Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, noviembre 22, 2010

O último home infalible


A fin de semana déixanos un par de noticias interesantes que, na nosa habitual querencia por asociar ideas, dan pé a esta reflexión. Falabamos a semana pasada da estratexia adoptada por Evencio Ferrero neste último tramo de lexislatura. Un último tramo no que os alcaldes teñen a tarefa de lembrar e amosar ós cidadáns todas cantas cousas magníficas fixeron no mandato, e que deben ser o aval co que volver a pedirlles o voto para continuar na mesma boa senda. Pero como queira que no caso de Carballo o peso dos logros e das realidades e moito menor que o das promesas e as expectativas, e non digamos xa dos cartos gastados, a balanza non se decanta a prol do goberno. E polo tanto fai falla un recurso adicional co que afrontar de novo a cita electoral: o reparto de culpas entre outras administacións e partidos, e a prolongación do discurso de “o ano que ven, sí”.

O caso é que o PP de Carballo lanzábase ó ataque o sábado contra a deixación de responsabilidades de Ferrero, lembrándolle “que leva gobernando durante case oito anos” e que “pese a ser os gobernantes máis caros da historia” e coincidir con gobernos da súa cor política en todas as administracións, no soubo “rentabilizar esa coincidencia”. Ironizaban os populares con que se o alcalde só é responsable dos seus “actos publicitarios”, poderíase fechar o Concello para que o xestionen a Xunta e a Deputación.

E ó día seguinte era o propio alcalde o que daba resposta nas páxinas do BOE (o oficioso de Carballo, non o oficial de Madrid) reafirmándose en todos os seus argumentos, negando ningunha responsabilidade en ningunha das problemáticas de debate, e presumindo das inversións e servizos realizados baixo o seu mandato como algo inigualable: “oxalá todos os gobernos futuros que teña esta Concello sexan capaces de ofrecer un balance de realidades de infraestructuras, obras, equipamentos e servizos como o que pode ofrecer este goberno en tan corto período de tempo”. De feito, se botamos a vista atrás, non lembramos que Evencio teña recoñecido endexamais nin un só erro cometido en todos os seus anos de alcalde, máis ben só lle lembramos gabarse do magnífico alcalde que é e da sorte que temos en contar con el. E coincide este cruce de declaracións coas tan comentadas revelacións do papa Bieito XVI, admitindo por primeira vez o uso do preservativo en certos casos. Noutro novidoso punto, o pontífice recoñece que o bispo de Roma non deixa de ser en realidade outro bispo, humán, e que como tal non é infalible e comete erros igual que todo o mundo. ¿Todo o mundo? Non. De feito, a nova postura vaticana déixanos como conclusión que no planeta tan só queda un home que nunca se equivoca: Evencio Ferrero, o último home infalible.


Etiquetas: , ,

4 Comments:

Anonymous Calaf said...

Haha, ¡impresionante el fotomontaje!

22/11/10 15:08

 
Blogger Carballo Dixital said...

¿Qué fotomontaje?

22/11/10 21:28

 
Anonymous Anónimo said...

toda secta necesita un lider espiritual.E simplemente o comunismo e o culto o lider.Patetico pero si o resonsable local do bloque e vitor recarey e admisible que evencio sexa Dios.

22/11/10 22:01

 
Anonymous Anónimo said...

Claro que é bo o uso do preservativo, se o proxenitor de Evencio puxera capucha non teríamos o alcalde que temos oxe.

23/11/10 09:39

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner