Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 03, 2010

Aparentando



En Carballo estamos afeitos ós fenómenos extraños, sexan as desaparicións do triángulo das Bermudas, ou a aparición de extrañas construccións e túneles sen entrada nin saída. Sen embargo, se falamos un pouco máis en serio a revisión do PXOM leva sobradamente a palma, en canto a sucesos inexplicables.

O que durante anos foi o asunto máis importante da política local, o documento fundamental, o plan de futuro que sempre está en boca de todos os políticos, leva máis dun ano desaparecido en combate, se é que algunha vez chegou a estar localizado. Vai para sete anos que o daquela tripartito iniciara unha revisión motivada pola disconformidade de Andrade co PXOM do 2003, que máis tarde se tornou en imprescindible pola existencia dunha sentenza contraria ó plan vixente por defectos de forma. Daquela, nun xesto inusual e digno de aplauso, os catro partidos fixeran causa común e apoiaran a revisión por consenso. Pero catro anos máis tarde, e logo de que BNG e PSOE quedaran en solitario no goberno, non se ten realizado nin tan sequera o primeiro avance público documento. Nin falemos da longa tramitación que virá despois. E teñamos en conta que non estamos a falar da primeira elaboración dun plan (que no seu día levou un mundo), senón dunha simple posta ó día con corrección de erros. De feito, xa leva tanto tempo Evencio revisando o Plan, coma Varela redactándoo por primeira vez. Curiosamente, esta circunstancia servíalle ó líder do BNG para descalificar a xestión do popular. Cantas voltas dá a vida.

Pois ben, no pasado pleno o PP de Sueiro voltou á carga para lembrarlle ó goberno que ten a obriga de sacar adiante a revisión, ou do contrario Carballo quedaría, tal e como está agora, baixo a amenaza permanente dunha sentenza firme que nos deixaría literalmente “en pelotas” e bloquearía o noso crecemento por moito tempo. Coma cabía agardar Evencio e Viña estanse a escudar no argumento máis sinxelo e repetido dende hai un ano: a culpa é da Xunta. Non obstante, moitos son os que pensan que o goberno teme as consecuencias electorais de aprobar, a menos dun ano dos comicios, un Plan que moi probablemente vai limitar máis a construcción, sobre todo na costa. Este argumento situaríanos na grave tesitura de que o alcalde está a poñer en perigo o interese xeral por manter o seu interese particular. A nós gustaríanos pensar doutro xeito… pero non somos capaces.

E hoxe o BOE volta a darnos unha mostra da estratexia do bipartito, adicando unha publirreportaxe a toda páxina para repetir, por enésima vez e sen dicir nada novo, cales son as grandes liñas do avance do PXOM, as mesmas das que levamos 20 anos falando. Así, para os máis desinformados, pareceralles que Homer está atendendo… perdón, que o goberno está facendo algo. Cando en realidade Homer está durmindo… perdón, o goberno non está facendo o que debería facer: rematar dunha santa vez o avance, mandalo a Xunta correxido, e darse présa en aprobar un documento que é fundamental, haxa ou non haxa eleccións.

Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous O manco de Nétoma said...

Sí, eu tamén recordo a Evencio poñendo a parir a Varela polo retraso en aprobar o Plan Xeral. Pero non só a Evencio, senón a todo o mundo, empezando polos xornalistas, que agora calan e otorgan.
O que pasa é que Evencio tamén se acorda que Varela xustamente tamén perdeu o goberno despois de aprobar o Plan ó remate da lexislatura, e que o urbanismo foi decisivo naquelas eleccións. Se alguien ten algunha duda de que ó alcalde o único que lle importa e manter a silla, xa quedou claro. Pero o mellor xustamente por eso a perde en maio.

4/11/10 09:49

 
Anonymous belen ferrero said...

Evencio:yo por la mi alcaldia mato

4/11/10 11:03

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner