Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 18, 2012

Protesta da CIG

Membros do sindicato nacionalista CIG protagonizaron, grabaron e subiron á rede este vídeo protestando contra o que consideran unha privatización de servizos públicos durante a inauguración da guardería.



Etiquetas: ,


Seguir lendo...

viernes, septiembre 17, 2010

Alberto Sueiro desbloquea a Gardería


Alberto Sueiro reuniuse hoxe coa Consellería de Traballo, Beatriz Mato, para solicitar o apoio da Xunta á construcción da nova Escola Infantil de Carballo (esa mesma que, segundo o alcalde Ferrero, xa se ía facer hai 4 ou 5 anos, cando as "galescolas" eran responsabilidade do BNG).

Despois de todas as promesas incumplidas polo alcalde cando gobernaban os seus, agora (por fin), grazas ás xestións do diputado popular parece que axiña vai ser posible. Sueiro expresoulle á conselleira a necesidade de que a Xunta habilite os recursos necesarios para completar o importe total de execución da obra e que esta pronto poida ser unha realidade.

Segundo os populares carballeses, a conselleira manifestou o seu compromiso de que, con cargo ós Presupostos deste mesmo ano 2010, aportaría as financiación necesaria, xunto coa Diputación e o Concello, para completar o total do investimento. A conselleira quedou á espera de que dende o Concello de Carballo lle fagan a petición oficial para iniciar o expediente (do que se deduce que o goberno carballés ainda non llo solicitara!).

Etiquetas: , , ,


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner