Máis queixas dos policías
Parece que, en materia de seguridade, Carballo non é ese pobo idílico que periódicamente nos trata de vender o goberno local, onde hai cada vez menos delitos, os medios humanos e materiais cos que conta a Policía local van en incremento e a eficacia do goberno se demostra a diario. Nada máis lonxe da realidade, como acreditan os comentarios que dous municipais carballeses deixaron no noso blog:
madero:
Porqué se están pudriendo miles y miles de euros en emisoras para la policía en los coches, walkitalkies, repetidores etc, propiedad del ayuntamiento y que están exentas de todo tipo de canon y se han instalado (alquilado) unos nuevos que iban a ser la repera con una centralita y un televisor de ubicación del policía…. Jajajaja… na de na de na… soy policía y si en una reyerta pierdo el walky o me lo quitan ya puedo marchar a pie para la oficina con una carrada de ostias, en el coche no tengo equipo (lo tenía pero me lo inutilizaron, lo tengo pero no me es compatible)… Los equipos nuevos no ofrecen la cobertura fiable que nos vendieron, el monitor de la oficina nos vale pa los partidos y poco mas, además si hay tormenta o se va la luz como estos últimos días quedamos incomunicados… Para el colmo la empresa que lo puso (democom) tiene camuflada, pirateada y por el morro la instalación del repetidor en el caseto de incendios que la xunta tiene en monte neme donde cualquiera puede manipularlo… si señor, ole sus huevos!!!! Viva la inseguridad ciudadana. Así me voy a emplear yo a fondo? Que trabajen el Jefe y el listo del Concejal.
Anónimo:
O que ten que explicar o Concellal, é por qué paralizou a ampliación do cadro de mandos, e a propia ampliación da plantilla da Policía.
Tiña que nomear a un Inspector Principal e non o fixo. Tiña que nomear a tres Oficiais,e non o fixo. Tiña que afrontar o tema do pase á segunda actividade na Policía e non o fixo ata que lle caeron as primeiras denuncias ante os Xulgados. Tiña que facer reunións de traballo periódicas cos Policías e en catro anos fixo unha.
Ten amoreadas protestas dos Policías ademáis das que se lle fixeron chegar de forma verbal e directa polo funcionamento interno do Corpo, polas actuacións interesadas dos mandos, e nada fixo.
Ante a imaxe desgastada da Policía ante a poboación, nunca explicou nin informou públicamente do que a Policía fai a diario, para informar, para recoller protestas e consellos. O único portavoz que ten a Policía é o propio Inspector, cando é él, como concellal, como político, quen debe dar a cara polo Grupo.
O que ten que explicar o Concellal, é por qué paralizou a ampliación do cadro de mandos, e a propia ampliación da plantilla da Policía.
Tiña que nomear a un Inspector Principal e non o fixo. Tiña que nomear a tres Oficiais,e non o fixo. Tiña que afrontar o tema do pase á segunda actividade na Policía e non o fixo ata que lle caeron as primeiras denuncias ante os Xulgados. Tiña que facer reunións de traballo periódicas cos Policías e en catro anos fixo unha.
Ten amoreadas protestas dos Policías ademáis das que se lle fixeron chegar de forma verbal e directa polo funcionamento interno do Corpo, polas actuacións interesadas dos mandos, e nada fixo.
Ante a imaxe desgastada da Policía ante a poboación, nunca explicou nin informou públicamente do que a Policía fai a diario, para informar, para recoller protestas e consellos. O único portavoz que ten a Policía é o propio Inspector, cando é él, como concellal, como político, quen debe dar a cara polo Grupo.
A explicación que ten que dar é simplemente ¿Por qué?
¿Qué ten medo de cambiar na Policía? ou peor, ¿A quén lle ten medo?
¿Qué ten medo de cambiar na Policía? ou peor, ¿A quén lle ten medo?
19 Comments:
E a pregunta sería ampliable primeiro a Andrade, puso moitas espectativas ó chegar e desinflouse todo. E a Varela, por qué deixou escarallar a Policía como deixou.
10/3/11 12:41
Tendo en conta que tanto a Policía, como Protección Civil sempre compartiron Concellal, e sendo relevante a distinción en canto a complexidade de unha labor e da outra, a miña pregunta é: ¿ por qué sempre dou máis imaxe de boa organización Protección Civil sobre a Policía?
Pode ter algo que ver a diferencia mostrada polos seus mandos en canto ó interese polo traballo?
10/3/11 12:52
Salvo que este equivocado, e de seguro que non. A policia Local de Carballo, ten un rexime interno. Super sencillo, apliquese. Estou seguro que a maioria dos membros que estan facendo flaquear o sistema, en canto lles vaia o bolsillo, dan un xiro de 180 grados. Desgraciadamente esta sociadade é a unica vía que entendemos a primeira. Rexime interno XA.
10/3/11 15:16
O Réxime interno é outras das solicitudes feita polos traballadores xa fai tempo, non é de agora, e tampouco nada de nada. Tense solicitado sistema de grabación de audio e video para as Dependencias, para garantir a seguridade e a transparencia na labor da Policía, e tampouco. Solicitouse no seu momento un control mecánico das entradas e saídas ó traballo, primeiro para todos os funcionarios e despois para a Policía, e tampouco. Este parece o mundo o revés,non son os xefes os que queren controlar ós empregados, son os empregados os que queren ser controlados. Controlados para demostrar a demagoxia, as clases, os grupos, os intereses que se moven a cotío na Policía (Concello), e que desgastan día tras día a relación e a imaxe do Colectivo, e por arrastre de cada un deles.
O que non cabe dúbida é que cando o responsable cumpre, os demáis cumpren. Cando o primeiro non cumpre, non pode extrañar que os demáis queiran vivir coma él.
10/3/11 19:58
La policia que deje de dar al palique cuando hay atascos, que se ponen de chachara y tienen a sus espaldas colas de coches, y tambien estaria bien que no pararan tanto a tomar tapas y vinos, eso para empezar.
Tema aparte es que no le den el material apropiado, que seguro que en estos tiempos de crisis le ratearan todo, incluso el sueldo
10/3/11 21:46
Hola,
me presenté a Policía Local en Carballo en el 91. Me habían avisado que las plazas estaban asignadas y no tenía nada que hacer, pero esto no me quitó la ilusión. Acaba de entrar en el gobierno municipal Independientes por Carballo, debían muchos favores, hubo hasta trifulcas internas pues no llegaban las plazas para tanto enchufado, la chapuza fue de escándalo, la prensa ni una palabra.
No me dan pena ninguna muchos de los que hoy son Policias Locales, me robaron la ilusión igual que a muchos chavales en aquella época, no digo que todos entraran de esa forma y lo siguiesen haciendo, solo que mirandole alguno a la cara y escuchándo lo que escucho, me dan ganas de vomitar.
En fin, funcionarios quejándose, mirad como está la calle y los puestos de trabajo en las empresas.
Habría que publicar el historial de bajas en la Local, nos llevaríamos las manos a la cabeza.
11/3/11 11:35
Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Ainda que levo algún tempo afastado da actualidade pola miña lonxanía xeográfica, non podo evitar intervir nesta polémica sobre as obrigas da policía local de Carballo.
Teño lido con profundo asombro as declaracións que tanto o concelleiro de policía coma o alcalde realizaron en datas recentes na prensa dixital declarando que o concello non ten competencias en materia de seguridade, e, coma de cotío, ofrezo humildemente a miña opinión.
E tal opinión resúmese moi sinxelamente na lectura do que a Lei 4/07 de coordinación de policias locais de Galicia di no seu artigo 8:
Artículo 8.-Funciones de los cuerpos de Policía local.
1. De acuerdo con lo dispuesto en el artículo 53 de la Ley de fuerzas y cuerpos de seguridad, son funciones de los cuerpos de la Policía local las que se indican:
a) Proteger a las autoridades de las corporaciones locales y vigilar o custodiar sus edificios e instalaciones.
b) Ordenar, regular, señalizar, denunciar infracciones y dirigir el tráfico.
c) Instruir atestados por accidentes.
d) Policía administrativa.
e) Participar en las funciones de la Policía judicial, en la forma establecida en la normativa vigente.
f) La prestación de auxilio, en los casos de accidentes, catástrofe o calamidad pública.
g) Efectuar diligencias de prevención y cuantas actuaciones tiendan a evitar la comisión de actos delictivos en el marco de colaboración establecido en las juntas de seguridad.
h) Vigilar los espacios públicos y colaborar con las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado y con la Policía de Galicia en la protección de las manifestaciones y el mantenimiento del orden en grandes concentraciones humanas, cuando sean requeridos para ello.
i) Cooperar en la resolución de los conflictos privados.
j) Cualesquiera otras funciones en materia de seguridad pública que, de acuerdo con la legislación vigente, les sean encomendadas.
Creo que sobran os comentarios. Os apartados 1.e), g), h) e j) refírense á seguridade cidadá. E, por si algún ainda anda perdido, recoméndolle ler a Lei 2/86 de forzas e corpos de seguridade, que adica un título completo á policía local, atribuíndolles competencias de seguridade cidadá. Ou a Lei orgánica de seguridade cidadá 1/92que recoñece ó alcalde o carácter de autoridade en materia de seguridade cidadá.
Logo de oito anos de goberno, o alcalde debera coñecer as súas obrigas e competencias ou buscar algunha outra escusa mellor elaborada, porque isto é tratar ós carballeses de parvos.
11/3/11 16:20
Di a lenda que aló por xuño do ano 1094 un lugartenente almorávide exclamou tras batallar co exército cristián ao mando de Rodrigo Díaz de Vivar ¡Qué gran vasallo se tuvera un bo señor!
Ainda que neste caso o seu inimigo quería ensalzar o bo labor do soldado, a frase contén unha auténtica manifestación do malfacer do monarca entón reinante, Alfonso VI de Castela. O dirixente castelán tíñalle feito toda clase de desprezos ao Cid, tratándoo coma un prófugo e renegado da Coroa. E malia iso, o caudillo cristián, tras tomar ao asalto a cidade de Valencia derrotando ao exército de Al-Latmuni, proclamou a conquista da mesma en nome do rei Alfonso VI, e desoíndo os pregos das súas tropas invitándoo a proclamarse rei el mesmo.
Ven este episodio da nosa Historia a conto da situación que, polas manifestacións dos membros da policía local de Carballo neste foro, se vive dentro dun corpo tan necesario coma o seu.
Non cabe dúbida que nunha empresa, malamente se poden obter bos resultados cando os xefes, en lugar de exercer coma tales para conseguir uns obxectivos, se tornan no obstáculo permanente para o traballador.
De todos os xeitos, non comprendo que os propios policías digan que traballan a meirande parte do tempo sen mandos porque non hai dabondo, e inclúan como culpables aos propios escasos mandos que teñen.
Ata onde eu sei, nun concello a decisión téñena só os políticos, e o xefe da policía municipal é o alcalde, polo que, coma indiquei ao comenzo, deberemos esperar a ver se os tempos traen algún día un bó señor para estes vasallos.
11/3/11 20:39
La Voz de Galicia (12 marzo 2011)
A su juicio, las soluciones pasarían por una mayor capacitación y profesionalización de los mandos tantas veces prometida y que nunca llega, «pero que non veñan agora os do PP vendendo a moto, porque xa estiveron antes no goberno e tampouco o fixeron», advierte un funcionario para destacar que sus quejas no se deben a la filiación con una tendencia política determinada, sino a un deseo de mejorar la operatividad de la policía.
a vender a moto a outro lado señores do PP, todo vale en campaña, pero agardade un pouco, ainda non comenzou
12/3/11 11:25
Ó comentario das 20.39 :
O Alcalde é o Xefe da Policía, igoal que o Presidente do Goberno é o Xefe dos Exércitos. Pero o funcionamento diario dos cuarteles non é competencia do Presidente do Goberno, ata esto estaremos de acordo.
Será competencia dos políticos a ampliación das plantillas, a súa equipación en material e medios e tamén a creación e diseño de campañas de tráfico, seguridade nos entornos escolares, ensino vial nas escolas, campañas de información , etc.
Será competencia do Xefe da Policía a aplicación dos cuadrantes de servício de acordo con normas que deben garantir un trato igualitario os axentes do Corpo, recoller as queixas e consellos dos seus subordinados e facelas chegar ó Alcalde, ordear o traballo diario á realizar e controlar e dirixir o seu cumplimento e vixiar que se acaden os obxetivos diseñados polos políticos.
Será función dos axentes, facer uso do material que se facilita para cumprir cas ordes que se reciban para o desenrrolo do traballo diario.
En Carballo, os políticos consiguen material por iniciativa propia ou en colaboración con outras adminstracións, e limítanse a poñerllos nas mans da Policía, sin crear nin diseñar ningún tipo de campaña, sin establecer criterios de actuación, sin establecer obxetivos a cumplir. Sin máis.
Os Xefes limítanse a recibir ese material e nin pola cabeza se lles pasa dar as ordes oportunas para que ese material se utilize, nin lles preocupa que o persoal esté adiestrado para o seu manexo, nin lles preocupan a cantidade e a forma en que os veciños se poidan ver afectados polo seu uso. Limítanse a pasar estadísticas ós Organismos Superiores en canto a delitos, furtos, roubos, alcolemias, denuncias de radar e nada máis. Si se usa o material ben e si non se usa, non pasa nada de nada, nadie pide explicacións.
Non se fixeron nunca en moitos anos, reunións que permitan evaluar o traballo feito e os resultados acadados polo traballo diario dos axentes. Todo da igoal. Si se fai algo, ben para todos, e si non se fai nada, menos risco de responsablidades rebotadas.
Os axentes,(non todos) afrontan o traballo diario con desídia, desisnterese, desganados, atendendo ós veciños como cadra en cada momento e moitas veces ata mal.
Os tres estamentos funcionan mal, están a dar unha imaxe desprestixiada da Policía, e a responsabilidade é porcentual ó cargo que se ocupa. Canta máis categoría e responsabilidade, tamén máis culpabilidade da situación. As ordes danse, e as ordes cúmplense, pero coidado para cumplilas, hai que dalas, e para dalas, hai que estar no traballo.
12/3/11 23:44
O respeto ben co traballo ben feito, e pese a quen lle pese, a función da Policía é a que é.
12/3/11 23:46
Os veciños deben protestar cando o servizo prestado non é satisfactorio, cando as maneiras dos axentes no son correctas, cando a súas funcións non se cumpren.
E débense facer chegar ó Alcalde, por escrito e con rexistro de entrada. Calando nada se fai. Cuchicheando polas tabernas tampouco.
12/3/11 23:48
Non se pode confundir: un bo axente non é o que fai "favores", e un mal axente non é o que "denuncia".
E os favores o son cando se fan a conta de un mesmo, non á conta do uniforme, nin do posto de traballo.
12/3/11 23:51
Chamoume a atención ver na prensa a fotografía da reunión dos representantes dos traballadores do Concello cos números un e dous do pp e co número un de Tega, como representantes dos partidos da oposición, reunión mantida a petición dos sindicatos para informar da situación "convulsa" que se está dando nas relacións laboráis do Organismo Municipal. Chamoume a atención de que o número dous do pp, é o mesmo concellal, que polos tempos de Varela, lle foi solicitado a este ó seu cese pola mala xestión que estaba a facer nas negociacións que de aquela mantiñan o Goberno e os sindicatos. Polo pouco interese que mostraba nas negociacións e polo desinterese que lle levantaban de aquela os traballadores, despreciando e ignorando o que eran reclamacións lexítimas.
Aquelas protestas eran o "nacemento" das reclamacións de agora, sin resolver por estos pero provocadas por aqueles. Eles as crearon e as promoveron, e agora son de novo os "salvadores". ¡Que xente!
13/3/11 00:01
E volta e vaña...
Volta de novo o sr. Sueiro a insistir con conto da Policía Nacional en Carballo.
Di, na voz, que en outras ciudades, a Policía nacional e a Garda Civil "coexisten". Necesito que me explique qué quere decir iso.
Na Coruña, o cuartel da Garda Civil e da Policía Nacional, "coexisten" en Lonzas, pero, ¿quén traballa na cidade da Coruña? ¿quén ten as competencias no interior da cidade da Coruña?.
Eu póñolle outro exemplo de "coexistencia", en Ferrol "coexisten" a Policía Nacional, a Grada Civil e a Infantería de Mariña.
¡E veña e volta ca Policía Nacional...!
15/3/11 20:06
¿Non queres que volte a policia nacional?
¿Por que?
podes dar ti unha explicacion do que che molesta da coexistencia.
E o exemplo da infanteria pareceme ben como broma ainda que tamen poderias decir que na coruña estan os de aduanas, os bombeiros, protecion civil, e o clube de xubilados do parrote. As funcions de "policia" fainas a policia nacional, a garda civil e a poli municipal. Eu si podo telos a todos non quero que quiten ningun. Convencenos do contrario.
16/3/11 18:04
Dígocho por que no seu momento a Policía Nacional foi retirada ó unísono en toda España de poboacións similares e ata maiores en número de habitantes que Carballo. Temos a idea de que a Policía Nacional de Carballo marchou por que catro ricos así o quiseron, e iso é unha forma de ver a cousa moi enganosa. é certo que o que poido pasar aquí, foi que a xente non presionou para que non marchara, pero ainda así marcharía igoal, por que repito, a reestructuración foi a nivel nacional. E agora mesmo Carballo non ten os requisitos para que se implante aquí a Policía, máximo tendo aquí agora a cabeza da Comarca de Garda Civil.
Repito, todo o que sea aumentar a Garda Civil, de forma que permita ter patrullas na calle de forma considerable, será futuro, como aumentar a Policía Local e procurar que cando esté ben organizada, de un resultado similar ó que dan outras Policías Locaís en Galicia( capacidade non lle falta).
Todos e cada un dos políticos que insisten na Policía Nacional falan en valde e sábeno, que non vai vir, sábeno. é un comodín moi recurrente falar delo cando se aproximan determinadas fechas. Nada Máis.
O de Ferrol, claro que é un chiste, nada máis, non pretendín ofender nin ofenderte, si foi así, síntoo, de verdade.
Póñoche outro exemplo, Madrid é a cidade de España onde máis Garda Civiles están destinados, e dase o caso, en que a Seguridade Cidadá de Madrid a comparten a Policía Nacional e a Policía Municipal. Que en unha localidade exista un Cuartel da Garda Civil (Coruña - Lonzas), non significa que teña competencias nesa localidade, en Coruña é a Policía nacional e en determinadas cousas incluso a Policía Local, pero de novo non a Garda Civil.
Os grandes Cuarteles da Garda Civil en Galicia están nas grandes ciudades, e en todas elas a Seguridade Cidadá é da Policía Nacional e en algunhas, como Vigo ou Lugo, moi axudados pola Policía Local.
Un saudo.
16/3/11 20:51
¿Qué Lei vai aplicar a Policía Nacional que agora mesmo non apliquen en Carballo a Garda Civil, Policía Local, Xuices e Fiscais?
Escoitei que a Policía Nacional cerraba os locáis á súa hora. Para iso, con que o Alcalde tramite e sancione ós locías denunciados polos veciños e pola Policía Local, sería máis que bo. Daquela a Policía cerraba, pero agora,cas novas normas, a Nacional non cerra locáis nin na Coruña, nin Santiago nin Vigo, nin en ningún lado, agora é cousa dos Alcaldes, e por tanto da Policía Local.
As pelexas, tampouco a Nacional aplica unha norma distinta á que marca a propia Lei, polo tanto para garantir presencia policial nas rúas, o que temos que facer é presionar para que aumenten as que temos, e facelas traballar, estar na rúa, con funcións e ordes ben definidas e ben dadas, e tramitar a documentación que se derive, pese a quen lle pese.
E unha cousa fundamental, a coordinación entra a Garda Civil e a Policía Local, o contacto diario na rúa, traballar xuntos, en contacto, con reunións de traballo conxuntas, e planificación, estratexias, interese, fundamental.
¿Existe algún problema de aplicación para que isto ocurra?, non o sei, penso que non debería existir, pois nelo vai o interese dos veciños para os que traballan. E a Seguridade Cidadá é competencia non só da Policía Local sinon que a Lei establece que é o Alcalde o responsable da seguridade dos seus veciños. Aquel Alcalde que non ten Policía, pedirá axuda, pero o de Carballo ten Policía e moita, polo tanto que os poña na rúa a traballar e esixindo resultados, sin demora e sin escusas.
17/3/11 09:27
Sae na prensa que de novo os ladróns marcharon cuns cantos metros de cable de línea telefónica no lugar de Ardaña.
¿Hai ordes na Policía Local para teforzar a vixiancia polos alrrededores de Carballo City, ou imos encerrarnos na capi e deixando ó resto para a Garda Civil?
Ó Alcalde, ¿este problema impórtalle de verdade?.
¿Está a Policía Local capacitada para loitar contra os roubos de este tipo?.
¿Negouse a plantilla da Policía a reforzar os servícios nocturnos para incrementar a vixiancia?
De ser así, ¿vanse adoptar medidas disciplinarias?
En unha palabra, ante estos roubos, que xa non son casos aillados, ¿qué ordes dou o Alcalde?
Perxudicados temos a veciños e a empresas.
Son varias preguntas que perfectamente podría plantexar o pp e tega, ou que máis ben, xa deberían ter plantexadas.
17/3/11 09:41
Publicar un comentario
<< Home