Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, septiembre 03, 2010

… e cada vez vai peor


Continuación do artigo que publicabamos hai un mes. Carballo non tira, e ademais cada vez vai a peor. Poderíamos dicir, tirando do latiguillo, que Carballo “vai mal”. Por segundo mes consecutivo a Costa da Morte protagoniza a boa nova do crecemento do emprego, ou o que é o mesmo, do descenso do paro. E por segundo mes consecutivo Carballo leva a contraria e constitúe o concello de todas as comarcas onde máis medran as listas do INEM.

Os datos ofréceos a prensa de hoxe, e non admiten contestación. Mentres que no global das nosas comarcas hai 10 persoas menos no paro (de 11.036 a 11.026), en Carballo do mes de xullo ó de agosto son 31 máis (3.317 a 3.348). E o máis grave xa non son os números enteiros, nin a circunstancia de que a capital de Bergantiños teña a dubidosa de honra de presumir da taxa de paro máis alta de toda a provincia. O máis grave é a tendencia, que amosa como Carballo fai tempo que deixou de ser o motor da Costa da Morte, e cómo se reduce cada vez máis a distancia cos outros concellos, non polo seu crecemento senón polo noso retroceso. Unha tendencia que ven a confirmar os negativos indicadores de actividade dos estudios socioeconómicos das caixas galegas, que xa temos desmenuzado en artigos anteriores:

http://carballodixital.blogspot.com/2009/11/detras-das-vallas-nosa-economia-non.html

http://carballodixital.blogspot.com/2009/08/anuario-la-caixa-2009-asi-somos-en.html

Aínda con todo iso, as feiras e a propaganda oficial fixeron que a semana pasada os medios de comunicación destacasen o “liderazgo” de Carballo, e o seu tirón comercial. Pois ben, señores, cando todos os indicadores económicos nos amosan xustamente todo o contrario, está claro que algo aquí está fallando ou que alguén non está dicindo a verdade. Ou ben a actividade económica de Carballo non repercute no noso concello (cousa difícil de crer), ou unha vez máis estamos ocultando a realidade detrás das vallas da publicidade. E cada vez estamos peor.

Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner