Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, mayo 04, 2012

Cómo se gastan os cartos en tempos de crise

Xa sabemos que non se fala doutra cousa. Desque comezou a crise e desque os recortes de todas as administración chegan a todos os ámbitos, cada día sabemos máis de economía, de orzamentos, financiación, débedas, e singularmente de canto costan moitos dos nosos servizos públicos, e en qué se gastan os cartos os nosos gobernantes. Hai uns anos, sobre todo en determinados campos como por exemplo a cultura, ninguén poñía en dúbida que se gastara cantos cartos se considerase preciso. Agora, todos miramos con lupa cada inversión. E resulta moi posible que incluso nos esteamos a pasar un pouco, e que estamos a poñer en solfa algúns gastos que se cadra tampouco serán para tanto. Pero é que cando a todos nos están a tocar o noso bolsillo cada día, os agravios comparativos se volven insufribles. E por iso os nosos políticos deberían de ser especialmente cuidadosos, por aquello de que a muller do César debe dar exemplo e parecer honrada.

Ven toda esta introducción a conto da noticia que saltaba nas últimas datas. Resulta que a pesar das dificultades de diñeiro, e a pesar de que o propio alcalde Evencio xa adiantou futuras subidas de taxas nos servizos municipais (coma por exemplo, piscinas e conservatorio), o goberno do BNG de Carballo non deixa de celebrar un acto imprescidible para os carballeses: o “Concurso de Artigos Normalizadores”. E resulta especialmente chamativo que o gañador desta edición non é outro que o mesmísimo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, un destacado militante e activista nacionalista, ó que todos os carballeses lle vamos a entregar 1.000 euros dos nosos cartos públicos. E non vamos a poñer en dúbida a que seguro que foi unha tarea difícil e rigorosa por parte dun xurado seguro que de prestixio. E tampouco vamos facer  demagoxia, nin dicir que por 1.000 euros ninguén se vaia facer rico, nin se vaia arruinar o Concello. Pero hai cousas que atentan tando contra a ética e contra a estética que fan dano á vista, e nos tempos que corren, gastar os cartos de todos para facer proselitismo político e financiar ós amiguiños inspira unha serie de sentimentos que nos imos a calar para non ofender a ninguén.

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner