Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, febrero 22, 2011

O deporte na picota



Varios días levan enzarzados alcalde e Partido Popular polo tema do deporte en Carballo. Todo parte dun dos habituais balances triunfais que Evencio adoita celebrar, fotografía e “gusta” (no BOE) mediante, en comparecencia de prensa. Presumía o líder nacionalista de que grazas á súa xestión o deporte carballés estaba mellor ca nunca, destacaba as inversións do seu goberno en infraestructuras, e sobre todo loubaba o grao de suficiencia do Patronato Municipal, que ven de acadar o millón de euros de presuposto, e dos cales afirmaba que se autofinancia máis da metade.

Respostaba o partido de Sueiro que as contas de Evencio non eran correctas, que a súa xestión veu marcada polo despilfarro, que as contas deron déficit do 2004 ó 2007, que o superavit do 2008 se debeu á aportación do Concello, e que o alcalde non estaba a contabilizar outros gastos coma o soldo do concelleiro, outro persoal, a xestión do circuito ou a amortización da piscina. Por outra banda, os populares poñían no punto de mira a polémica polas subvencións que Ferrero outorga a entidades deportivas sen pasar polo persoal técnico do Patronato. Para rematar, o PP comparaba negativamente a xestión de Carballo coa de concellos coma Arteixo, Oleiros ou Ribeira.

Inmediatamente respostaba de novo o alcalde este domingo reafirmando os seus argumentos, xustificando os seus criterios de contabilidade, considerando a Carballo está por enriba deses concellos, e acusando á oposición de querer falsear a realidade. E novamente hoxe voltan á carga os de Sueiro, quenes poñen o acento no despilfarro e os defectos das infraestructuras (piscina da zona escolar, circuito do motor, paneles solares da piscina da Carballo Calero ou o céspede das Eiroas), no feito de que teña que ser o alcalde o que dea explicacións e non o concelleiro (que cobra por adicación parcial), e reiteraban que Evencio estaba a enmascarar o gasto real do Patronato pasando parte dos gastos ás contas do Concello.

De toda esta discusión temos dúas reflexións. A primeira é que coñecer o gasto real en materia de deportes non debería ser tan difícil nin tan traumático; que se faga público o que custan todas as partidas, independentemente dos criterios de imputación deses costes. E segunda, o que máis inquietante nos resulta a nós (e cónstanos que a moitísima xente máis) é o asunto das subvencións deportivas. ¿Por qué non son os técnicos do Patronato quenes as valoran? ¿Non debería haber neste asunto criterios máis obxectivos e máis transparencia? Un tema complicado este do reparto do carto público, sobre todo polo medo que moitos dos afectados teñen medo a denunciar e quedar con menos.

Etiquetas: , ,

30 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Todo o mundo no deporte carballés sabe que hai certa asociación que reciben subvencións "extras" do concello sin pasar polo patronato. As que fagan falta e máis.
E todo o que esté metido en asociacións e clubes deportivos sabe que nunca tan pouco se recibiu do concello coma ahora.
Xa o dixo o do Carballo Basket o luns na radio, e eso que se cortou moito para non criticar demasiado a Evencio.
Pero na Voz nunca sairá tal cousa porque xa é bastante que o sepamos todos os que estamos no deporte.

23/2/11 00:19

 
Anonymous Anónimo said...

Lo más triste de este pueblo, es que si quieres recibir, migajas ya sabes con quien te tienes que alinear y echarle risitas, sabemos de algunos que al principio de legislatura eran muy críticos y según le fueron dando caprichitos ahora, callan como estómagos agradecidos.

23/2/11 08:44

 
Anonymous Anónimo said...

Por cierto, no hay que tener miedo, la asociación es Escolas Balonman Xiria, y su "holding" Xiria Pop, Liga de futbol Sala, Escola de Veran, etc...

23/2/11 08:49

 
Anonymous Anónimo said...

Parece que o erro máis grande da xestión deportiva deste Goberno. é tan só, o feito de que o Alcalde sae na prensa informando do que hai.
A xestión das piscinas, as placas solares, o segundo campo de fútbol, etc, iso todo de novo é despilfarro.
De novo sae a relucir o tema do tapete de herba artifical, cama si iso fora a nai de todos os defectos. A oposición non fala, por tanto non lle importa a falla de estacionamentos adecuados e asfaltados no campo de futbol, a adecuación dos Wc, nin a carencia deles no campo novo.
Eles erre que erre cas próximas eleccións, ata agora nada dixeron, e antes nada fixeron.
Cousas que mellorar moitas, coma en Oleiros, Ribeira e Arteixo.
E tamén a oposición.

23/2/11 12:55

 
Anonymous Anónimo said...

El anónimo de las 12.55 como se vñe que sale para disimular, el error no es que el alcalde hable, el error es que mienta, y cuando se ha puesto la cosa desesperada, manda al encargado y dar la cara y salir con el rabo entre las piernas, como esta mañana.

Anda que tiene guasa que Andrade ya jubilidado y amortizado, le haga callar con argumentos a un chaval con carrera universitaria.

23/2/11 15:34

 
Anonymous Anónimo said...

Falando de contas, xa hai anos que non se fan públicas as do San Xoán non?por que será?????Si presumen de tanta transparencia non lles supondrá ningún problema non?Quero recorda que non anos nos que gobernaba o PP si se facían!!!ai ai ai!!moitos falamos de ten que haber transparencia pero cando chegamos ao poder todos somos iguais!!

23/2/11 23:19

 
Anonymous Anónimo said...

Alguén esperaba mais do concelleiro de deportes??valgame deus!!Menos mal que sae o señor Evencio a falar das contas do deprote carballés porque sinon habían quedar ben mal, porque unha persoa que lle parece que rindo se soluciona todo....E sí carreira ten, que ben anos lle costou sacala!

24/2/11 00:00

 
Anonymous Anónimo said...

Seguindo coas contas do deporte carballés, quero deixar constancia dos 18000 euros, si señores e señoras, 18000 euros que lle foron concedidos á sección de balonmán de Xiria para a organización dun campamento de verán(que sí está moi ben)pero que xa puideron facer actividades e mais actividades con esa cantidade. Por propia experiencia falo, que con moitos menos cartos se poden levar a cabo actividades deste tipo.

24/2/11 00:05

 
Anonymous Anónimo said...

Eu creo que ademais dos beneficios económicos que poden dar as instalacións deportivas do Concello de Carballo, é importante tamén o trato humán. Eu no meu horario laboral teño q desempeñar o meu traballo, polo cal me pagan e non sacar beneficio propio. Con esto quero dicir que certo monitor do ximnasio municipal, nas súas horas de traballo se dedica a cultivar o seu corpo (con certos aires de prepotencia), desentendendose por completo das persoas que con mais ou menos coñecemento van a realizar exercicio físico para ter beneficios saudables. E as veces polo seu descoñecemento ou falta de atención da persoa encargada, realizar exercicios de maneira incorrecta cos conseguintes perxuicios para o seu corpo. Un pouco de seriedade por favor que estamos a xogar coa saúde da xente. Tamén quero dicir que gracias a deus non todos os monitores son iguais, referiremonos a el coma "A"

24/2/11 00:16

 
Anonymous Anónimo said...

Pensa o ladrón que todos son da súa condición, por eso tanta desconfianza!! non é??

24/2/11 16:45

 
Anonymous Anónimo said...

Pregunto si é certo que hai un membro de pp no Organo de control do Padroado Municipal de Deportes. Si fora así, como é que non detectou nada ata agora. Ese Organo ten ingresos, que quero pensar que serán lícitos, e terá facturas que tamén quero pensar que son lícitas, e todas elas son públicas, ¿ou non?. Por qué se lles escapou todo este tempo do control da oposición? ¿Onde estaban ata agora? ¿Teñó que pensar que se descubriu toda unha trama, pero gracias a que o Alcalde - corrupto, abriu a súa boca? ¿Será tan torpe?
Todas esas tramas feitas ata agora ¿foron denunciadas na Xustiza? Si a resposta é non, ¿por qué?
E si a resposta é a de sempre, daquela nada importante, estamos diante das eleccións, e todo vale para algúns.

24/2/11 18:46

 
Anonymous Anónimo said...

A este último comentario quero recordarlle o fácil que é acceder ás facturas no concello. Aínda estamos todos esperando a ver as facturas que pedíu o PP do móvil da concejala de servizos sociais que botou Evencio porque o alcalde decía que eran "datos protexidos". Presumir de transparencia deixa claro que tal cousa non existe.

24/2/11 21:33

 
Anonymous Anónimo said...

Vale.
A Oposoción ten acceso os contratos, a informes das subencións, as probas de oposicións, ás mesas de negociacións, etc. Si a estas alturas non ten as facturas da telefonía, tan só hai unha esposta
¡POR QUE NON QUERE!
Menos voltas e máis directos, ¡XULGADO!.

25/2/11 12:50

 
Anonymous Anónimo said...

A transparencia e a legalidade de un Concello, ademáis de ser obriga de que goberna, tamén o é de quen oposita. Si poas boas as cousas non funcionan, pois polas malas, pero sin alarmismos, ás malas é o Xulgado, nada máis.
Tanta obriga é de uns ser legais, coma dos outros facer que o sexan.

25/2/11 12:52

 
Anonymous Anónimo said...

Estilo bloqueiro, cagarla y arreglarlo insultando a todo el mundo, y llamando idiotas a los demás.
Como son el pueblo oprimido tienen derecho a hacer el burro, en su tiempo a lo bestia (http://es.wikipedia.org/wiki/Ex%C3%A9rcito_Guerrilheiro_do_Povo_Galego_Ceive)
Y ahora con el insulto, apoyados por la panda de lameculillos y serviles correveydiles que se agarran a la teta que ellos alegremente aprietan.

25/2/11 15:54

 
Anonymous Anónimo said...

No soy del BNG, pero convengo con lo señalado en los últimos comentarios: demérito del gobierno, y dejación de la oposición. Que metan los asuntos en el juzgado de una vez, y todos tranquilos (o no todos). La pena es que la justicia sea tan lenta.

25/2/11 21:09

 
Anonymous Anónimo said...

Respecto a lo de los trabajadores del patronato, nunca han destacado de por su simpatía. Y si no prueben, vayan a la piscina vila de noia y den los buenos días, a ver que respuesta reciben. Un abrazo y ánimo a los bloqueiros, que sólo les quedan un par de meses.

25/2/11 21:57

 
Anonymous Anónimo said...

Xa estamos no Entroido e en nada no San Xoán e as contas das festas do ano pasado sin aclararse, esto é o que o governo entende por tranparencia e claridade?? Que por certo xa andan argallando as de este ano, espero que con un pouquiño mais de éxito que as destes últimos anos. Por certo, a comisión de festas por cantos integrantes está formada?? Porque decidir decidín só dúas persoas, sendo o resto simples figurantes(vai de teatro esto). Y tamén ao resto non lle viria nada espabilar porque traballan a reo sin saber que ás súas costas xa están en contacto con representantes de orquestras e espectáculos estas dúas citadas persoas.

28/2/11 14:05

 
Anonymous Anónimo said...

A boa hora ameaza o sr. Andrade con deixar o Padroado de deportes. Esperou a que outros levantaran a lebre de posibles chanchullos para ameazar con marchar. Si él estaba dentro, logo non se enterou. Ou será que os problemas do Padroado na súa xestión escaparon do seu control. O deporte en Carballo move cartos e instalación millonarias e polo tanto merece que se lles preste a atención debida durante toda a lexislatura, e non a catro días das eleccións.
Aconséllolle que non marche, que quede, que tire do fío ata o final, e cando teña motivos denuncie ós responsables no Xulgado, iso é defender os intereses de Carballo dende a política, e iso é decirlle os políticos que gobernan, e ós que queren gobernar o que pasará si non se fan as cousas como se deben facer.

1/3/11 11:18

 
Anonymous Anónimo said...

¿un campamento?
ter a máis de 200 nenos nunha actividade diaria dende o 1 de xullo ao 31 de agosto, onde os pais teñen a posibilidade de deixar aos rapaces dende as 7,30 da mañán ata as 2 da tarde, ¿eso é un campamento?
¿sabédes que é o programa Concilia?

Parece que algúns carballeses seguides a vivir no século pasado mentres o mundo cambia, Xiria de balonmán e exemplo por esto e por moito máis en toda Galicia.

E todo esto coa pouca repercusión que ten este deporte, acórdome dunha charla na que estaba Lendoiro xunto con algúns carballeses onde todos concordaron, si estes señores chegan a coller o Bergantiños hoxe estaríase a falar dunhas das mellores canteiras do Norte de España.

é lóxico que o que representa hoxe Xiria Balonmán xenere moitas envídias e críticas, coma as xenera o Barcelona de Futbol, pero ahí están os dous

3/3/11 19:26

 
Anonymous Anónimo said...

Estase forzando a máquina prelectoral para intentar dar por certas, acusacións, que dende logo e como táis, deben ser xustificadas e demostradas. Desconfío de quen ás portas das eleccións soltan estas acusacións para sacar partido delas. Catro anos tiveron para facer, e nada fixeron. Si agora hai "roubos", a Oposición foi cómplice.
Estamos a falar do deporte dos nosos fillos e netos. Carballo pode ser considerado exemplo para moitas localidades similares. Hai diversidade na oferta de deportes, hai instalacións, e o máis importante, hai moitos nenos e nanas participando nelas. Tomemos a cousa con maís seriedade e repecto.
Isto non debe ser choio electoral. As cousas e as contas claras e públicas, pero dende sempre, non ás portas das votacións, agora as críticas perden valor, perden credebilidade, sonan a "choróns", e co tema do deperte dos nosos fillos e netos non se debe xogar.
Uns e outros queren que fagamos nós de Xuizes, non é a sí, nós somos veciños e contribuintes, para que os uns e os outros fagan a súa función, gobernar.

3/3/11 20:59

 
Anonymous Anónimo said...

O Presidente de "Carballo Basquet" é o mesmo que sonaba para ir nas listas do pp.
Dende a posición que ocupa no deporte de carballo, mal exemplo da si mistura deporte e política.
Perde credibilidade.

3/3/11 21:02

 
Anonymous Anónimo said...

Criticar ós traballadores do Patronato Municipal por unha carencia de " educación", paréceme unha crítica moi lixeira e opinable.
É de considerar que os acusen deso, de maleducados por non respostar ós bos días de alguén, e non se critiquen por non facer ás súas funcións, ter as instalación á orde do día, presentables e perfectamente utilizables. O funcionamento das instalación deportivas en Carballo, salvo certas carencias estruturáis non achacables ós traballadores, funcionan e dan un servício máis que aceptable. Os "bos días" están ben e non sobran, pero para criticar, ampliar un pouco máis a visión.

3/3/11 21:07

 
Anonymous Anónimo said...

Con respeto a este último comentario, non se trata de quen den ou deixen de dar os bos días, sinon de que desempeñen a súa función, simplemente. Con esto refirome a certo monitor do ximnasio, que no seu horario laboral, sí, ese polo cal cobra, está a culrivar o seu propio en vez de vixiar aos usuarios se fan ben ou non os exercicios. Non sei se vostede entende dos prexuizos que poden ter os exercicios mal feitos, estamos a falar da saúde da xente creo eu!Así so se pide un pouco de responsabilidade e seriedade e volvo a repetir, gracia a dios non son todos!

3/3/11 23:11

 
Anonymous hasta los güevis said...

uy, uy, uy
mezclar la vena sentimental "dos nosos fillos e netos facendo deporte" con la mala gestión , la estafa y/o la chapuza para conseguir pasta por parte de xiria balonman es tratarnos como tontos. Hay que hacer las cosas, sí. Pero, si es posible, hay que hacerlas bien.
Y lo peor es que las chapuzas o atajos del Xiria no serían tan criticables si no contasen con la cooperación necesaria del concello de Carballo y su alcalde.

Ahora se rasgan las vestiduras cuando antes chanchullaron para conseguir la pasta.
Y el ayuntamiento prevaricó para dársela.
¿O cómo creéis que se llama a eso?
Buenos días y buena suerte.

5/3/11 12:26

 
Anonymous Anónimo said...

home, hasta los güevis
podias concretar algún deses atallos ou estafas ou chapuzas das que falas
porque deixarnos sin saber a que te refires e moi intigrante
se tes datos concretos podes expoñelos, porque falar de "conseguir la pasta" pode ter moitas interpretacións e significados

¿ou acaso estás vendendo fume e facendo ruido?

5/3/11 20:54

 
Anonymous hasta los güevis said...

Tengo mucho trabajo, no es el lugar ni yo la persona que deba explicar los atajos, estafas y/o chapuzas.
Supongo que los de xiria, que no dieron ningún tipo de explicación y se ampararon en el paraguas de los miembros del gobierno (quienes fueron religiosamente "explicando" en concepto de qué les daban la pasta a xiria), son los que deberían dar cumplidas explicaciones de sus atajos, conversaciones y encuentros en la cumbre. ¿O no sabemos todos quiénes son los que están detrás de los figurantes que a su vez estaban detrás de los concejales del psoe en el úlimo pleno?
¿quién maneja realmente los hilos del xiria balonmán?
¿dónde están los destacados miembros e incluso ex concejales y ex tertulianos del bloque?
¿y tú me lo preguntas?
¿qué es poesía...?
ide explicando...s´il vous plait

7/3/11 10:44

 
Anonymous Anónimo said...

o que eu digo, bla bla bla bla
pero non dis nada, ¿como que son eles quenes o teñen que decir? si o sabes pono aquí, e pon o nome de eses que manejan os hilos tamén, pon aquí en que gastaron os cartos, ¿en "orquestas" como en Fisterra e Mazaricos?
Hai moito "control" na Voz e en Radio Voz, e non so "control de sonido"

capichi??

8/3/11 13:16

 
Anonymous Anónimo said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

8/3/11 18:54

 
Blogger Carballo Dixital said...

Eliminamos o último comentario, porque non se pode acusar a ninguén de "meter la mano en el saco como si fuese suyo"

8/3/11 19:59

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner