Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, septiembre 28, 2010

Xornada de folga


Mañá mércores, 29 de setembro de 2010, os españois estamos chamados a un folga xeral. Convocada polos sindicatos maioritarios, o paro está motivado como medida de protesta contra as últimas medidas económicas da administración Zapatero, máis concretamente contra a reforma laboral que consideran unha cesión ós desexos dos empresarios e da dereita “neoliberal”.

Polo que atinxe ás nosas comarcas, pouco ou ningún ruido se ten escoitado ós grandes sindicatos nacionais, UGT e CCOO, mentres que no tocante ós partidos políticos, o PP non dixo esta boca é miña (oficialmente non apoia a folga) e o PSOE, coma é lóxico, tampouco. Quen sí saiu á palestra foi o BNG comarcal, da man do seu sindicato amigo a CIG, quenes en rolda de prensa conxunta teñen chamado a facer un seguimento masivo da folga, “útil e necesaria”, así como da manifestación que dende as 12:00 percorrerá as rúas da Coruña. En palabras de Indalecio López, responsable comarcal da CIG: “En Carballo o que vexo son parados e parados. Aquí, sacando un par de empresas, non se crean postos de traballo”. Pola banda do BNG, o seu responsable comarcal Vítor Recarei asegurou que “hai alternativas”, pero que non chegarán pola parte dos dous grandes partidos.

E neste punto hai cousas que a nós non nos cadran. Porque se ben é certo que en Carballo hai parados e parados, máis ca en ningún noutro concello da provincia en porcentaxe, xustamente en Carballo quen goberna é o BNG. O mesmo BNG que presume do progreso económico de Carballo, e que ten borrado o paro do seu discurso político local. O mesmo BNG que, cabe supoñer, debería estar poñendo en marcha esas medidas “alternativas” para, cando menos a escala local, paliar a sangría das colas do INEM. Coma sempre, que fácil é predicar e que difícil dar trigo.

E para rematar unha pregunta: ¿atenderán a folga os concelleiros do BNG con adicación exclusiva, incluido o alcalde? Como cabe supoñer que así será, imaxinamos que este día se lles descontará do soldo.

Etiquetas: , ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

No es suficiente cobrar 3,50 € de entrada para la piscina, sino que encima los monitores van y se largan de huelga...

30/9/10 15:27

 
Anonymous Folguista said...

Home, está ben opinar, pero está de máis facer demagoxia barata. Con respecto ao comentario anterior de "anónimo", dicir que os monitores non fixeron máis que exercer o seu dereito, un dereito que lles otorga a Constitución Española, e que mal que lle pese a algún, derogalo costa máis de 3.50€.
Pou otra banda e con respecto ao artigo, quería dicir que eu tamén vexo un número alarmante de parados en Carballo, pero de todo tipo de "parados", con todo o que conleva o amplo significado do termo; explícome: vexo xente que por desgraza e moi ao seu pesar se atopa sen emprego ; pero tamén vexo aos outros "parados" que aínda tendo ante os seus ollos unha realidade económica verdadeiramente alarmante non son quenes de ver máis aló da súa situación, e non apoian "a todos aqueles que non teñen 3,50€ para mandar ao seu fillo un día a piscina,ou o que é moito peor, para darlle de comer".
Señores, que mexan por nós e querennos facer crer que chove; un non se dá conta das cousas hasta que as sofre de primeira man; un é libre de opoiar ou non unha causa coma esta, pero á hora de emitir xuízos de valor, debería ser máis considerado con todos eses traballadores (10.000 na Coruña) que en simbolo de protesta a unha nefasta xestión económica por parte do Goberno, saíron á rúa renunciando ao seu soldo con intención de esixir solucións xa!, solucións para todos, que non se nos olvide.
Dicir que a amizade non ten nada que ver coa profesionalidade nin co común apoio a unha causa deste calibre,a CIG é o "sindicato amigo", pero pola miña experiencia no mundo laboral, podo dicir que é o "sindicato amigo dos traballadores", e estou seguro de que apoiou esta causa sen pecharlle as portas a ninguén.
Por outra banda; non vou defender moitas decisións e actos do goberno de Carballo coas que non estou de acordo, pero tampouco lle vou botar a culpa dos altos índices de desemprego na Comarca porque sinxelamente: non a teñen; se o que queremos é meternos con eles dun modo sinxelo e gratuíto podemos culpalos de comerlle a cabeza ao Toro para que matara a manolete ou dicir que o concelleiro de obras foi quen ordenou facer o buraco na capa de ozono; pero por favor seamos serios e non poñamos un cacho de touciño enriba dunha moto porque non ten nada que ver.

Unha última aclaración para os que non entenderon o meu parágrafo, segundo o diccionario:

Parado: Desocupado, sen emprego.
Parado: Orgulloso, engreído.

Cada un que mire a definición que lle vaia mellor.

Un saúdo dun folguista forzado dende hai uns meses...

1/10/10 02:19

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner