A campaña na rede
Nesta xornada de reflexión é o momento de facer un pequeno repaso do que foi a campaña electoral destas eleccións xerais, marcadas pola crítica situación da economía española. Probablemente esas circunstancias nacionais tan específicas fixeron que o debate se alonxase da nosa realidade más inmediata, e que a campaña a nivel local e comarcal fose bastante menos intensa do habitual.
Probablemente foi o PP o que máis empeño lle puxo, xa que presenta a unha candidata no número sete da súa lista, que ten posibilidades de chegar a sentarse no Congreso de Madrid se ó longo da lexislatura se producen movementos. Os populares de Sueiro e Marga Varela fixeron un maratón bastante intenso para chegar a moitos recunchos, e levaron un blog de campaña.
Os nacionalistas do BNG tamén levan un candidato local, xa que Evencio Ferrero figura na súa lista, aínda que sen posibilidades de saír. Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera protagonizaron un mitin no Pazo da Cultura (moito menos concurrido que noutras ocasións), que o Bloque ven de colgar en youtube.
E por último o PSOE foi o máis discreto dos tres partidos da comarca. O momento non lle pode ser máis adverso ós socialistas; o seu candidato da zona é nada menos que un ministro, pero da outra punta da Costa da Morte, e ven de formar parte dun gobernó que perdeu demasiado crédito. De feito, o mitin de Carballo, protagonizado polo propio Francisco Caamaño, foi un pinchazo considerable, e o equipo de Viña aspirará probablemente a mellorar os resultados das locais e manter o tipo á espera de tempos mellores.
Etiquetas: campaña electoral, elecciones eleccións, política local
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home