Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, enero 25, 2012

Non molestemos ós chavales



Está estes días de actualidade novamente o tema de botellón (¿nalgún momento deixou de estalo?). O problema que hai ó respecto en Cee e a recenté intervención policial na Coruña fixeron que se relanzase o debate, e a tal respecto os reporteiros do BOE preguntaron ós alcaldes da zona pola súa postura, entre eles loxicamente o de Carballo, onde fai anos que en moitos dos nosos recunchos (sobre todo no Parque do Anllóns) convivimos co ruido, as borracheiras adolescentes (ou case infantiles), as vomitonas, o lixo e ocasionalmente con algún incidente que xa ten causado danos persoais importantes.

Problemas todos estes que para don Evencio Ferrero non son tales. De feito o noso alcalde opina que na capital de Bergantiños o botellón non constitúe ningún problema especial, que só hai “pequenas reunións”, e que dende o Concello basta con localizalas “para evitar que os rapaces que fagan ruido e deixen todo limpo”. O alcalde non precisou se llo piden por favor, se lles poñen estufa para que non pasen frío, ou se lles levan un colacao antes de volver a casa, que como di Róber Bodegas, nesas circunstancias senta de p… moi ben. Pero tendo en conta as declaracións e o tono do señor alcalde, parécenos bastante probable. Por suposto, da consumición de bebidas na vía pública, do alcoholismo e das borracheiras pilladas por rapaces que en moitos casos non chegan nin á consideración de teenagers, deso nin falar. E de aplicar leis, multar, ou poñer orde, moito menos. Faltaría más, iso sería cousa de fascistas. Os chavales habían quedar traumatizados. Ante todo bo rollo e levarse ben cos rapaces, que nuns anos han cumprir os 18, terán dereito a voto, e non vaiamos acabar coa galiña dos ovos de ouro…

E como sabemos que nesta vila as verdades son difíciles de decir e moitas veces tamén de escoitar, pois aquí queda a nosa denuncia. E cando o señor alcalde se faga fotos e presuma de promover a vida saúdable (campañas ten feito xa) e loitar contro o consumo de drogas (por certo, 20 aniversario de Vieiro, ben gañados parabéns), agardamos que haxa alguén maís que saiba poñelo no seu lugar. Porque o único botellón que nos gustaría que fixera a nosa xuventude é este que tan ben debuxou José Mota:



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner