Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, febrero 22, 2012

Acabouse a festa (para todos?)



Imos cheos de escoitar a primeira parte desta frase dun tempo a esta parte. É a forma máis sinxela de explicar que a barra libre e os gastos de todo e para todo pertencen xa ó pasado, e que toca estudiar, racionalizar e gastar só nas primeiras necesidades.

Por iso non resulta particularmente sorprendente a último decisión do goberno local de Carballo: suprimir as axudas a todas as festas das parroquias. En efecto, semella que todos (ou a grande maioría) estaremos de acordo en que, postos a recortar, as festas son o menos imprescindible. Claro que non sempre chove a gusto de todos, sobre todo cando as decisións tenden a producir agravios comparativos. E decímolo porque, pola contra, os Evencio boys & girls non suprimen a financiación municipal para o San Xoán (aínda que presumimos que, como xa sucedeu o ano pasado, vai ter un orzamento mermado). Xustifica Luis Lamas que as festas do noso Patrón Bautista son para todo o Concello, e non lle falta tampouco razón niso. Pero non deixa de ser inxusto que os cidadáns do casco poidan desfrutar dos festexos sen pagar directamente do seu bolsillo, mentres que os das parroquias teñan que financialas directamente pedindo polas casas. Porque se o San Xoán é para todos, ninguén lle impide tamén á xente de Carballo ir á festa a Berdillo, a Rus ou a Cances, e de feito hai moitos que o fan. Se cadra poderíase ter buscado un sistema un pouco máis equilibrado a nivel municipal, e se cadra as novas circunstancias económicas tamén aconsellarían que a comisión do San Xoán se reprantexase o seu sistema de financiación.

Pero en calquera caso, o que nos tememos é que esta decisión vaille supoñer o Concello máis dun descontento no futuro próximo cando falemos doutro tipo de gastos. Porque se prescindibles son as festas en tempos de crise, non menos prescindibles son, por exemplo, toda esa serie de actividades “normalizadoras” e actos “culturais” varios, de marcado carácter ideolóxico, ós que o BNG nos ten afeitos, e que polo de agora, que saibamos, non semellan terse visto afectados polos recortes. Porque todos asumimos que hai que apretar o cinto, pero moitos non aceptan que, como dicía Orwell, uns sexan máis iguais ca outros.


Etiquetas: , , ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

pois é moi fácil de entender porque se fai: o Bloque perdeu moitos votos nas parroquias nas últimas municipales, e ahora toca castigar ós veciños por non lles votar. Por eso en Carballo sigue habendo de todo: teatros, festas e todo de balde, pa non perder votiños.

23/2/12 10:00

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner