Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, febrero 26, 2011

O meco volve a Carballo



Etiquetas:

13 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Disfrazar disfrazouse onte a que quere ser futura alcaldesa consorte no teatro.

Unha obra de teatro satírica e moi boa en defensa do galego, e a tipa esta, que non solta unha palabra e que o detesta como a morte, poñéndose a aplaudir a rabiar namais acabar a obra.

En fin, o que hai que facer por aparentar.

26/2/11 10:42

 
Anonymous Anónimo said...

Qué barbaridade! De verdade que aplaudía ós que non pensan igual que ela? Habrase visto, qué desfachatez!

Bueno, tamén poder ser que lle gustara a obra porque estaba ben interpretada e o guión era bo, e por eso aplaudía. Claro que ti eso non podes entendelo, porque ti só aplaudes ós teus. Os teus prexuizos impídenche apreciar as cousas boas.

Xa vexo que che choca que esa muller non sea sectaria coma ti e os teus. Pero eso cúrase con cultura, ho. Ti sigue indo ó teatro, que xa ves que aprendes cousas. Ata pode que algún día chegues a aplaudir algunha obra coa que non comulgues ideolóxicamente (bueno, vale, se cadra é demasiado esperar)

(Por certo, ¿molestouche moito moito que “a tipa esa” aplaudira? Espero que sí)

26/2/11 12:26

 
Anonymous Anónimo said...

Agora chamámoslle "coñecemento da cultura" e "cousas boas" ó que simplemente é "exercício de incongruencia e hipocresía".
Viva a cultura de algúns.

26/2/11 13:24

 
Anonymous Anónimo said...

Qué pasa, que a este pueblo no pueden venir obras de teatro que no sean propagandísticas del BNG? Ya me tenéis hasta los mismos de contratar a colegas para "educar" al pueblo

26/2/11 14:01

 
Anonymous Anónimo said...

Onte á noite acudín á representación teatral en Carballo de Thalía,e a verdade xa había tempo quen non me ría tanto no teatro. E sí, son de ideas conservadoras, sí son de dereitas e sí, son do PP, pero iso non me exime de que sepa discernir o bó do malo e que moito menos queira que o galego desapareza, por nada do mundo!!!Aínda que a cotío fale castelán, creo que me defendo coma calquera galegofalante, que estou orgulloso do galego e quero que se siga mantendo, porque é parte da nosa historia, conforma grande parte do noso patrimonio cultural e é unha seña de identidade do noso pobo. Hai que ver un pouco mais alá dos nosos ideais e sobre todo saber respetar, porque se poder ser galante ata insultando, pero hai persoas que ata carecen desa pilleria, ou desa famosa retranca galega (o de tipa sobra vamos). Cremos que con acudir a actos culturais xa abonda, xa somos cultos e educados!Pois non, iso é algo mais. É unha pena que non disfrutara da obra, porque merecía a pena, e perdera o tempo en vixiar ao resto dos espectadores, que si saben disfrutar do bo teatro. Que pena meu rei, que non Recarei!!!!

26/2/11 16:29

 
Anonymous Anónimo said...

Yo también fui al teatro ayer y no me fijé en si unos aplaudían más que otros, ni en los motivos del aplauso. Estoy acostumbrada a hablar y escribir en gallego, tanto en mi trabajo como en mi casa, con mis padres, con mi compañero y con mis hijos. Hoy hago una excepción para contestar al mal tono empleado por el autor del comentario número uno.
Si una persona a la que usted conoce, que "non solta unha palabra en galego e que o detesta como a morte", fue capaz de acudir al teatro, resistir más de una hora de "defensa do galego" y "aplaudir a rabiar namais acabar a obra" penso que deberiades "contratala" no BNG para que vos dera unha charla sobre cómo evitar o sectarismo. Sodes vos os que menos favor lle facedes ó galego, por moito que vos pese. Ese tipo de comentarios di moito e moi ruin de quen os fai. Sintoo pero só me saen as broncas en galego (algo así coma o leite e a bandexa...)
Boas noites e non estaría mal que pensarades antes de poñervos a escribir. Da vosa atitude depende que se teñan que facer ou non moitas obras de teatro en defensa de ese pobre galego que adoitades a usurpar ós que aquí vivimos.
O galego non é voso e abonda xa de facerlle mal!

p.d.Por certo, so unha cousiña sintáctica: non sei se é que no teatro se está a facer algo relacionado con consortes de alcaldes porque quen aplaudía era a "alcaldesa consorte no teatro"...avisádeme se hai estrea!

27/2/11 02:39

 
Anonymous Anónimo said...

Al tío ese del Bloque que hace el primer comentario: se puede ser más inteligente, pero no más sectario.

27/2/11 12:25

 
Anonymous Anónimo said...

pero que pandilla de bestas¡¡¡¡¡
eu non fun o teatro, logo soio escribo polas referencias de aqui.
Se foi porque aplaudia moito... se non fora diría que como odia o galego....
Solo pregunto, si fora unha obra de teatro satírica e moi boa, en defensa do castellano... cantos do bloque irian e o remate aplaudirían? ( e refirome a ir dentro a velo teatro, no a estar na porta berrando, tirando ovos e chamando fascistas os que entraran..)

27/2/11 22:24

 
Anonymous alberto sueiro said...

Enterado do comentario que inicia esta "agria polémica" como directamente aludido, en condición de cónxuxe da "tipa esa", teño que decir:
1- Que efectivamente o con sorte son eu, de que unha muller coma a referida, guapa, intelixente, moi preparada e con probado éxito na sua vida profesional, me acompañe. Quén ,por todas esas razóns ,non necesita para nada o seu consorte para destacar , porque os seus propios méritos son mais que suficientes.
E vai o teatro, porque lle gusta,porque non odía e non é ningunha sectaria, porque tamén sabe reirse de sí mesma, e porque os que estaban no escenario son amigos seus, dos que se precia e os que a aprecian, e porque se alegra cando as cousas lle saen ben os amigos.

E alégrome moito de que a ninguén do PP se lle ocurra criticar publicamente a ningún familiar dos cargos públicos do BNG, polo que fan ou deixan de facer na súa vida privada, onde ademais, teñen todo o dereiro a facer o que lles pete.

En definitiva, se o criticante lle molesta pois que propoña que se fagan especáculos con entrada restrinxida ou sin dereito a aplaudir.
ALBERTO SUEIRO

28/2/11 13:18

 
Anonymous Anónimo said...

amijiño¡¡¡ fara de todo pero disfrazarse si que non, eh¡¡¡¡
si aljo ten en que vai de frente.
e si foi o teatro e a obra era boa e en defensa do jalejo e aplaudiu, fixo ben¡¡¡¡ ole sus guevos¡¡¡
O que andas disfrazado eres tí que falas por atrás e non queres que se che sepa qué es.
Votalle juevos e critica se disfrazarte ¡¡¡¡¡¡

28/2/11 13:27

 
Anonymous Anónimo said...

De teatro e do bó era cando a EX-DELEGADA de cultura e deporte acudía ao concello de Carballo(non moi lonxe da súa casa non?)co seu chófer que chegaba á praza con Concello como Pedro por su casa, e aparcaba o coche diante xusto da porta do Concello, non vai ser que se agote moito a subsodita. Fai falta ter ben pouca vergonza!! E estes son os que presumen de estar ao lado do pobo,bla, bla bla,... por favor!!!Que maior falta de respeto, aires de superioridade e grandeza, pero miña pobre, será a única maneira de que miren para ela!!Se entra agora no governo volverá a contar con ese privilexio non??Por favor no vaya a ser que tenga que dar vueltas para aparcar como el pueblo llano!!!!

28/2/11 14:12

 
Anonymous Anónimo said...

Encántame vir por aquí e levantar estas polvaredas.

Ten mérito que se me pida que "critique sen disfrazarme", nun blog que leva toda a súa vida poñendo a parir ao bloque sen que se saiba (en teoría) quen o escribe. Manda truco.

Por certo, non hai máis posibles alcaldesas-consortes? En que se identificou? No odio que lle ten ao galego?

Con todo o cariño, pode facer o que queira, pero hai que ter a cara de cemento armado. Non, serei un sectario, pero eu non vou a misa, por poñer un caso, e digo "que ben falou o cura", cando non comulgo con nada do que di. Serei un sectario, serei.

Ala, a seguir ben.

28/2/11 16:39

 
Anonymous Anónimo said...

Por certo, ao comentario desta hora, "27/2/11 02:39". Xa me cansa o de eu sempre falo galego, pero hoxe vou falar español para darlle na cabeza aos do Bloque. Sen comentarios. Fala o que queiras, pero non queiras que creamos outras cousas nin vendernos o mito de que son os que falan galego os que fan que outros non o falen, porque é tan absurdo que da a risa.

28/2/11 16:42

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner