Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, abril 01, 2011

Violencia na sanidade


Moitas veces temos falado da inseguridade cidadé neste blog. Pero hoxe tócalle o turno a unha manifestación moi singular desa inseguridade, a que vive a xente que traballa no sector sanitario. Trátase dun problema en aumento en toda España, e que tristemente en Carballo ten unha incidencia destacada dentro da nosa comarca.

O certo é que os profesionais que traballan en hospitais, centros de saúde ou consultas está especialmente exposta por verse na obriga de ter que tratar en moitos casos con persoas conflictivas, pero tamén o é que nunca ata o de agora se chegara a extremos tan preocupantes. E desgraciadamente teñen que suceder feitos graves para que as situacións que se veñen larvando salten á opinión pública; así funcionan/amos os medios de comunicación. O caso é que a UGT ven de denunciar que esta fin de semana a garda civil tivo que deter ó acompañante dunha moza que acudira ó PAC de Carballo, e non hai moito unha traballadora sufría amenazas cara ela e maila súa filla pequena. Ó parecer o servizo de seguridade do centro só funciona cun horario determinado nas noites de venres e sábado, e resulta claramente insuficiente. Ademais, a presenza de toxicómanos nos baños é habitual e añade toda clase de complicacións ós traballadores.

Un asunto sen dúbida complicado de erradicar, coma todos os relacionados coa delincuencia e nos que a educación resulta ser o único remedio definitivo. Pero ó igual que sucede con tantos outros actos delictivos, non podemos parar de reclamar á Consellería de Sanidade, ó Concello e ás forzas de seguridade, que deben redobrar os esforzos necesarios para protexer o noso servizo máis básico. Porque se nin no médico podemos estar tranquilos, mal vamos.


Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner