Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 16, 2010

Desfile do CCA


Outro ano máis chega un dos acontecementos máis agardados en Carballo. O día no que as nosas rúas (concretamente o San Martiño) se transforman en pasarelas de moda e no que os nosos veciños e veciñas en famosos modelos. Todo o glamour da alta costura a nivel local e afeccionado, pero cunha preparación, dedicación, esmero e ilusión propios de profesionais. Será o vindeiro 2 de outubro. Xa se teñen celebrado os castings dos maniquíes participantes (tan concurridos coma sempre), e ata entón agardamos con ansiedade un desfile que esperamos poder ver en BERTV.


Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

"Un dos acontecementos máis agardados..."
"Todo o glamour da alta costura..."
"...agardamos con ansiedade un desfile ..."
¡¡¡Que ñoñas que sodes!!!
Esperaba ver a retranca por algures, pero non, VAI EN SERIO.
En fin, é o que hai.

17/9/10 01:56

 
Anonymous O manco de Nétoma said...

E a ti que che molesta? Que en Carballo exista iniciativa privada para facer cousas? Ou que haxa xente guapa desfilando?

17/9/10 18:22

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner