FIOT 2011
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcrmlVyduJShLNgFTNhsnQC1p5SJpld-x9tEKckaZSI9jv-jVyF3KpzwR8uox9PcPvF4W8hn6M0C_rmQqy2a2jOIPH6RrUyNexOEeIZzFMSaRT6wsyPOmKxRFl_7NBfsk5FXFF/s320/cartel_fiot.jpg)
Xa está aquí a edición 2011 do Festival Internacional de Outono de Teatro, que acada o número redondo de 20, como ben nos recorda o seu cartel promocional.
E un ano máis, e a pesares da crise, mellora a oferta. Nuria Espert ou Yllana son algúns dos pratos fortes deste ano, onde ademais das representacións no auditorio do Pazo da Cultura, teremos tamén a continuación de iniciativas coma o OTNI, adicado ó teatro experimental, a Rúa dos Contos (que comeza xa este xoves no Valle Inclán), o concurso de teatro lido, “cafés” para dialogar coa xente do teatro, ou animación nas rúas. En total case que un mes cheo do mellor teatro galego, español e internacional.
Na web www.fiot.org podedes descargar un completo tríptico con toda a información que precisades. Non vos fagades de rogar polos abonos, que logo se esgotan.
Etiquetas: Cultura, Festival outono teatro FIOT, pazo da cultura
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home