Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, marzo 24, 2011

Coristanco 1, Carballo 0


Marcador definitivo. Tras 38 anos de conflito, o Tribunal Supremo ven de dictaminar o final do partido, co resultado que da como gañador ó Concello de Coristanco despois de xogarse a prórroga.

Falamos da eterna disputa sobre dos límites entre o noso concello e máis o noso veciño occidental, centrados na zona da parroquia de Rus. ¿Que por qué tanto litigar por un anaco de terra? Pois moi simple, porque dentro dese anaco de terra está Unemsa, a fábrica que xenera un saboroso bocado en forma de impostos para o concello gañador. Curiosamente dentro do mesmo lote vai nada menos que un colexio, o da Canosa-Rus, que ata o ano 2004 foi xestionado por Carballo, ademais dunhas 30 vivendas. As demandas de Coristanco remóntanse a 1973 e baséanse en documentos de deslinde de finais do século XIX e maís dos anos 20. Tras todo este tempo por fin temos un resultado. E un resultado que ademais significa que un colexio no que a meirande parte cos alumnos viven no concello de Carballo, pertence agora a Coristanco. Unha situación que nos recorda ó caso do campo de fútbol da Piña, construido no concello da Laracha.

De todo isto quedan dúas conclusión. A primeira, que o noso concello é un pouco máis pequeno do que era. E a segunda, que estamos ante un caso flagrante da lentitude da xustiza, e da ridícula organización administrativa deste país. Unha explicación máis de por que as cousas non funcionan.

Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

http://www.youtube.com/watch?v=r5PL0-THsQk&feature=related

25/3/11 19:23

 
Anonymous Anónimo said...

O que me extraña é que non sexa culpa de Zapatero ou de Evencio.

27/3/11 16:12

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner