Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, diciembre 11, 2010

5 anos


Debe ser cousa natural. Cando es un neno estás contando os días, horas e minutos que faltan para que chegue o teu cumpreanos, pero a medida que te vas facendo maior esa espera vaise diluindo, ata que un día descubres que estás de aniversario, e de non ser polo recordatorio doutros nin ten decatabas. O pasado 16 de novembro Carballo Dixital facía 5 anos na rede. Un mundo duro este dos blogs, onde moitos son os que emprenden a aventura e moi poucos os que siguen á pé do cañón tan só un ano máis tarde. Moitísimas grazas a todos os que nos seguides, tanto se vos gustamos coma se non, porque nos dades forza para continuar con este espazo, que seguimos a considerar imprescindible no panorama da información e opinión carballesas. Xa son 5 anos.

Etiquetas:

2 Comments:

Blogger Runik said...

Noraboa por seguir durante 5 anos.

Aínda que eu sigo decindo que non me gustan as historias e títulos que vos montades para contar algo interesante de Carballo, motivo polo cal deixo a principio de lectura moitas delas.

12/12/10 13:24

 
Anonymous Anónimo said...

Un bo blog, aínda que xa que vos gañastes certa notoriedade poderiades darlle un cambio de imaxe ou unha pequena renovación e tamén máis actualizacións e máis variadas. Ah! por certo, as eleccións están a piques de chegar; faredes un especial ou algo así, non? Non vai con retranca, non sexades malpensados. Saúdos en un abrazo.

14/12/10 12:58

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner