O sábado, todos a apoiar ó Xiria Basket
Diego Vázquez, presidente do Carballo Basket Xiria, fai un chamamento para que os carballeses acudan este sábado ao partido máis importante:
Estimados Amigos:
Con estas liñas quero invitarvos ao que será o partido máis importante da tempada do noso club. Esa importancia non está no resultado do partido, senón no que significa como reflexo do traballo realizado por todos nós ao longo destes últimos anos.
Cando o sábado saia o noso equipo, o Carballo Básket, a enfrontarse ao mellor conxunto da Liga EBA deste ano por un posto nas semifinais do “play off” de ascenso a Leb Prata, quedará culminado un traballo de máis de dúas décadas no baloncesto de Carballo, un traballo que recollería o nome de moitas persoas e que, dende o ano 2005, teño a honra de presidir.
Durante este tempo foron centos de rapaces de Carballo e da Comarca de Bergantiños os que practicaron baloncesto nos nosos equipos, e que sempre o fan coa ilusión de chegar a formar parte dun equipo que leva o nome de Carballo, por Galicia e por España.
No ano 2006 puxemos en marcha o proxecto de crear un club de base, Escola Básket Xiria, coa intención de fortalecer o traballo na canteira. Dende ese ano, chanzo a chanzo, os nosos equipos foron medrando e apostando pola calidade na formación e por ofrecer aos nosos xogadores o mellor elenco de adestradores posible. Grazas a iso acumulamos recoñecementos e premios (títulos comarcais, zonais, copas Galicia, participacións na Liga Galega, convocatorias de xogadores coas seleccións galegas e españolas, etc…).
Esta pasada fin de semana acadamos un éxito que, non sendo o máis importante, garda un gran significado representando o que poderíamos chamar o noso método de traballo. O equipo júnior feminino, ese que une a un grupo de xogadoras que se manteñen xuntas dende cativas, lograron o primeiro posto da liga zonal na súa categoría e representarán ao noso club na vindeira Copa Galicia, cun traballo xordo e constante dende o ano 2007 cando conseguiran a Copa Coruña. Traballaron moito tempo ata facer palpable o moito e moi bo aprendido con esforzo e tesón. A ilo contribuíron varios adestradores, o mellor que o club lle puido poñer á súa disposición.
Do mesmo xeito, na mañá do domingo, o noso segundo cadro sénior, o que tanto nos está axudando para que os xogadores da nosa canteira se incorporen ao primeiro equipo, conseguiu o título da Primeira División Coruñesa e o dereito a disputar o ascenso á Liga Autonómica. Un equipo formado por ata tres xeracións (anos 1979, 88 e 93) de xogadores da canteira do noso club. Eles son a expresión máxima de toda a historia de traballo das nosas categorías de base.
É por elo polo que consideramos que o vindeiro sábado non só será un motivo de ledicia polo importante éxito do equipo de EBA, que sitúa ao noso club como o 6º de Galicia e un dos 100 máis importantes de toda España, do que hoxe por hoxe é o 2º deporte de equipo en importancia do país. Tamén servirá de desculpa para sentirnos orgullosos do brillante pasado, desfrutar dos éxitos do presente, e ilusionarnos cun futuro onde os xogadores da canteira serán os que den o sentido principal ao club.
Diego Vázquez Reino
Presidente de Carballo Basket
SÁBADO 9 DE ABRIL, 19.00 H, PAVILLÓN VILA DE NOIA, PLAY-OFF ASCENSO LEB PRATA
CARBALLO BASKET XIRIA – AURTENECHE MAQUINARIA
Etiquetas: deporte, Xiria basket
18 Comments:
Tiene guasa que una de las personas más chulas y prepotentes de Carballo nos venga a pedir apoyo.
8/4/11 19:38
Supoño non o coñeceras...eu tamen tiña esa imaxen del, pero non é o caso. En carballo si que hay chulos, prepotentes y demas especies que son poco menos que seres andantes no pensantes.
9/4/11 12:00
Conozco, y es el caso.
9/4/11 23:22
Pois a min parecem unha persoa razonable, e dende aqui agradezcolle o que esta a facer. Enhoraboa polos exitos
9/4/11 23:49
Aquí hai moitos que choran pola ferida...
Sí, todo Carballo sabe que fixechedes trampas e compoñendas co alcalde para conseguir cartos do plan concilia para o balonmán, os do futbol e o basket cabrearonse (loxicamente) e agora chamádeslle chulo e prepotente ó presidente, ja, ja,ja.
10/4/11 13:00
¿E ten algo que ver a suposta chulería do presidente dun clube que acada exitos para o basket de Carballo co apoio incondicional a ese deporte?
sodes uns sectarios de cojones!
10/4/11 14:11
O presidente xa era un chulo e un prepotente antes de ser presidente. E creo que sí ten que ver a chulería dun presidente con respecto ao apoio ao seu clube. ¿Sirveche de exemplo Florentino Pérez no Real Madrid? ?E supostos éxitos? Se temos un clube xa non de 2ª, que sei eu de qué división é! A ver se nos preocupamos de problemas máis importantes que o p*t* deporte, que se vos enche a cabeza de fume con el!
10/4/11 14:56
Por certo, ó alcalde gustalle máis ir diante nas procesions e estar na tribuna no balonman que apoiar ó basquet cando é preciso.
¿Onde estivo onte?
Nun recunchiño, agochado o suficiente para pasar desapercibido.
¿Por qué foi?
Porque non quere que se poida dicir que non estivo.
En fin, pequenas artimañas de pobres de espiritu.
Mentras sexas alcalde tes que roelo. Se vas, tes que ir de alcalde... coma sempre, a sair na foto.
¿A quen queres castigar?
¿Ó Xiria basquet??
¿Ós que non pensamos coma ti?
¿ós pais dos rapaces?
Evencio, cando sexa así é millor quedar na casa, podes ter calquera desculpa pra non ir.
Sinto que o Xiria non tivera un bo resultado e sinto máis que o deporte divida en lugar de unir.
Estou dacordo cos que falan de sectarismo e enchufismo. E intolerable que pase esto.
10/4/11 17:03
Yo estuve en el partido, nunca había estado en los de Baloncesto, pero a partir de ahora no me pierdo un partido.
Muy bonito el homenaje del descanso con niños y niñas muy pocos deportes de este pueblo pueden presumir de trabajar tanto el deporte femenino como el masculino, eso si es integrar, y no andar de sectareos como los carballeses del año.
10/4/11 21:57
E non nos olvidemos da presenza da dinosauria jaja, que xa vos valeu a directiva non reservarlle un sitio por ser EX DELEGADA jajaja. Indescritible a cara de la leche que tiña cando estaba se amijiños jajaja.
11/4/11 02:25
Impresionante o do señor alcalde, en 4 anos q estuvo o bipartito on se lle acordou para nada a peaxe(q por certo subiu), o hospital comarcal, a ambulancia medicalizada e venlle agora á memoria. Anda retírate que xa cansas!!!
11/4/11 02:28
Por certo, hoxe ao señor alcalde acordóuselle ir ao fútbol, q me parece que a tardar en volver, non houbo un can que lle ladrase!!!
11/4/11 02:30
Según me comentaron algún directivo, los representantes políticos, tenían reservados asientos, que rechazaron ocupar, no querían que se les viese mucho.
Forma rara de recabar el voto la de estos bloqueiros, voy pero que no se note.
11/4/11 08:43
Si están porque están, si non están porque non están, hoxe Esperanza metiu a pata na radio porque eles tampouco estiveron, os que non estiveron será porque non puideron ou non quixeron ... Pero non será que estamos creando unha pelicula para tapar unha mala xestión de alguén que quixo voar por enriba das súas posibilidades?
11/4/11 14:30
Falando de alcaldes
toma encaldada nos fuciños,
Manuel Varela aparece involucrado no caso Orquesta (Hoxe en EL Pais)
e veña merengue merengue, e festa rachada merengue,
boooooooooooooooooonnnnnnnnnnnnnnnnnnnbaaaaaaaaaaaaa
saltarrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
11/4/11 17:35
El anónimo de los 14.30 ¿A quién se nombró en la radio para sentirse aludido, porque no se dieron nombres?
Aquí me pierdo, para saber a quien se atacaba.
Y vueltas con la gestión, los que seguimos el baloncesto de Carballo, y no todo es Xiria, sabemos como se cuidan por ahí a otros clubes, como los concellos pagan todo, Porriño, Ferrol, Ourense, los clubes de carballo, al menos en Baloncesto. Cuando han competido por Galicia, se han tenido que buscar la vida para ir de aquí para allí, coches de padres, autobuses pagados por los centros, mientras otros disponían de las furgonetas "oficiales". Así que dejar de hablar de gestión que cuando Papá Patronato lo ofrece todo es muy fácil hablar de buena gestión.
11/4/11 17:46
Se latricamos,polo menos facelo con coñecemento de causa. As dúas concelleiras do PP que estaban no partido, non se sentaron nos sitios reservados,porque despois de dar unhas cuantas voltas antes de sentarse,ningún membro da directiva lles dixo cal era o sitio que tiñan que ocupar, e por simple cuestión de educación, foron buscar outro asiento. E se se fala de algo, facelo de algo que se presenciou, non falar por falar.
11/4/11 18:22
Proponemos a nuestros sabios politicos, que en el próximo pleno aprueben ayudas a los clubes de carballo para que contraten especialistas en protocolo, y a nuestros políticos que le invitamos a acompañar más a menudo a todos los equipos de la zona cuando jueguen para que así conozcan bien los pabellones de nuestro pueblo y encuentren su sitio facilmente.
12/4/11 16:41
Publicar un comentario
<< Home