A táctica de Mourinho
Non temos por costume falar de fútbol no noso blog, e menos aínda de polémicas mediáticas vencelladas con el. Pero hoxe veunos á mente o famoso adestrador do Real Madrid a conto da estratexia de comunicación que adoita empregar o noso alcalde Evencio, e que nas últimas datas quedou especialmente en evidencia.
Porque sen ir máis lonxe no último pleno un dos puntos de fricción co Partido Popular foi a solicitude da oposición de que a concelleira de Facenda comparecese para dar explicacions sobre as contas do Concello de Carballo a día de hoxe; ou máis concretamente o feito de que o alcalde decidiu retrasar esta comparecencia deixando ós populares coa palabra na boca. Un acto de escapismo/ escaqueo que xa temos denunciado moitas veces antes en CD, e que, aínda que poida estar amparado pola lei, amosa o escaso apego que Ferrero lle ten á transparencia e a dar explicacións da súa xestión.
Pero é que resulta que esta mesma semana o Valedor do Pobo facía público o seu informe anual, onde se recollen as estatísticas de queixas presentadas polos cidadáns de toda Galicia. E Carballo aparecía de novo en negrita entre os demais concellos da zona, porque ademais de ser maior o número de veciños que recurriron a protestar ante o Valedor (cousa en parte lóxica por ter maior poboación), o Concello amosou escasa ou nula dilixencia en respostar os seus requerimientos de información, circunstancia que atribúe a Carballo a calificación de “hostil”. E isto xa non é lóxico, senón que ven a dar a razón tanto ó PP coma a moitos cidadáns que protestan pola “lei do silencio” que o gobernó do BNG impón en todos aqueles asuntos que lle resultan incómodos. É dicir, que cando se gaña un partido, Mou-Ferrero comparece en persoa ante os medios facendo gala da súa oratoria, e cando se perde, búscase unha Karanka que coma o marrón, ou ben todos a calar. Claro que, por desgraza, o nacionalista só lle asomella ó portugués en este aspecto negativo, e os resultados dos seus mandatos na capital de Bergantiños están moi lonxe dos récords e os títulos de don Xosé.
Etiquetas: administración local, Evencio Ferrero
1 Comments:
O autor deste blog é extraordinario: ata le a páxina do Valedor a diario para saber cando publica o seu informe anual!! Ríndome ante este control, este dominio, esta erudición. Parabienes.
2/4/12 23:56
Publicar un comentario
<< Home