Adiante
“Adelante por los sueños que aún nos quedan”, di a canción. E precisamente "Adiante" é o nome do novo xornal comarcal e do novo proxecto informativo de Marcos Díaz Molk. Un dos artífices de A Nosa Costa informa dende unha entrevista na propia web da inminente saída á rúa do primeiro número de “ADIANTE INFORMACIÓN”.
O simple feito de que un novo medio de comunicación naza e veña a ofrecer maior pluralidade informativa xa merece un aplauso. Se ademais iso sucede en plena crise económica e da prensa escrita, máis aínda. E se ademais atendemos ás explicacións do propio Molk, máis interese que esperta en nós. Porque en palabras do seu creador, non se tratará dun medio máis, non se limitará a recopilar informacións coma outros, senón que tentará profundizar nos asuntos de actualidade para ofrecer unha visión máis ampla e completa.
O primeiro número será o de novembro, e xa nos tarda velo. Máis información en info@adianteinformacion.com e máis en www.adianteinformacion.com.
Etiquetas: prensa
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home