Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, marzo 04, 2011

Pantasmas na biblioteca



No medio das moitas polémicas referidas ó deporte, a delincuencia e mailas contas municipais, a semana que remata déixanos outra nova que pasou desapercibida. A nova biblioteca comarcal, unha obra dun millón e medio de euros financiada polo goberno central, ven de sufrir unha nova demora na súa tramitación.

Cousas de burocracia, cabe pensar, aínda que o certo é que a burocracia sempre estivo aí e que non é a primeira nin a segunda nin a terceira nin a enésima vez que sucede. Desta volta resulta que a xunta de goberno local ten que estudiar os cambios que se introduciron no pliego de condicións. Un retraso que se suma a outros, xa que en principio estaba previsto licitar a obra no ano 2011 e aínda terá que agardar polo menos outros 15 días, para que suceda, a finais de marzo. Certo é que o prazo que o Estado lle da ó Concello para rematar as obras chega ata finales de 2012, de modo que, coma di o anuncio, “maloserá”.

Pero non estaría de máis que dunha vez se planificaran un pouco mellor as obras e os seus trámites en Carballo. Porque a cantidade de retrasos, fiascos e chapuzas que levamos acumulados parecen cousa de pantasmas.

Etiquetas: , , ,

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pese a que el comentario no tiene relación con la entrada, me veo obligado a decir que en este blog se debería tratar más el tema de las zonas conflictivas de Carballo y del problema con los moinantes, cosa que La Voz de Galicia está haciendo últimamente.

6/3/11 05:16

 
Anonymous Anónimo said...

Por cierto, Sr. Evencio, quiere usted que Carballo sea "un bo lugar para vivir". Pues eche fuera de aquí de una maldita vez a los moinantes, fuera con los asentamientos ilegales.

6/3/11 05:23

 
Anonymous Anónimo said...

Frase para la historia del BOE:
"El ejecutivo municipal no fue capaz de cuantificar las inversiones que se han realizado en estos cuatro años"

presumiendo de gestión eficaz

6/3/11 10:19

 
Anonymous Anónimo said...

preguntalle a Manuel Varela polo Medallas, igual o conoce de algo

6/3/11 23:30

 
Anonymous Anónimo said...

Pois Varela seguro q o coñece, pero mellor seria preguntarlle a Lois Lamas, q non hai moitos dias compartia mantel con el.

7/3/11 00:16

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner