Aquí hai tomate
Habemus tomate. Se xa sospeitabamos que a comisión de investigación sobre a contratación dunha candidata do BNG por parte do Concello podía traer moita cola, o propio alcalde Evencio ven de confirmalo… indirectamente.
Porque se ben ata o de agora a táctica do nacionalista consistía en desviar a atención sobre o asunto apuntando as dietas dos concelleiros da oposición, logo de que se verificase que a comisión vai adiante, a súa reacción é outra ben distinta e absolutamente reveladora para quen queira vela. Primeiro porque, como outra parte sole acontecer cando aparece un problema, quen sae a á palestra non é o propio Evencio Ferrero, responsable máximo, senón outro concelleiro enviado que nin sequera formaba parte do goberno en lexislaturas anteriores, Xosé Regueira (pero que se da a casualidade de que é o cónxuxe ou compañeiro sentimental da anterior concelleira de Servizos Sociais, Dores Silveira, baixo cuxo mandato conseguiu a praza a candidata do BNG). E segundo porque a postura do BNG, lonxe de prantexar un “a min que me rexistren” e proclamar a súa inocencia, resulta que consiste en ameazar ó PP con “facer funcionar o ventilador” e revisar os anos de goberno do Partido Popular, nos que asegura que se destruiu documentación (fonte: A Nosa Costa). É dicir, “y tú más”… polo tanto confeso que eu tamén.
Etiquetas: contratación, contrataciones irregulares, funcionarios, política local
4 Comments:
É vergonzosa a actitude ameazante do BNG. Se realmente hai probas de que se cometeron irregularidades na época na que gobernou o PP, xa están tardando en presentar denuncia. Están no seu pleno dereito.
Outra cousa é que lle estean vendo as orellas ao lobo, e que realmente haxa algo que agochar.
Por favor, que deixen traballar á comisión e que pague quen cometese irregularidades. Y punto.
Que ruíns nos volvemos cando o vento sopra en contra...
29/11/11 20:59
Este señor ha pensar que todos somos parvos. Mira que decir que faltan os papeles porque os destruiu unha xestoría. ¿E logo as oposicións fanse nas xestorías? Eu toda a vida vin tribunais de políticos e de funcionarios dos concellos, e os expedientes gárdanse no concello. ¿Non hai un arquivo no de Carballo ou será que o novo concelleiro ainda non se enterou?
A veces é millor decir que se perden as cousas para que non se poidan mirar, e o Bloque mirou e remirou durante moitos anos, e chegou ós xuzgados, e alí perdeu sempre. Logo gobernou, e non dixo nada. Agora tarde piaches...
29/11/11 23:49
O do alcalde é de coña. Resulta que como fai 3 anos que pasou, ahora non se pode revisar o que fixo. Hai que botarlle güevos!!!
30/11/11 12:33
Los pasos típicos de los Bloqueiros ante un marrón:
1º Hacerse el loco
2º Amenazar
3º Taparlo como sea, por lo civil o lo criminal.
1/12/11 00:28
Publicar un comentario
<< Home