Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, febrero 26, 2011

Reformas en seguridade


“El puerto de Razo sufre actos vandálicos continuos”, “Roban más de un kilómetro de línea telefónica en Seavia”, “Condenado a 14 años de cárcel el violador de una dependienta en la calle Fomento”, “Un joven recibe una brutal paliza en la puerta del instituto Monte Neme”, “Capturan a un carballés por el robo cometido en Mundo Sport”, “La Guardia Civil detiene a un vecino de Carballo y otro de Vimianzo con cable sustraído”, “El carballés Víctor Martínez Espasandín, Manzanita, fue detenido dos veces en un día por robar”. Parece un entrega do vello periódico “El Caso”, pero son titulares da nosa prensa local desta semana, e poderían selo de calquera outra semana nos últimos tempos.

Sen embargo hoxe escribimos cun pequeno atisbo de esperanza. Estabamos fartos de denunciar e reclamar medidas. A mil veces reclamada presenza da policía nacional non a imos ver polo de agora. Tampouco imos ver aquel novo cuartel da Guarda Civil que se ía construir hai xa un par de anos segundo nos anunciara o alcalde. E tampouco semella que se vaian aumentar significativamente as dotacións das forzas e corpos de seguridade. Pero algo se move: a Xunta, seguindo directrices do Goberno central, ven de plantexar agrupar as policías locais de varios concellos para facer sinerxia, coordinarse e prestar mellor servizo, e o que é máis importante, moitos concellos están de acordo, e de feito estaban a pedilo hai tempo. Carballo non está entre eles, pero se a marea se expande, abofé que podería e que debería estalo. Porque os nosos problemas de seguridade non empezan nin rematan nos límites municipais. Os nosos delincuentes locais actúan na Laracha e máis en Coristanco (e moito máis aló), e os delincuentes dos concellos veciños tamén nos visitan con frecuencia. De acordo, dirides que polo de agora son palabras e que nos conformamos con poco. Pero non é así, sucede que despois de tantos de non facer nada, ou de convocar reunións de seguridade para dicirnos que todo vai ben, e de predicar no deserto… por fin se plantexen reformas de verdade. Menos da unha pedra, e iso xa é algo, un punto de partida do que por suposto agardamos moito máis.

Polo de agora seguimos na mesma dinámica de sempre na seguridade de Carballo (por certo, outro titular desta semana “Los sindicatos impugnan las bases para dos plazas de policía en Carballo”), pero hai unha semente para que algo empece a cambiar. Coidémola e reguémola como merece.

Etiquetas:

17 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Moi na vosa liña, a culpa da delincuencia e do BNG de Carballo e a medida de Feijoo de agrupar as policias locais e o mellor do mundo mundial. A vos non se vos ve o plumeiro, a vos vesevos ata a campanilla da garganta.

26/2/11 10:38

 
Anonymous Anónimo said...

Carballo, Arteixo e Cerceda, son os únicos concellos que levan anos mantendo os seus Corpos de Policía e traballando as vintaecatro horas do día, e asumindo as súas competencias de Tráfico e Seguridade Cidadá. Os resultados nunca serán satisfactorios mentres haxa roubos, agresións e violacións, pero ó alcance de calquer cidadán de estos tres concellos está a labor prestada polos seus axentes, insuficiente, seguro, pero mal valorada tamén, e inxustamente as máis das veces.
Concellos coma Coristanco, Malpica,Ponteceso, Zas, Vimianzo, Laracha, Tordoia,Santa Comba, e agún máis, ¿que levan facendo os derradeiros anos pola seguridade dos seus veciños e empresas durante as noites? ¿Quen vixia as súas localidades cando o cidadán durme? E fácil esixir máis presencia da Garda Civil cando en moitos casos os seus Policías dedícanse a pasear ós seus Alcaldes.
Hai concellos que gastan cartos en manter parques móviles o máis actualizados posibles, mentres outros non fan outra cousa que aproveitar o préstamo que de cando en vez da a Xunta para renovar dito parque.
A pregunta non é tanto de cómo se vai mellorar as Policía Locales da comarca, sinon tamén facerse a pregunta de cantos cartos teñen gastado moitos concellos da comarca en manter servício policiais fictícios. Son datos que deberían sair a luz para mellor coñecemento xeral da realidade e do gasto que mantemos.
Penso que a unificación é obrigada. O cómo xa se verá, mentres haxa Alcaldes que queiran manter a súa Guardia Pretoriana e chóferes persoais nin a Xunta se vai impor.

26/2/11 13:21

 
Anonymous Anónimo said...

Como carballesa non me importa de quen é a culpa ou deixe de ser, o que quero é que se acabe con ese problema. Non quero criticar para nada a labor dos policías que moitas das veces non teñen liberdade para traballar. De que sirve que se esforcen en perseguir 1 delicuente se ao momento a xusticia o pón na rúa??O que sí é grave é que no informe de seguridade cidadana non apareza reflectio a brutal paliza que sufriu un mozo no Parque do Anllóns por defender a unha coñecida que estaba sendo agredida(que por certo, ben mal llo agradeciu xa que non se lembraba nin recoñecíu a ninguén, nin a súa familia,...). O que sí é certo é que rapaz ten secuelas de por vida e para as autoridades competentes non ten a mínima importancia!!Seguindo esta senda, de seguro non haberá solución a corto prazo.

26/2/11 16:03

 
Anonymous Anónimo said...

Es manipulación y propaganda política. Y punto.

26/2/11 23:28

 
Anonymous Anónimo said...

Si son obras para los bloqueiros que las paguen ellos pero que no las paguen con el dinero de los contribuyentes.

26/2/11 23:29

 
Anonymous Anónimo said...

A elaboración das estadísticas que fan os responsables dos Corpos policiais presentes en Carballo, Garda Civil e Policía Local, quero pensar que cada un deles fará a súa propia estadística, e me explico, está sin presentar o resumo das actuacións da Garda Civil, e teremos que esperar a ver si en esa si aparece reflexada esa agresión. A toma de denuncias e a posterior investigación e detención do responsable, foi labor da Garda Civil, entendo que non se reflexe nas estadísticas da Policía Local, e polo tanto nas presentadas polo concelleiro.

27/2/11 18:08

 
Anonymous Anónimo said...

Quero facer un comentario sobre as opinións vertidas no diario La Voz de Galicia por parte do Concellal de Policía, onde di que as funcións de vixiancia de Seguridade Cidadá son competencia exclusiva da Garda Civil e da Policía Nacional, e non tendo nada que ver en eso a Policía Local, neste caso a de Carballo.
A Policía de Carballo ten un servício de vintaecatro horas, e no servício de noite, ademáis de atender os problemas de tráfico que poidan acontecer, a súa labor fundamental é a de vixiancia da poboación, dos núcleos próximos e do polígono industrial. Si eu non entendo mal, todo eso é Seguridade Cidadán. A Policía responde e acude a chamadas, dende pelexas callejeras ata de violencia de xénero. Os roubos e furtos acontecidos nos últimos tempos na localidade foron combatidos pola Policía Local, e os detidos obtidos dese traballo, o foron por parte de axentes da Policía.
O que non fai a Policía é a posterior investigación na comisión de delitos simplemente por que as unidades especiais para esas fins tenas a Garda Civil (oficina de atestados, Policía Judicial, Policía de Investigación,toma de huellas,etc), esas cousas que poucas policías locáis fan en España, e dende logo a de Carballo, non o fai.
Non estou de acordo con que un Concellal de Policía diga na prensa tal afirmación, simplemente por que é devaluar o traballo de un Grupo. A Policía de Carballo non só está para o tráfico, e él, despois de catro anos ó frente sabeo, non me cabe ningunha dúbida.

27/2/11 18:22

 
Anonymous Anónimo said...

Esas opinións fanse con certo ánimo de evitar responsabilidades, como decindo que "o que pasa en Carballo pasa por que a Garda Civil non fai máis, e nós non podemos facer".
Tivo nos últimos catro anos a 23 homes baixo a súa responsabilidade, e o proveito que sacou deles, é tan só, a súa responsabilidade.
Vai marchar despois desta lexislatura, e quedan na súa conta varias cousas sin facer dentro da Policía: Restructurar o cadro de mandos ( 8 anos, con Andrade e Benedicto e todo sigue igual), a plantilla sin alcanzar o ratio de 1 policía X 1000 habitantes, sin solucionar o tema da segunda actividade e pleiteando cos policías por este asunto,incumplimento dunha RPT que tanto tempo e traballo costou conseguir, e en definitiva, sin conseguir levantar a imaxe de unha Policía que leva tempo á deriva profesional (8 anos con Andrade e Benedicto e todo sigue igual).

27/2/11 18:32

 
Anonymous Anónimo said...

Ai Benecditiño!!menos mal que ata os teus propios compañeiros/as se deron conta de que o posto de concelleiro lle queda ben grande!Xustamente hoxe nas declacións que fixo á prensa non contou o roubo sufrido no campo do San Lorenzo que nin portas lle deixaron!!eso é transparencia da que todos vostedes presumen??Si en Carballo non hai delincuencia ningunha oh!!e os delitos que saen na prensa( non todos polo que vemos) son invencións destes do PP que xa non saben que facer do nerviosos que están.Mire como serán as expectativas segundo as sondaxes publicadas Na Coz de Galicia hoxe. Non serán vostedes os que se atopan nesa situación de nerviosismo polas enquisas que realizaron telefonicamente, nas que recibiran malas contestación???
Por certo Don Bieito, a paliza á que fai referencia o PP, non se da conta que foi a acontecida en agosto no Parque do Anllóns, e non a desta semana?????'QUE NO TE ENTERAS CONTRERAS. Que ata o propio Evencio o desacredita diante do persoal do Concello¡¡¡

27/2/11 21:30

 
Anonymous Anónimo said...

a cuestion non é de quen sexa a competencia, senon de que a hora de facer un balanzo da situación da seguridade cidadán en Carballo, se califique de "optimista".
Eu non me meto en politicas, pero é certo que a sensacion de medo entre os mais mozos existe, que as ameazas e as agresións, mais ou menos leves, existen e que se pode falar de impunidade e de medo a denunciar, o que non queira velo, está dándolle as costas a realidade

27/2/11 22:30

 
Anonymous Anónimo said...

Este señor necesita una dedicación exclusiva para poder desarrollar su labor. Aquí el problema es que por culpa del PP no podemos tener concejales con dedicación exclusiva en todo, y así no hay manera de trinc...quiero decir de hacer las cosas.

28/2/11 08:50

 
Anonymous Anónimo said...

Por suposto, dedicación exclusiva e teléfono móbil para chamar ás meigas, porque será a única maneira de que esta persoa faga algo ao caso!!

28/2/11 14:14

 
Anonymous Anónimo said...

Quero deixar aberta unha hipótese. O informe do Concellal, ó que se lle acusa de falsear os datos facilitados nun informe publicado sobre o índice de delincuencia no Concello, pode estar feito directamente por él mesmo, datos diarios non lle han faltar, ou tamén pode ser que ese informe fora feito por terceiros, e él o fixo propio por decisión persoal. Si o caso é a primeira opción, entendo que o concellal debe sair e aclarar. Si o caso e a segunda opción, tamén debe sair e aclarar. De ser este último, interesaría saber si adoptará medidas por un traballo mal feito por quen debería ser funcionario, para abrir canto menos un "expediente informativo". Os traballadores do Concello, saben, por que algúns deles xa sofriron en varias ocasións, a aparcición de informes "moi interesados" de parte. E agora pregúntome: ¿Foi o Concellal víctima de alguns desos informes? De ser así, que lle pregunte ós traballadores, que de eso saben un rato.
Pero en todo caso, debe sair e aclarar.

1/3/11 11:54

 
Anonymous Anónimo said...

Pobre señor Benedicto, (pobre e un decir que cobra anualmente uns 25 mil)
Desprecia a policia local o domingo na Voz, dicinto que non son competencias da policia a seguridade cidadan. Por dios Bene perde un pouco de tempo e instruete lendo a lei 1/92 de forzas e corpos de seguridade a cal recoñece a policia local como policia xudicial.
Desprecia a policia local na tv bergantiños, mentindo ante as camaras e decindo que os vehiculos cedidos pola DXT (radar e etilometro) son prestados a outras policias para a sua utilizacion. Dende que foron entregados estan a pudrirse nunha nave, xunto con outros vehiculos inmovilizados.
Podrianos seguir e seguir pero para que, o mesmo partido dalle unha patadiña no cu e chimpao da comedeira.
Pero Carballo va bien funciona to
Un saludo de lobo

1/3/11 18:41

 
Anonymous Anónimo said...

Non vos engañedes. Ainda que vaia de iñorante, este home sabe perfetamente o que di. Sabe que está mentindo e faino con todo descaro. Pero de seguro que non fai nada sin seguir as ordenes do seu xefe. Así que o culpable non é este pobre (ou rico) home, sinon quen non o botou fora hai moito tempo.

2/3/11 00:12

 
Anonymous Maria Santousa said...

Imos aló...
Desafortunadas declaracións do concellal de policía. Gustariame ollar como asumiendo as súas declaración, emitira unha orde de servizo para a policia local ordeando que unicamente se dedicasen o trafico e ordeanzas municipais.
Pero tamen son desafortunadas aquelas outras declaracións que olvidan que no seu momento, as agora feitas polo concellal Benedicto Viña, xa foron feitas no mesmo sentido polos concellais Eirís e Basilio Fraga.
Eu preguntolle os policias locais de Carballo si teñen algunha orde de servizo ou instrucción por escrito na que se lle ordea derivar cara a Garda Civil aquelas denuncias e averiguacións de feitos punibles.

7/3/11 16:45

 
Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Ainda que levo algún tempo afastado da actualidade pola miña lonxanía xeográfica, non podo evitar intervir nesta polémica sobre as obrigas da policía local de Carballo.
Teño lido con profundo asombro as declaracións que tanto o concelleiro de policía coma o alcalde realizaron en datas recentes na prensa dixital declarando que o concello non ten competencias en materia de seguridade, e, coma de cotío, ofrezo humildemente a miña opinión.
E tal opinión resúmese moi sinxelamente na lectura do que a Lei 4/07 de coordinación de policias locais de Galicia di no seu artigo 8:

Artículo 8.-Funciones de los cuerpos de Policía local.
1. De acuerdo con lo dispuesto en el artículo 53 de la Ley de fuerzas y cuerpos de seguridad, son funciones de los cuerpos de la Policía local las que se indican:
a) Proteger a las autoridades de las corporaciones locales y vigilar o custodiar sus edificios e instalaciones.
b) Ordenar, regular, señalizar, denunciar infracciones y dirigir el tráfico.
c) Instruir atestados por accidentes.
d) Policía administrativa.
e) Participar en las funciones de la Policía judicial, en la forma establecida en la normativa vigente.
f) La prestación de auxilio, en los casos de accidentes, catástrofe o calamidad pública.
g) Efectuar diligencias de prevención y cuantas actuaciones tiendan a evitar la comisión de actos delictivos en el marco de colaboración establecido en las juntas de seguridad.
h) Vigilar los espacios públicos y colaborar con las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado y con la Policía de Galicia en la protección de las manifestaciones y el mantenimiento del orden en grandes concentraciones humanas, cuando sean requeridos para ello.
i) Cooperar en la resolución de los conflictos privados.
j) Cualesquiera otras funciones en materia de seguridad pública que, de acuerdo con la legislación vigente, les sean encomendadas.

Creo que sobran os comentarios. Os apartados 1.e), g), h) e j) refírense á seguridade cidadá. E, por si algún ainda anda perdido, recoméndolle ler a Lei 2/86 de forzas e corpos de seguridade, que adica un título completo á policía local, atribuíndolles competencias de seguridade cidadá. Ou a Lei orgánica de seguridade cidadá 1/92que recoñece ó alcalde o carácter de autoridade en materia de seguridade cidadá.

Logo de oito anos de goberno, o alcalde debera coñecer as súas obrigas e competencias ou buscar algunha outra escusa mellor elaborada, porque isto é tratar ós carballeses de parvos.

10/3/11 21:53

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner