Acabou a ronda de chats
Evencio Ferrero foi o último dos candidatos á alcaldía de Carballo que pasou polo ordenador de La Opinión a respostar ás preguntas dos internautas. Unha iniciativa que se leva a cabo por primeira vez e que dende aquí non podemos por máis que apluadir unha vez máis. Por unha vez os carballesese temos a oportunidade de falar e cuestionar directamente ós nosos políticos, sen pasar pola censura, polo tamiz, ou pola manipulación de terceiros.
Non obstante, temos que advertir que este último chat co alcalde carballés foi máis ben un semi-chat ou un pseudo-chat. De feito poderiamos titulalo como “ti pregunta o que queiras, que eu hei respotar o que me pareza”. Sabíamos da habilidade dialéctica do veterano político nacionalista, en especial para evitar mancharse nos temas espinosos cambiando de tercio, e tamén sabiamos que estaba afeito a conceder entrevistas máis ben amistosas, e non tanto a enfrentar preguntas incómodas coma as que recibiu hoxe. Tanto é así que o alcalde resultou ser o candidato con máis comentarios negativos dos 4 participantes. E nesa tesitura optou directamente por esquivar o choque mediante a táctica de desprezar o contido da pregunta ou ben sinxelamente falar de cousas diferentes. A nós recordounos a aquel famoso diálogo de besugos de “Con faldas y a lo loco”. Recomendamos ler a entrevista completa, pero non podemos evitar entresacar algúns exemplos:
11. ¿Cal cree que foi o seu maior erro como alcalde de Carballo?
» Non se equivoca quen non conta. DE todos xeitos son tantas as melloras conseguidas que sempre me quedarei cos avances conseguidos.
15. ¿É certo que na agrupación deste ano do BNG hai xente procedente de partidos de ideoloxía comunista?
» A candidatura do bng está integrada por personas comprometidas con Carballo e con Galiza.
37. ¿Esta vostede satisfeito coa politica de cemento que levou a cabo como alcalde de barballo?
» Como alcalde de Carballo estou altamente satisfeito que Aspaber sexa a empresa que realiza a limpeza viaria
45. ¿Como creer que no pactará con quien le haga falta, si usted demuestra cada día que no cumple su palabra? ¿Porqué el sr. Manuel Andrade dice que no se fía de usted?
» (Sen resposta)
52. Como es capaz de falar e contestar sempre sen decir nada e sen contestar a nada concretamente. Porqué alguns traballadores do concello que levamos moitos anos traballando cobramos menos que outros que entraron con vos , facendo o mesmo traballo?
» Reitero que a aplicación económica da RPT está condicionada polas disposicións legais que foron dictadas desde o goberno do estado
En calquera caso, noraboa a todos os responsables e participantes nesta ronda de entrevistas. Que se repita e que cunda.
Etiquetas: política local
3 Comments:
La verdad, ¿qué podíamos esperar de este señor? Se debe creer que por su puesto tiene un perfil intelectual mucho mayor que los ciudadanos. Podía esperarme que le tentara evadir alguna respuesta, pero para nada el desprecio hacia algunas preguntas, le faltó decir que él y sólo él tiene la razón. Me recuerda a una entrada antigua del blog en que se insinuaba que Evencio es Dios.
12/3/11 13:40
Tranquilo Evencio, dous mesiños e para casa.
12/3/11 14:05
o señor Andrade di que Evencio non é de fiar porque xa o demostrou moitas veces: as medallas quereas colgar todas e os erros e fracasos sempre son de outro:os técnicos, o concelleiro X, a concelleira Y, os do PP, María Santisima...
Evencio nunca falla, é un xenio! ou cala ou mira cara outro lado.
E algun ainda pensa que é un tipo de fiar?
Eu non
13/3/11 10:07
Publicar un comentario
<< Home