Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, octubre 18, 2010

Gatos pardos en Carballo



Reflexionamos cuns días de retraso sobre a exclusiva que a semana pasada ofrecía A Nosa Costa. Ó parecer o ex-alcalde de Narón e ex-líder de Terra Galega, Xoán Gato, anda maquinando nun novo proxecto político para as vindeiras eleccións locais baixo o nome de Converxencia Galega.

Lembremos que Gato saiu de Terra Galega logo dun agrio enfrontamento co sector liderado con Pablo Padín, recursos xudiciais de por medio incluídos. E lembremos tamén que dentro daquela disputa, os “centristas” carballeses de Manuel Andrade parecían estar máis próximos a Gato que ó vencedor da pelexa. O caso é que agora Gato pretende preparar candidaturas en media ducia de concellos das nosas comarcas, incluíndo por suposto a Carballo. Para engadir máis ingredientes ó guiso, disque tamén hai un partido chamado Centro Democrático Liberal, dun tal José Palacín, que anda na mesma leria. No medio de toda esta festa só falta que volte asomar a cabeza Esquera Unida e que outra volta máis poidamos desfrutar da sempre refrescante presenza de Acacio Rodríguez.

Pola nosa parte sacamos coma conclusión que Carballo é un concello certamente apetitoso para moitos pequenos partidos e aspirantes a políticos, e que o apretado do equilibrio electoral favorece a aparición de espontáneos coa esperanza de obter un concelleiro “bisagra” para a formación de maioría na compaña de socialistas e nacionalistas, tal e como conseguira a propia Tega no 2003. Sen embargo, os numerosos antecedentes deste estilo (AIC, Democracia Galega, PDV, etc) e os moitos faroles que se adoitan lanzar en ano electoral fainos dubidar seriamente da maioría destas iniciativas, e sobre toda das súas posibilidades de acadar representación. Iso si, vistos os resultados do conflicto de Terra Galega, non sería de extrañar que Andrade concorrese ós comicios de maio baixo unhas novas siglas, as do novo partido de Gato. Pregunta de trivial: ¿qué número de partido faría no currículum do famoso cazador carballés?

Etiquetas: ,

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Andrade podería presentarse por IxC (independientes por Carballo) e despois pasarse ó PP.
... Xa ... é certo, iso xa o fixeron outros.
Pois nada. Saúdos.

19/10/10 08:22

 
Anonymous Anónimo said...

Tamén podería pactar para darlle a alcaldía a Evencio a cambio dun bo soldo e unha boa xubilación. Pero, é certo, iso xa o fixo.

19/10/10 09:30

 
Anonymous O coxo de Oza said...

Home, e seguimos a voltas, pero do tema da autopista nin unha palabra. Debe de ser que non ten suficiente importancia (un pelotazo de 395 millóns) ou que a autopista Carballo-Berdoias non ten nada que ver ca nosa localidade.

Eso sí, falar dos de fóra da casa, que non falte.

19/10/10 12:45

 
Anonymous Anónimo said...

Que pesado co tema da autopista.
O interesante é o asunto do Xoán Gato, e maila posible volta de Acacio. Os de CD falan de "desfrutar da sempre resfrescante presenza..."
Con iso, xa estou curado de espanto.

19/10/10 15:25

 
Anonymous Anónimo said...

O que ten que facer o PP na Xunta é facer a comisión de investigación que pide o Bloque. E despois pechala sen quese descubra nada coma a da axente eletoral do PSOE en Vimianzo cando mandaba o bipartito na Xunta.
Se queres que algo non se resolva monta unha comisión machiño.
E logo todos caladiños.
alguén me sabe dicir para que serven as comisions de desenvolvemento comarcal do pacto para o emprego? pois iso.

19/10/10 18:17

 
Anonymous O coxo de Oza said...

Eu pensaba que CD daría o seu particular punto de vista sobre o tema, como fixera con da escola Artai (pobres dirixentes da escola, inocentes víctimas). Quería ver un pouco de imaxinación e fantasía para xustificar semellante caso, que podería ser un caso de financiación ilegal que se está estudiar no TSXG.

Pero bueno, coma sempre nestes casos, os de arriba impuxeron silencio.

20/10/10 08:08

 
Anonymous Luz, máis luz! said...

Parece que o Coxo ¿de Oza? está moi enterado. Pero se estivera un pouco máis enterado, sabería que os pregos de contratación, neste tipo de procedementos de contratación, non poden limitarse a adxudicar a obra á mellor oferta económica (ese outro sería o procedemento coñecido como "subasta"), senón que deben terse en conta tamén outros criterios, aparte do económico: a reducción de prazo de execución da obra, as posibles melloras que ofreza o licitador, a maior ou menor solvencia económica e técnica da empresa (medios humanos e materiais con que conta para executar a obra), a valoración do Plan de Seguridade e Saúde que presente o licitador, a maior ou menor concreción do programa de traballo que ofreza, etc.

Todos estes son criterios que a Lei de Contratos do Sector Público ordena que sexan valorados en obras deste tipo e desta contía (se o Coxo de Oza quere ver exemplos, basta con que lea calquera dos Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares que aparecen colgados no apartado "Perfil do Contratante" na páxina web do Concello de Carballo, para ver que esto é así e que a oferta económica en moitas ocasións non é o criterio máis importante nin o que máis peso ten na valoración global dunha proposición).

É decir, que a oferta económica non o é todo, porque de ser así esto daría lugar a obras adxudicadas a empresas que non as rematarían, por insolvencia do contratista, por facer baixas económicas temerarias, por carecer de medios técnicos suficientes, etc.

Eses criterios son valorados segundo o baremo que establece en cada caso o Prego de Cláusulas, que é público e igual para todos os licitadores. A valoración das ofertas faise pola Mesa de Contratación, que está asesorada por técnicos expertos nas diferentes materias.

Como resultado desa valoración, a Mesa de Contratación (que ten un carácter eminentemente técnico) propón adxudicar a obra á que considere mellor oferta (a que máis puntuación acade tras valorar os citados criterios). Esa proposta de adxudicación trasládase ó órgano de contratación que corresponda (Consello da Xunta ou Conselleiro, no caso da Xunta; Xunta de Goberno Local ou Alcalde, no caso de Concello), que é quen decide finalmente a contratación.

Se algún licitador non está dacordo co resultado, pode recurrir a decisión da Mesa ou do órgano de contratación, e incluso acudir ós tribunais de xustiza (non hai moito tempo que a prensa publicaba que en Carballo pasou algo similar coa adxudicación do servizo de limpeza de praias: houbo unha empresa que facía o servizo máis barato e que non estaba dacordo coa adxudicación que decidiu o goberno municipal. Esa empresa decidiu interpoñer un recurso ante os tribunais. Pregúntolle ó Coxo: tamén neste caso houbo un “pelotazo” ou “financiación ilegal” dos partidos que gobernan en Carballo por non adxudicarlle o servizo a esa empresa disconforme?

Se o Coxo quere que lle dea outro exemplo: basta ver o que ocorriu coa adxudicación anterior que fixo o bipartito da mesma obra Carballo-Berdoias: cando Touriño veu aquí a colocar a "primeira pedra" da vía (pouco antes das eleccións autonómicas, qué casualidade!) engañounos a todos, pois xa sabía naquel momento que a empresa tiña renunciado por escrito a facer a obra por falta de financiación (= falta de solvencia económica, un dos criterios que se deberan ter en conta). Se cadra, o Coxo e os Listos querían que se volvera a repetir esa experiencia fracasada de adxudicación, non si?

Menos demagoxia, máis informarse, menos propaganda partidista e menos lanzar insidias, Coxo (¿a qué me sona?), please.

(Perdón pola extensión)

20/10/10 11:19

 
Anonymous O coxo de Oza said...

Moitas grazas pola explicación, explicaches algún dato que descoñecía.

Pero ó marxe do proceso, de verdade é crible que haxa uns criterios máis aló dos económicos, que teñen tal peso para poder xustificar un sobrecusto de 395 millóns de euros (aproximadamente 65.570 millóns das antigas pesetas, que se di pronto!)?

Se existen eses criterios, que o goberno da Xunta os aporte. Que explique por qué había un sobrecusto de 395 millóns de euros, que explique punto por punto por qué se tiña que invertir tal cantidade de cartos. Porque os seus argumentos son os de que a adxudicación non se produxo, pero sin dar explicación de por qué tal feito.

E senón, a explicación máis simple (que suele ser a verdadeira) e que pensaban que nos chupabamos o dedo.

20/10/10 12:53

 
Anonymous Anónimo said...

"Luz, máis Luz " Está moi metido no "asunto", e ademáis é imparcial.
¿Non sí?

21/10/10 21:56

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner