Resumo dos chats
Chats de Evencio vs Sueiro
Unha vez rematada a ronda de chats na web da Voz, facemos un resumo do máis destacado dos dous candidatos máis destacados á alcaldía, Evencio Ferrero e Alberto Sueiro.
EVENCIO FERRERO:
A non ser os días de feira ou polas festas, como en calquera sitio, non vexo que haxa tanto problema para aparcar en Carballo como din, a non ser que queiras aparcar mesmo diante da porta. ¿É tan necesario agora gastar os cartos nun aparcamento subterraneo na praza?
Durante o actual mandato incrementamos en máis de 1500 prazas o aparcamento de balde en zona céntrica (detrás da antiga estación de autobuses). Os avances urbanos determinarán si no futuro é preciso ese aparcamento soterrado de pago que só se construirá no caso de existir empresas interesadas na súa xestión e sin investimento público para a súa construcción.
Primeiro moitas gracias polo carril bici da avenida de Malpica, todos os veciños estamos encantados. Segundo ¿Podería vostede explicarme se a rotonda da gasolinera de mingacho na mesma avenida ten algunha función ademáis de dar servizo a citata gasolinera?
A travesía de Malpica era unha vella demanda dos veciños da zona. A entrada de Carballo dignificouse de xeito importante e a rotonda á que fai referencia está deseñada para recoller as conexións que o novo viario ten previsto no planeamento.
Señor Evencio non cree que debia ser mais agradecido co señor Andrade. Pois si vostede chegou a ser alcalde foi gracias o seu apoio.
Manteño unhas boas relacións con todos os membros da corporación procurando que en Carballo se debata en términos políticos sen entrar en descualificacións personais. Politicamente é evidente que me sinto tremendamente distante do Sr. Andrade como seguro que tamén se sinte así el con respesto ao proxecto do BNG.
¿Los que buscamos el primer empleo cuando tendremos la posibilidade de formarnos en el Forum?
O Forum Carballo é o maior exemplo do compromiso municipal coa formación e o emprego. As obras están a piques de rematar polo que este mesmo ano programaremos actividade de formación en ese espacio que agardamos sirva ademais para dinamizar o barrio da Milagrosa.
Sueiro xa dixo que non ía pactar con Andrade, e que goberne o máis votado, ¿comprométese vostede ao mesmo, a non pactar con Andrade e deixar que goberne o PP se é o máis votado?
Nas pasadas municipais o BNG obtivo 7500 votos e o PP 4500, tres mil votos de diferencia. Traballaremos para mellorar eses resultados porque Carballo precisa un goberno forte e estable como xa temos demostrado. Alá cada quen coas súas fantasías pero vostede sabe que un pacto co Sr. Andrade é imposible na actualidade pero sí me parece creíble que os Sres. Andrade e Sueiro se entender de darse as circunstancias
Candidato Evencio tantos anos criticando a Varela polo seu sueldazo e agora nada lle escoitamos sobre as nove dedicacions deste goberno.
Carballo non se pode gobernar a base de tempos mortos. É preciso un compromiso con Carballo e os salarios sempre os fixemos públicos. a miña declaración de renda figura íntegra na páxina web do concello. Na miña nómina figuran como ingresos 2042.27 euros mensuais. Ningún outro concelleiro do BNG con adicación chega aos 2000 euros. En Carballo temos seis adicacións exclusivas e de ser certos os datos que un medio de comunicación publicou en 2007 somos o concello que menos diñeiro adica en ese concepto 6.78 euros, moi inferior aos outros concellos da comarca.
¿Considera que puede llegar a la mayoría en estas elecciones? Al desmarcarse el PSOE de un posible pacto de gobierno, ¿es el BNG la única alternativa a la derecha en Carballo?
O BNG preséntase a este novo proceso electoral procurando representar a todos os carballeses e co compromiso de gobernar para todos. Somos unha alterntiva que aspira a seguir avanzando para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas.
Cuantas dedicaciones exclusivas nombrara si sale reelegido alcalde?
Reitero que Carballo non se pode gobernar a base de tempos mortos. Hai que ter un compromiso con Carballo porque un concello con máis de 22 millóns de euros de orzamentos precisa de personas que estén dispostas a traballar por Carballo pero non podo precisar o número de adicacións porque, como é lóxico, dependerá da composición do goberno.
Sr. Evencio: ¿ En que se quedó el carril-bici de Carballo-Razo ?
En unha primeira fase feita e agardemos que se poida dar continuidade para dar resposta a unha necesidade para moverse en ese medio que temos que potenciar
Levamos os veciños da avenida das Flores agardando meses e inclusive anos a que dunha vez se adecente a nosa rúa. Despois de ler que xa estaba todo aprobado e as máquinas comezarían a final de ano pasado a traballar así seguimos como sempre. Sr Ferrero teremos que agardar para as eleccións do 2015? Para cando podemos ter os mesmos servizos que o resto de Carballo? Grazas
A avenida das Flores é unha vía da deputación provincial. Ese organismo ten contratada a primeira fase á empresa Oviga e desde o concello demandamos unhas melloras para que a obra tivese a calidade final que merece ese barrio. Na actualidade estamos a facer xestións para que a Deputación contrate a segunda fase que chega a áltura da escola unitaria de Sísamo
Por favor, sexa claro: Se non obtén maioría absoluta, descarta vostede absolutamente e en todo caso o pacto postelectoral con Terra Galega, SÍ ou NON? (por favor, no se escaquee da pregunta, que é ben fácil de respostar)
Si se descarta absolutamente
¿Educación y sanidad le preocupan algo? Si la respuesta es sí, conteste también la segunda pregunta: ¿Por qué no ha sido capaz de solucionar ninguno de los graves problemas que tenemos en esas materias?
Temos demostrado que o goberno municipal ten considerado a educación pública como unha prioridade. Asumimos multitude de obras que non serían de competencia municipal. Colaboramos coa Xunta na busca de solucións pero os graves problemas de educación e sanidade son de responsabilidade de outras administracións e non precisamente do concello de Carballo.
Do Regulamento de Participación Cidadán, que incluía a elección democrática dos alcaldes de barrio, moita leria pero nunca máis se soubo. ¿Por qué incumpliron vostedes esa promesa?
Suprimimos a figura dos alcaldes de barrio porque en unha democracia os representantes tiñan que ser escollidos polos veciños e non polo alcalde. Incumplimos en parte esa promesa pola dificultade en poñer en marcha todo o procedemento pero a xestión dos centros sociais das parroquias é un magnífico exemplo de participación democrática de todo o movemento asociativo de cada lugar.
Cuales son las posibilidades de gobierno después del 22 de mayo
Se ninguén ten maioría absoluta é creíble que o Sr. Andrade o Sr. Sueiro se entendan porque tamén é creíble que o BNG e o PSOE temos demostrado a nosa capacidade de entendemento. Gobernar en minoría penso que sería unha mala solución para Carballo
Se non lle chegaran os votos para pactar co PSOE, pero con TEGA si, ¿ pactaría vostede con Andrade como xa fixo anteriormente?
Xa contestei con rotundidade a preguntas anteriores NON sería posible un pacto co Sr. Andrade
Además de los cambios que Carballo sufrió gracias a la iniciativa privada y la bonanza propia de los tiempos ¿puede usted decirnos si hizo algo más que el parque de hormigón no rego da balsa, las rotondas, las aceras del "derroche Ñ", varias rotondas y el arreglo del mercado de abastos?¿Eso es humanizar? ¿Cree que con eso sienten los caballeses que Carballo mejoró ?
Penso que a pregunta está contestada pero non estaría de máis que se coñecesen as moitas melloras que viviu o noso concello nestes anos
ALBERTO SUEIRO:
¿Por qué pensa que Evencio ten tanto interés agora en desmarcarse do señor Andrade cando foi el quen o fixo alcalde? ¿Non lle parece desagradecido?
E evidente que Evencio non chegaría a ser alcalde no 2003 sin a colaboración de Andrade. Xa gobernaran xuntos antes , en 1987, e tamen acabaron mal, pero voltaron a xuntarse, polo que parece lóxico pensar que si se deran as circunstancias repetirían a experiencia. En todo caso o que nunca pactou con Andrade foi o PP.
Penso que Evencio ten moito interés en que nos olvidemos de que pactou con Andrade para acadar a alcaldía ¿pensa vostede que pactará outra vez si fixera falla?
"Por sus hechos les conocereis". Nas duas ocasións que tiveron necesidade pactaron e gobernaron xuntos. Seguramente volverano a facer si o pobo de carballo lles dá a oportunidade.
Non vexo normal que inclúa na lista a persoas non residentes na nosa vila, e por riba con moitas probabilidades de ser concelleiro.
Na lista do PP procuramos incorporar a aquelas persoas que podian aportar compromiso co noso proxecto. valía persoal e que teñan acreditado unha ampla traxectoria profesional. Non me cabe ningunha dubida que todolos que forman parte de esta lista, coñecen e viven os problemas de carballo e están preparados para traballar en darlles solucion.
¿Qué expectativas electorales tiene el Partido Popular en Carballo?
O PP e unha forza politica con vocación de goberno e polo tanto sempre saimos a gañar as eleccións. Traballamos dende a oposición para dar a coñecer as nosas propostas e confeccionamos o mellor grupo de candidatos e con esos avales pretendemos gañar as eleccións.
¿Qué va a hacer para que en el Ayuntamiento de Carballo pueda entrar a trabajar cualquier persona, sin importar que no sea de ideología nacionalista?
Cumprir e facer cumprir estrictamente a Lei. Os principios de publicidade, mérito e capacidade deben se-los únicos que avalen para acceder a un posto na administración pública. Asi será.
Usted votó en contra de la ambulancia medicalizada en numerosas ocasiones y del Hospital Comarcal, lleva muchos años en el Parlamento ¿va un día votar a favor de algo para Carballo?
Calqueira de estas cuestións son historicamente reivindicacións dos nacionalistas de Carballo. E dificil de entender que gobernando ao mesmo tempo na Xunta, na Deputación e no concello o BNG non cumprirá coas suas propias propostas. Creo imprescindible traballar para mellorar a asistencia médica en Carballo e desde logo comprométome se son alcalde a conseguir a ambulancia medicalizada no próximo mandato.
Si es alcalde, ¿mantendrá el gasto en sueldos del bipartido actual? (1,5 millones de euros)
NON reducirémolo a metade e investiremos a diferencia en politicas de promoción do emprego e as actividade empresarial.
Su lista está llena de títulos universitarios, pero ¿Considera que las personas de su lista están a la altura de solucionar los problemas que sufrimos las aldeas de Carballo? ¿Hay alguién que mire por algo más que no sea Carballo centro?
Non existe ningunha contradicción entre ter un título universitario e vivir nunha aldea. Para proba está Bibiana Bertoa, que ten estudios superiores de inxenieria industrial e vive nun pequeno lugar da parroquia de Sofán, Defender a igualdade entre todolos territorios de Carballo é un obxetivo político do noso programa e defenderano todos, independientemente do seu nivel formativo.
El día después de la presentación del primer tramo de su candidatura, el número 2 y el número 3 poco menos que dijeron que le iban a dedicar a Carballo su tiempo libre (lo cual no debe ser mucho, ya que son parece profesionales cualificados, alguno de los cuales combina administración pública y consulta privada. ¿Usted cree que un ayuntamiento del nivel de Carballo se puede gobernar a ratos?
Non acredito nos politicos profesionales. Creo que a dedicación a vida política ten que vir avalada por unha traxectoria e unha experiencia profesional. Nos prometemos reducir a metade os gastos en dedicacións exclusivas e parciais no concello, e para eso terá que haber moitos concelleiros que vaian a traballar con vocación de servizo público. Baste lembrar que hasta que chegou Evencio o goberno, en Carballo soio había 3 concelleiros con dedicación. Haberá que facer mais con menos.
¿Pactarán con Andrade si ningún grupo tiene mayoría?
Defenderemos que goberne a lista mais votada. Queremos que o alcalde sexa escollido polos veciños e non por acordos post-electorais. Nos non pactaremos con Andrade para conseguir a alcaldía.
¿No cree que se estan riendo de Carballo y de la comarca con los descuentos de la autopista? solo lo usa el 1,7% del total de coches,para cuando autovia gratuita, que piensa hacer?
A política de bonificacións e descontos por consumo e frecuencia é a única política posible e sostible neste momento, e quen a impulsou foi o PP. O que creo que é moi criticable e defender historícamente a retirada do peaxe e cando se ten a posibilidade de gobernar, non soio non quitalr nin rebaixa ra peaxe senon aumentála 4 veces.
Su compañero Ruiz Rivas dejó el parlamento para ser alcalde de Ribeira. Usted no cuenta con ser alcalde?
A información non é correcta. Manolo Ruiz deixou o seu cargo de portavoz do grupo, pero continua como diputado no Parlamento. Dígollo porque está sentado no escaño do lado ao meu, e ambolos dous confiamos en ser elexidos alcaldes dos nosos pobos.
¿ Que le parece que la Xunta de Galicia non financie nada de la nueva guarderia municipal despues de tener firmado un convenio para el efecto? ¿que le parece que esa guarderia se construya en Coristanco?
