Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, diciembre 30, 2011

¡Qué bello es manipular!


Cando estamos a piques de rematar o ano e nos dispoñemos a facer repaso do máis destacado deste 2011 e previsión do que pode acontecer no 2012, non podemos evitar referirnos hoxe a un exemplo perfecto de algo que dende CD vimos denunciando reiteradamente: a descarada manipulación informativa que se da nalgúns (por non dicir todos) medios convencionais. E no caso de Carballo, o xa rebautizado BOE (Boletín Oficial de Evencio), regálanos hoxe unha desas páxinas imperdibles. Unha páxina que, coma nas películas de Capra que sempre se repoñen por estas datas, ou coma nos contos de Dickens que sempre se releen cada Nadal, leva incorporada a súa dose melodramática, ese punto conmovedor e moralístico que conduza o lector na dirección axeitada… para algúns.

Comecemos a historia polo principio. Cando hai 2 anos e medio Alberto Núñez Feijoo accediu á presidencia da Xunta de Galicia, un dos seus compromisos fora o de reducir o tamaño da administración, eliminado duplicidades entre organismos e suprimindo os famosos “chiringuitos”, eses entes que medraron coma cogumelos durante a etapa Fraga e seguiron a facelo durante o bipartito, con gastos considerables e sen ningún beneficio para o cidadán. Entre eses entes figuraba a rede de Centros de Desenvolvemento Comarcal, amplamente criticada dende todo tipo de posicións ideolóxicas, e nomeado coma exemplo máis claro de chiringuito. Cabe destacar que a decisión de acabar cos chiriguitos foi entuiastamente recibida pola Voz de Galicia. Sen embargo, cando na primavera deste ano se cumprían os dous primeiros anos de goberno Feijoo, o propio diario de Fernández Latorre censuraba que o presidente xunteiro non cumprira coas súas promesas, e que se ben se tiña reducido o número de organismos, quedaba aínda moi lonxe do que sería esixible.

Ata aquí o prólogo da historia. Chegamos agora á actualidade. Resulta que finalmente o PP ven de dar outro paso adiante nese camiño tanto se lle reclamaba dende algúns foros coma os voceiros, e ven efectivamente de cargarse os chamados Centros de Desenvolvemento Comarcal, que no caso de Bergantiños se localiza en Buño. Acabáramos! O mesmo diario que na súa edición galega clamaba contra esta clase de entes, pon agora o berro no ceo na súa edición local presentando coma catastrófica unha medida que antes fora insistentemente reclamada: unha vez máis predicamos ex cátedra ata que nos toca dar trigo ós que temos cerca.

Pero a cousa non queda aí. Cando aínda a noticia acaba de coñecerse, cando falta por articular que destino se lle dará ós edificios destes centros, e para poñerlle un toque Capra á historia, os xornalistas do BOE crean un terrible drama en torno ó futuro que lle espera a unha colección de pezas de olería que actualmente se expoñen na sede do centro (tremendo problema, dificilísimo de resolver). E que sucede nese momento? Pois que por suposto aparece o héroe. Un paxaro? Un avión? Non! É Evencio Ferrero! Que ven a salvarnos do malvado Feijoo e ofrécese, bo e xeneroso, de balde, para traer as pezas a Carballo e que non se perdan… Non nos digan que este guión non faría unha entrañable película navideña.

Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

que as leven pa a casa dos oficios que así terán algo que enseñar dentro que si non non saben que han facer con ela.

30/12/11 16:44

 
Anonymous Anónimo said...

Si alguien ha leído esta mañana el BOE, se habrá dado cuenta que ahora los "vertederos incontrolados" son de tamaño gigantesco. Véase la foto adjunta: ¡un vertedero incontrolado de CUATRO objetos!!!
En breve, estos "periodistas" informarán de "vertederos incontrolados" de colillas en las aceras de Carballo, y, ya de paso, del estado de salud con el que se ha levantado el señor alcalde cada mañana... ¡Qué vergüenza!

11/1/12 23:55

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner