Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 20, 2010

Doble personalidade



Fai case 3 anos que reflexionabamos sobre a aparente doble personalidade do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e hoxe traemos de novo o símil a colación da man dos sempre xeniais Cruz y Raya. O asunto que nos motiva é o que moitos dos nosos comentaristas veñen debatindo estes días: a adxudicación da autovía da Costa da Morte, Carballo-Berdoias, e máis concretamente o seu novo retraso.

Xustamente onte era o voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich (non pode calificarse de líder pola bicefalia da formación frentista), quen na compaña dos seus compañeiros comarcais, e nomeadamente do propio Ferrero, arremetía contra o PP pola famosa polémica. Non obstante o máis chamativo e novedoso da rolda de prensa foi que os bloqueiros non se limitaron a censurar a cancelación do segundo concurso co conseguinte aprazamento de varios meses das obras, senón que foron máis aló, e no seu lugar centraron as críticas no propio sistema de concesión a un financiador privado con peaxe na sombra, e reclamaron que a obra se faga directamente con fondos públicos coma tradicionalmente. Argumentaban tanto Aymerich coma Evencio que deste xeito sae máis barato ó non ter que pagar os lóxicos intereses á concesionaria, que se garantiza que non haxa peaxe “descuberta”, e que sempre se trata dun modelo “máis garantista”. Seguramente non lles falta razón nesto último ós nacionalistas. Claro que obvian dous pequenos detalles: o primeiro é que hoxe en día a administración pública non ten cartos para tal inversión, e que ten recorrer á iniciativa privada para poder obras, e así sucede tanto en Galicia coma en todo o Estado e noutros países de Europa; e o segundo é que este mesmo modelo foi o aplicado sistemáticamente polo bipartito de Touriño e Quintana (de quen Aymerich é continuador) durante os seus catro anos de goberno. Tanto é así, que precisamente o primeiro concurso, o que foi adxudicado, viu coma se poñían primeiras pedras, e logo foi abandonado, foi por concesión.

Pero se ben o voceiro do BNG presenta síntomas de doble personalidade, o caso do alcalde carballés tende a ser crónico. Porque se os xornalistas que cubrían a información tivesen unha pouca da mala idea que temos nós, teríanlle recordado outro concurso, tamén varias veces repetido, polémico, e sempre fracasado, que se ten celebrado en Carballo: o do famoso e inexistente parking soterrado, concurso para un concesionario privado que foi convocado en dúas ocasións e media (recordemos Mercasa) polo propio Evencio Ferrero, e que tamén levaba consigo peaxes importantes. ¿Por qué non ten feito o Concello directamente o aparcamento con diñeiro público? ¿Quere iso dicir que había intereses ocultos naqueles concursos? Pola nosa banda habemos continuar coa marcaxe a Feijoo e ó conselleiro Hernández, que xa teñen cartón amarelo por un primeiro fallo, pero no asunto da autovía hai outros que xa viron o cartón vermello directo fai tempo.

Etiquetas: , ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Autovía gratuíta ya!
Hospital comarcal ya!
3ª fase de la travesía ya!
Guardería ya! (esta ya se pidió)
Circunvalación ya! (de esta ya se empazaron a acordar)
Polígono industrial ya!
Metro ligero ya!
Ferrocarril ya!
Bosque do Añón ya!
Ciudad deportiva ya!

Admito sugerencias a la lista. De aquí saldrán las "reivindicacións" del Sr. Ferrero, alcalde de Carballo, para los próximos meses, según se acerque la campaña electoral, a la Xunta de Galicia, porque todo es culpa del PP.

¿les suenan de algo? Sí, es lo mismo de siempre, pero todo sigue igual. La diferencia es que a la Xunta anterior, donde estaba el BNG, no se le recordaba nada, porque había que tener "lealdade institucional", pero ahora todo cambia.

Esto sí es doble personalidad, en grado máxiom.

21/10/10 21:29

 
Anonymous Anónimo said...

A Ferreiro y su fanatismo ya lo descubrimos hace tiempo, el problema es que tengamos que ser los ciudadanos y no la oposición la que tenga que usar pancartas y blogs, para hacer oir nuestra voz.

26/10/10 14:55

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner