Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, febrero 17, 2011

Sísamo debe esperar


Non están os tempos como para deixar pasar os cartos, e menos cando son para obras xustas. Ese é o pensamento da meirande parte dos veciños de Sísamo. Tal e como denunciaba días atrás o PP e hoxe recoñece o goberno, o proxecto para acometer a travesía de Sísamo por parte da Deputación leva oito meses de retraso, e non ten fecha de inicio. Tanto é así que moitos sospeitan que a obra non se vai facer. Un feito lamentable sobre todo se temos en conta que levamos máis de 5 anos oíndo falar dela.

Retrasos de tramitación aparte, parece ser que o principal escollo ven polo desacordo entre o Concello e maila Deputación. Unha mostra máis de que a mesma cor política entre administracións non garantiza nada (nos dous organismos hai bipartitos BNG-PSOE). Evencio Ferrero seguramente lembrara hoxe a súa famosa frase de “non hai gobernos amigos, hai gobernos eficaces”. A cuestión é que no proxecto aprobado polo organismo provincial a calidade dos pavimentos non é coma a que o goberno local ten aplicado noutras obras do concello. E ese cambio de pavimento implica un sobrecoste que agora ninguén semella estar en condicións de asumir, e polo tanto, todo parado. Dedúcese que alguén debeu de cavilar que mellor decir que a obra se retrasa a facela deixando disconformes ós veciños, porque os agravios entre parroquias sempre son odiosos, e en época electoral máis aínda. Noutra nova paradoxa, neste caso non funciona o bálsamo electoral, máis ben ó contrario a proximidade dos comicios retrasa unhas obras que están aprobadas e que os veciños de Sísamo e do San Cristovo levan anos agardando.

Claro que nós non podemos deixar pasar a oportunidade de lembrar que a de Sísamo non é a única travesía comprometida hai anos e que están sen empezar. Hai máis de 8 anos que se firmou un convenio para urbanizar a travesía principal de Carballo, e máis de 6 que se remataron a primera e a segunda fase. Da terceira fase, nunca máis se soubo.

Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Isto xa non ten nome, e bergonzoso que levemos mais de 6 anos sen saber practicamente nada do asunto da carretera de sisamo, algun disque de vez en canto, pero nunca como se debe facer,POR ESCRITO. 1º redactan o proxecto e aprovano sen consultar nada cos veciños,crean problemas pra continuidade do procedemento porque non se informa.
2º mostran o proxeto aprobado os veciños pra crear mais alvoroto, claro, nesa reunion din que ai que ceder os terreos e saense do que os veciños queremos, e inxusto. A uns collenlle 10 m2, e existe mais dun caso collenlle 400 m2. ¿e xusto?
3º noutro caso desvianse totalmente do eje da carretera, pra favorecer a outra marxe da via ¿ e xusto? 4º poñen aceras de 2 mtrs de ancho ¿para quen? nun tramo de 20 mtrs donde pasa 1 peaton cada 5 dias .Os veciños queremos cousa practica sen facer moito daño e que quede decente,non a queremos pra exposicion.¿cando nos van volver a informar POR ESCRITO na situacion que se situa e cal é o seguinte paso, ¿teñen que pasar outros 6 anos?.Levo mais de 6 anos esperando para facer o cierre da vivenda, teño que dar conta que os meus nenos e os cans non me saian a carretera en situacion de risco.Estou moi farto, nadie move o cú. ¿donde está a democracia e igualdade dos ciudadanos? SISAMO non recibe nin un euro fai moitos anos, e nonveñades co conto do alcantarillado cando fai mais de 20 anos que teria que estar feito. Si nunha paroquia se lle fixo unha iversion de alcantarillado e centro social novo, sumen os cartos e fajan a mesma inversion nas demais parroquias.

9/7/11 00:44

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner