Críticas do FIOT
Para todos aqueles que non podedes asistir ó FIOT (que somos moitos), existen varios consuelos dentro da rede. O máis interesante probablemente é o blog do noso veciño Santiago Pazos (buscádeo na barra de enlaces da dereita). Dun tempo a esta parte proliferan as análises, comentarios e críticas sobre das obras que se representan na mostra de teatro carballesa, e como non tamén as bitácoras participan do evento. Pódense compartir ou non as opinións de Santi, pero o certo é que non deixan indiferentes. Orixinal, fundamentado e sobre todo interesante… mesmo con vídeos do teatro na rúa. Non o perdades. Nós xa somos fixos, e aquí non hai reserva nin hai que facer cola.
Etiquetas: Festival outono teatro FIOT
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home