Paréceme ben que a Xunta colabore con todolos concellos e axude a cubrir a carencia de escolas infantís que padecemos en Bergantiños. O que me parece mal é que en 8 anos de goberno en Carballo non se puxera en funcionamento ningunha plaza ,a pesares de ternos prometido 2 guarderías desde o ano 2005. En todo caso, gobernando na xunta, na diputación e no concello o BNG nunca considerou unha prioridade a escola infantil e por eso en Carballo soio hai unha a que fixo o goberno do PP.
Vostede critica a situación económica do Concello. ¿Cree que nos actuais tempos de crise se pode facer mellor?
Rotundamente Si. Este goberno disfrutou da mellor situación económica da historia de Carballo e non soupo xestionar e administrar ben,e por eso agora ó peche das contas públicas saen remanentes negativos. Eso e maladministrar. Por poñer un exemplo no mesmo periodo o concello de A Laracha presenta un remanente positivo para inversións de mais de 1 millon de euros.
Boas, no actual contexto de crise considera necesario privatizas algúns dos servizos do Concello?
O que é necesario e xestionar mellor os recursos. Gastar soio o necesrio e controlar mellor en qué e quén está a gastar os recursos públicos. Haberá que revisar moitas concesións e estudiar a vialbilidade de moitos servicios buscando maior eficiencia e satisfaccion para os usuarios.
En alguna parroquia dicen que vas a dimitir después de las elecciones para que sea Ferreiro el jefe del PP local ¿es cierto?
Non. Non penso dimitir e en todo caso o cargo de presidente local do PP obtense despois de un congreso local ao que poden concurrir todolos militantes que cumplan os requisitos.
Si gana ¿qué fará coa rotonda da travesía de Malpica e co carril bici desa travesía, que tan perxudicial é para os veciños?
A rotonda da travesía de Malpica é evidente que hai que replantexala e modificala. Co carril bici chegaremos un acordo cos veciños para diseñar o seu percorrido e onde debe escomenzar, coa intención de recuperar os aparcamentos.
Etiquetas: elecciones eleccións, política local
9 Comments:
"Por sus hechos les conoceréis"... tranquilo Alberto, que aún no es hora de misa. Vaya arte para esquivar las preguntas sí señor, lo de gobernar Carballo on el tiempo libre fue de manual (de partido). Sigue así hombre, levantándole más los ánimos a los de izquierdas, que así gobernarás algún día.
28/4/11 00:13
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
29/4/11 01:19
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
29/4/11 01:31
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
29/4/11 01:32
No, no es hora de misa, si lo fuera, ya estaria Evencio en primera fila: de misa o de procesion, da lo mismo.
29/4/11 10:52
Xa o di o meu xefe sempre: non por estar todo o día diante dun ordenador fas máis traballo que outro que está a media xornada. Todo está en cómo sexa o home e nas ganas que teña de traballar.
Pasamos de ter 3 dedicacións exclusivas na época do PP, a 8 dedicacións exclusivas co BNG. ISTO SUPUXO PARA OS BOLSILLOS DE TODOS OS CARBALLESES 1 MILLÓN DE EUROS MÁIS QUE CANDO GOBERNABA O PP PARA PAGAR AO PERSOAL DO CONCELLO. Supoño que o Concello funcionará as mil maravillas, e que ningún funcionario estará extresado.
SEÑORES CARBALLESES SIGAN VOTANDO AO BNG QUE SEGURO QUE A VACA LEITEIRA AÍNDA DÁ PARA UNS CUANTOS MÁIS.
Non poderemos facer unha nova gardería pero sí podemos pagar dedicacións exclusivas.
30/4/11 02:00
Pero do soldo de Varela non se acorda xa ninguén non, porque recordemos que foi o primeiro alcalde en ter un soldo desorbitado.
E eso non quita que o bloque fai o mesmo cunha dedicación, que con 20, que con ningunha; porque o que é facer non fai nada, polo menos polos carballeses, eso sí fai un polideportivo noutro concello.
E Alberto esquivara preguntas pero o do querido señor Evencio non ten nome. Que lle pregunta se hai páxaros, contesta que o mellor chove mañá. Que máis da, o caso é enganarnos a todos para que pareza un santo e despois do 22 de maio a seguir chupando do bote.
1/5/11 03:21
Chupará del bote, si los carballeses le dejan, entonces son tontos, cada uno tiene lo que elige, Carballo si no quiere que Evencio siga chupando del bote, que no le vote.
1/5/11 08:31
Estou dacorde en ser transparente.Ten razón en que non hay ningunha discordancia entre ser un titulado universitario e vivir nunha aldea,sempre e cando sexa verdade e non como a persoa que cita Alberto sueiro vive no concello veciño(Laracha).
14/5/11 19:38
Publicar un comentario
<< Home