Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, febrero 04, 2011

O póker do PXOM



“Peligra el consenso sobre la revisión del PXOM carballés”. Ese era o titular desta semana despois do cruce de declaracións dos portavoces locais en torno á tran traída, levada, retrasada, postergada, novamente retrasada, aprazada, e nunca realizada revisión do plan xeral de urbanismo. Desta vez pasaremos dos antecedentes, porque mil veces os repetimos en multitude de posts ó longo destes anos, así como das perigosas consencuencias que se poden pola carencia dun documento actualizado e legal.

O caso é que a cercanía das eleccións ven de reventar o tradicional acordo e colaboración entre os dous grupos do goberno e os dous da oposición. E os nosos medios de comunicación convencionais teñen, como de costume, tomado partido polos primeiros, presentando a ruptura coma unha estratexia política dos segundos, e resaltando o enésimo compromiso do goberno local de sacar adiante o documento. Pola nosa banda, afeccionados coma somos a rascar un poco máis aló da superficie, cremos que a análise é incompleta e superficial.

Porque esta partida de póker (ese é o símil máis apropiado), fai moito que comezou. Moito antes incluso de que as eleccións aparecesen no horizonte. Trátase dun partida coma as das películas, con grandes farois e moito en xogo. Unha partida na que o tándem Evencio-Viña xogou ó despiste durante anos facendo crer ós seus opoñentes e a todos os cidadáns, que estaban a apostar pola aprobación do Plan cando na realidade estaban a apostar xustamente por todo o contrario, por paralizalo o máximo tempo posible, ou cando menos salvar as eleccións. Só así se pode explicar que unha simple revisión iniciada xa na primeira metada da anterior lexislatura, cando Andrade era o concelleiro de urbanismo, non teña pasado aínda nin unha aprobación inicial nin unha información pública. Cousa por outra parte entendible, se temos en conta que o novo Plan Xeral saínte da revisión vai reducir máis as posibilidades edificatorias, non vai deixar contento a ninguén, e vaille costar moitos votos ó goberno de turno. Tal e como lle sucedeu no ano 2003 a Manuel Varela… ou peor. Falamos polo tanto dun farol que a oposición tragou, quixo tragar ou aparentou tragar, durante anos, se cadra temerosos de que unha postura contraria puidese acarrearlle unha imaxe negativa. Pero cando o tempo da partida se esgota e chega a hora de mostrar as cartas, chega o momento de tomar decisións. E tanto o PP coma TEGA, con argumentos e discursos diferentes, están a facelo, atacando ó alcalde e denunciando o retraso deliberado do Plan. E neste punto asistimos á resposta planificada do equipo de goberno, prometendo que aprobarán o documento de forma inicial antes das eleccións. Pero como xa todos imos tendo experiencia nesto do póker e xa temos vivido bastantes partidas, sospeitamos que na baralla pode haber cartas marcadas. Por exemplo, podería ser que o goberno aprobase o plan de forma inicial sen atender ós criterios da Xunta e organismos superiores, ou no caso de telo atendido, sen expoñelo ó público. De feito, hoxe mesmo Viña advirte que non se van facer copias do Plan, e que o acceso será restrinxido. Desa forma, o bipartito podería apuntarse na prensa ter preparado a revisión do plan… sin perder votos porque ninguén podería coñecela. ¿Canto apostamos?




Etiquetas:

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Se alguien pode falar de retrasos no pxom carballés, ese é o PP, recordo que despois de tres lexislaturas consecutivas de maiorias absolutas, non foron capaces de aprobalo,.... si de dar a coñecer os seus entresijos entre os seus adeptos, lease a epoca de Jose Pallas como concelleiro de urbanismo, quen está lexitimado para falar de atrancos do pxom, o PP??, Andrade????.... sen comentarios.

7/2/11 19:02

 
Anonymous Anónimo said...

Tardaron 10 anos en facer un plan desde cero. Estes levan 8 solo para revisalo. E o que falta ainda.

7/2/11 22:21

 
Anonymous Anónimo said...

¿E-lo ese Pallas quen é? ¿Non será un constructor que agora é amigo de Evencio?

8/2/11 09:09

 
Anonymous Anónimo said...

Pallas agora xa non ten amigos no PP. Antes si que os tiña, e moi bos amigos, que o trataban de un dos mellores cancellais do Concello. Agora xa non. Aquela espantada pasoulle factura. Pero ben que se aprobeitou dos tempos de concellal, da experiencia acomulada naqueles anos. E agora é constructor, mira por onde. E busca as axudas municipáis, igoal que outros llas buscaban a él cando o precisaban. E vira outro Alcalde, Sueiro por exemplo , e hai unha cola de constructores e propietarios de solares que están esperando a falar con él. E o peor de todo, e que Sueiro xa está esperando a que "falen"con él.

11/2/11 09:38

 
Anonymous Anónimo said...

Debes conocer moi ben a Sueiro para decir eso. Ou debes ter moi mala idea, que tamén pode ser.

11/2/11 10:31

 
Anonymous Anónimo said...

A idea de cada un é de cada un, e quen a quere interpretar, é libre de facelo, outra cousa é acertar ou non.
Nesta páxina, de ideas non andamos mal moitos.

11/2/11 18:55

 
Anonymous Anónimo said...

E digo eu, si Evencio tivera moitos intereses, ¿non tería xa aprobado o seu PXOM?
Outros non tardarían tanto.

13/2/11 15:52

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner