor nas rúas é tan enxordecedor que mesmo a prensa local publicaba mapas dos últimos delitos. ¿Chicago anos 30? ¿Chile durante o terremoto? ¿Venezuela actual? Non, Carballo 2010. Así de triste, así de dramático, así de real. Unha cidade con este paro e con esta inseguridade ten moi complicado sair adiante.

E agora que por fin vemos o que hai tanto tempo tiñamos diante dos fuciños, podemos facer dúas cousas. A primeira, a que se fixo ata o de agora, convocar unha reunión desa famosa “xunta de seguridade”, e dous meses despois dicir que todo está ben e a delincuencia de Carballo non para de baixar. A segunda, convocar esa xunta pero para tomar medidas. Unhas medidas que se chaman po-li-cí-a. E aos cidadáns énos igual que sexa locais, nacionais, gardas civís, ou militares profesionais. Pero queremos axentes da orde e querémolos xa. E tampouco estaría mal que as nosas autoridades (comezando por un señor alcalde experto en desaparecer cando chove) nos desen explicacións daquel novo cuartel da Guardia Civil que disque se ía construir hai xa varios anos na zona da Ponte da Pedra, ou daquela comisaría de Policía Nacional que levamos 20 anos reclamando. Porque calar e mirar para outro lado xa non cola. Porque de tanto mirar para outro lado, estannos mallando a labazadas.

Etiquetas:

11 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A pesar de esta racha de robos en el Centro Urbano, la Policía sigue trabajando con los mismos efectivos en la calle. No se han reforzado los servícios. A quien manda o Gobierna no le debe afectar la situación.
Los agentes han detenido a los autores de varios de los robos y han hecho su trabajo, gracias a la colaboración ciudadana. Gracias a unos y a los otros.

2/12/10 10:21

 
Anonymous Anónimo said...

A Policía Local sigue sin cobrar os sevícios extra do ano 2010. Non se pensa tampouco en ampliar a plantilla. Máis do 60% dos servícios fanse sin a presenza de mandos. As instalacións non son nin adecuadas nin seguras. O parque móvil deixa moito que desexar.
Como di a nota anterior, gracias á colaboración dos veciños, van tirando.
E nunca fixeron unha folga para deixar plantado a nadie.

2/12/10 10:28

 
Anonymous Anónimo said...

pois si eu fora policia xa iria pensando en facer a primeira a ver si asi Evencio toma nota. cantos policias hai en Carballo alguien o sabe?

2/12/10 15:20

 
Anonymous Anónimo said...

Eu son policía, e para facer folga (no caso de querer facela) tería que cambiar a lei, porque de momento témola prohibida. O problema pode que non sexa o Alcalde, como ben sabedes, existe un concelleiro delegado, con dedicación exclusiva.
Non estamos ben, e con Varela estabamos peor (na miña opinión). Alomenos agora hai democracia.

3/12/10 15:24

 
Anonymous Anónimo said...

¿E logo a Varela nombrouno Franco para que non houbera democracia?
¿E o concejal nombrouno Varela ou foi Evencio? Porque o responsable será o xefe non o subordinado, digo eu, porque si lle paga sin que traballe o que ten é que botalo como botou a Lurdes.

3/12/10 16:40

 
Anonymous Anónimo said...

O policía.
Eu xa sabía que non ía gustar.
Si digo que con Varela non había democracia, é a miña opinión.
Varela pasaba o rodillo e machacaba a quen non estivera do seu lado. Hai moitos damnificados da súa política.
Polo visto, a Adolf Hitler non o nomeou Franco, foi o seu pobo nas urnas, coma a Varela.
No do concelleiro, non debo opinar. Pero tes razón, se non o ten botado fora é porque cumpre (na opinión do Alcalde).

3/12/10 19:36

 
Anonymous Anónimo said...

Outro Policía
Estou de acordo co meu compañeiro.
¿Cantos somos en Carballo? 23
¿Cantos traballamos permanentemente na rúa? 16

7/12/10 11:16

 
Anonymous Anónimo said...

eu por 2000 euros o mes tamén levo todas as culpas que fagan falta pa deixar o meu jefe in-maculado. onde hay que apuntarse?

7/12/10 18:05

 
Anonymous Anónimo said...

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/12/08/0003_8896720.htm

vaya semanita llevamos no? a alguien se le ocurren soluciones?

8/12/10 12:36

 
Anonymous Anónimo said...

La Policía Local debe atender las zonas donde se pueden producir actos vandálicos y robos, no sólo la bendita población de Carballo. Bartoa, Sísamo, Verdillo, Sofán y Razo no pagan los impuestos y por lo tanto el sueldo de esos señores?. Vale que lo habitual es que esas zonas las vigile la Guardia Civil, pero en tiempos como los actuales ¿puede el Ayuntamiento de Carballo prescindir de su Policía Local?.
La Policía debe adaptarse a los cambios que aparecen en la sociedad y debe dar su servício a los vecinos allí donde es necesario, y hoy por hoy las necesidades del pueblo pasan por no pasear únicamente por las calles de Carballo.

8/12/10 19:45

 
Anonymous Anónimo said...

O mesmo que en outras ocasións a Policía Local votouse en falla, hai que recoñecer que ante os roubos e furtos sofridos no casco urbano en varios establecementos, a resposta dos membros da Policía Local foi rápido, axeitado e dou os deus froitos.
Igoal que cando o fan mal se debe de decir públicamente para que melloren e se poñan as pilas, é de xustiza que cando compren co seu cometido, sin entrar en agradecementos excesivos pois dende logo é a sua obriga, repitó, entendo que é de xustiza que se recoñeza a sua labor.
Según leo, siguen sin solucionarse problemas que veñen arrastrando dende hai tempo. Carballo precisa deles, e deben ser recoñecidos e apoidaos, e por suposto esixirlles que desenrrolen o seu labor.

8/12/10 19:53

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner