Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, septiembre 17, 2010

Alberto Sueiro desbloquea a Gardería


Alberto Sueiro reuniuse hoxe coa Consellería de Traballo, Beatriz Mato, para solicitar o apoio da Xunta á construcción da nova Escola Infantil de Carballo (esa mesma que, segundo o alcalde Ferrero, xa se ía facer hai 4 ou 5 anos, cando as "galescolas" eran responsabilidade do BNG).

Despois de todas as promesas incumplidas polo alcalde cando gobernaban os seus, agora (por fin), grazas ás xestións do diputado popular parece que axiña vai ser posible. Sueiro expresoulle á conselleira a necesidade de que a Xunta habilite os recursos necesarios para completar o importe total de execución da obra e que esta pronto poida ser unha realidade.

Segundo os populares carballeses, a conselleira manifestou o seu compromiso de que, con cargo ós Presupostos deste mesmo ano 2010, aportaría as financiación necesaria, xunto coa Diputación e o Concello, para completar o total do investimento. A conselleira quedou á espera de que dende o Concello de Carballo lle fagan a petición oficial para iniciar o expediente (do que se deduce que o goberno carballés ainda non llo solicitara!).

Etiquetas: , , ,

8 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Si señor, isto é exemplo de información neutral.
Despois falades da Voz de Galicia.
É noxento. Pero sabendo de quen ven.
Agardo a replica do Manco de Nétoma.

17/9/10 21:51

 
Anonymous Anónimo said...

O das garderías é unha asignatura pendente dos BNG nesta localidade. Leva xa varios anos sendo algo pendente, que paga día a día a cidadanía.
O único que me pregunto é si para a Xunta do PP é imprescindible que salga na foto Sueiro en vísperas electorais, ou sería máis importante a necesidade da xente con contar con este servizo.
Uns criticables por dormirse nos laureis dos seus deberes, e outros pola pantomima da foto.
A obriga é de quen goberna, sexa onde sexa, nada que agradecer, é a súa obriga.

19/9/10 10:38

 
Anonymous oscar said...

pareceme congruente o segundo comentario,pero falando de fotos e "axeonllamento ao lider" o caso de Evencio e de estudio psicosocial

19/9/10 11:10

 
Anonymous Anónimo said...

Ja ja ja ja que cachondos!!!!

"Despois de todas as promesas incumplidas polo alcalde cando gobernaban os seus, agora (por fin), grazas ás xestións do diputado popular parece que axiña vai ser posible."

Non vai ser polos cincocentos e pico mil euros que xestionou o Concello diante da Deputación, non, agora vai ser estes catro pesos, unha vez que a construción xa está anunciada, os que fan que isto vaia para adiante e que todo llo debamos a Albertiño. Ai, que risa!!

20/9/10 16:44

 
Anonymous Anónimo said...

Ó mellor non facía falta pedir os cartos, se non se tiraran no pozo da calle coruña!!. E aínda sobraban para mellorar a merda de festas que fan!!(e falaban dos outros!!). ou para pagar a débeda do concello por facturas sen posibilidade de xustificar!! Por iso non aran xuntos Viña é evencio e máis viña, e cousiñas así. Tamén e curioso como agora o alcalde non di nunca que é do BNG, di que é alcalde de Carballo. ¿Será que xa non vende esa marca?

27/9/10 13:27

 
Anonymous O coxo de Oza said...

No, que vende más la de la gaviota, por donde va triunfa oye.

27/9/10 23:05

 
Anonymous Anónimo said...

se a mínima aportación de sueiro foi a que conseguiu o desbloqueo... enton que pintan as negociacións da alcaldía coa deputación en que se conseguiron os cartos precisos para a construción da escola infantil??
O voso é obxectividade e o demais son contos. Até a Voz de Galicia di máis verdades ca vós

«Logo da negativa da Xunta ao cumprimento do convenio asinado no seu día co Concello, o goberno solicitou o apoio da Deputación pata a construción». Tras la firma de un acuerdo entre ambas instituciones, la Diputación aportará 550.000 euros (65,47%), y el Concello el resto, 290.000. «É o PP na Xunta o que está a incumprir o convenio, asinado no seu día polo alcalde e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, para a construción dun novo centro educativo de 0 a 3 anos, alegando falta de orzamento». (La voz de Galicia).

20/10/10 18:09

 
Blogger Carballo Dixital said...

"Até a Voz de Galicia di máis verdades ca vós"

... que xa é dicir...

20/10/10 20:37

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner