En caída libre
Non vos imos aburrir con introduccións nin con análises. Os datos falan por si sós. No mes de outubro Carballo rexistrou 141 parados máis, e xa estamos nos 3.477. É dicir, un 0,5% de incremento sobre a poboación total en só un mes. Nun concello de 30.000 habitantes, e famoso polo carácter emprendedor dos seus habitantes, isto é dramático.
Nota: as comparacións son odiosas, pero na Laracha creouse emprego e Carballo é, con moita diferenza, o concello da Costa da Morte no que máis medra o paro.
2 Comments:
Pois este mes cerrou algún taller de confección grande, así que en novembro máis e peor...
4/11/10 23:54
Pois ten razón, as comparacións son sempre odiosas, e sobre todo si non se pensan a fondo.
Comparamos a masa empresarial de Carballo e Laracha?. E o número de habitantes?. Hai que buscar outras comparacións, ainda que teñamos que ir fora da Comarca, por que dentro temos pouco que comparar con Carballo.
11/11/10 11:30
Publicar un comentario
<< Home