Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, diciembre 15, 2011

E xa van 6 anos


Vai ser cousa da idade, pero o pasado 16 de novembro Carballo Dixital cumpría 6 anos (que se di ben pronto) e non nos deramos de conta ata hoxe. Todos aqueles que se teñen aventurado neste mundo dos blogs saben do fácil que é comezar… e do difícil que é manterse, sobre todo cando non se é profesional. Por iso, pese ás dificultades, dende CD queremos darvos as grazas a todos os que nos seguides, porque nos dades forzas para manternos ó pé do cañón 2200 días e case outros tantos posts despois.

Aínda que nos últimos meses nos temos tomado un certo descanso (tampouco a actualidade local está a ser apaixonante), agardamos (sempre que nada nolo impida) arrancar o temible 2012 con forzas renovadas. Vémonos na rede.


Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner