Sorprendente outono
Despois dun verán escaso en novedades informativas, o día 21 de setembro comezaba unha estación de outono que nos está a deixar abundantes sorpresas. Mais aló do inesperado verán que disfrutamos ata hai escasos dous días (e que nós tamén aproveitamos para repoñer forzas), de pronto as noticias agólpanse e fano en moitos casos de xeito inesperado. Sen ánimo de competir cos famosos “via crucis” de Santi Pazos, imos facer o noso particular “semi-via crucis” de repaso da actualidade:
Estación I: Viña xa non é Viña?
Finalmente os tres partidos da oposición carballesa sacaron adiante a súa moción referente ó proxecto do parking soterrado na praza do concello. Para máis inri, foi José Antonio Viña o máis incisivo dos portavoces. Cambiou definitamente Viña o seu discurso, ou é unha estratexia preelectoral? Sorprendente en todo caso.
Estación II: Póker de obras
Despois de promesas incumpridas nos mellores anos de bonanza económica, e en plena crise inmobiliaria, financieira, de crédito, de débeda, e de todo… resulta que comezaron as obras tanto da autovía da Costa da Morte coma do Parador. Sorpresa neste caso para ben.
Estación III: unha carballesa na carrera de San Jerónimo?
Outra sorpresa positiva. A concelleira carballesa Margarita Varela figura no número sete das listas do PP ó Congreso dos Deputados para o 20N. O PP ten catro deputados e aspira a subir a cinco. Tendo en conta os habituais movementos que se producen por nomeamentos e outras eleccións, por primeira vez que nós lembremos existe a posibilidade real de que a comarca de Bergantiños acabe tendo representación no hemiciclo da carrera de San Jerónimo. Tampouco figuraba isto en ningún guión.
Estación IV: Evencio tamén pide o imposible
Hai uns días titulabamos “Seamos realistas, pidamos lo imposible”, para referirnos á moción da oposición carballesa sobre o parking. Daquela Evencio rexeitaba a idea como algo inalcanzable… pero agora o líder nacionalista volve á carga para reclamarlle á Xunta que acometa a terceira fase do polígono a fin de non perder unha axuda europea. E faino xusto cando se está cos últimos trámites dunha segunda fase, que (pese ós moitos retrasos) ven de supoñer unha notable ampliación do polígono existente, e que está completamente baleiro e cunhas expectativas de ocupación escasas ou nulas en tanto non remonte a situación económica (Deus sabe cando). En resumen: o que lle toque pagar á Xunta será posible, o que lle toque pagar ó Concello será imposible.
Estación V: outro concelleiro que causa baixa
Podería ser unha pregunta do 1,2,3: por x euros á resposta, dígannos nomes de concelleiros que non remataron a lexislatura nos últimos 10 anos en Carballo. Seguro que lles saen case unha ducia de nomes, por moi distintos motivos. Desta volta tócalle a Guillín, o concelleiro de promoción económica, que abandona Carballo para emprender a aventura americana, pois asuntos laborales lévano á Nova Iorque. Moita sorte, e presumimos que vistos os antecedentes, non será o último movemento no salón de plenos.
Estación VI: unhas oposicións raras, raras, raras
Un tema do que nos resulta complicado opinar, porque todo é raro, raro, raro… ou descoñecido. Recopilemos o pouco que sabemos: o concello de Carballo convoca unhas oposicións para cubrir dúas prazas de policía. Cando se celebra o exame teórico, algúns dos membros do tribunal (composto por cinco funcionarios) detectan resultados extranos, e advirten de posibles irregularidades na acta, datada o 22 de setembro. Non é ata o día 13 de outubro que o alcalde paraliza as oposicións por “estar en dúbida a profesionalidade e obxectividade do tribunal”. E non é ata o día 21 do mesmo mes que o asunto salta á luz pública a través páxinas do BOE, que da unha amplia cobertura ó asunto (cousa que non sucede nos demais medios), facéndose eco de rumores e apuntando, faltaría máis, na dirección que se lle indica: os políticos están libres de toda sospeita, que só pode caer nos funcionarios. Sempre segundo eses rumores, o problema radicaría en que algún/s alumno/os terían acadado uns resultados sorprendentemente altos en relación ós demais, o que levaría a sospeitas de posibles filtracións, polo que o dedo acusador apuntaría necesariamente a algún dos cinco membros do tribunal. Nesta tesitura, Evencio acusa, e o concelleiro Xosé Regueira encárgase de quedar ben, deixando fóra de toda dúbida a honorabilidade dos funcionarios e chamando á prudencia e á investigación, mentres que o presidente do tribunal lembra que foron o alcalde e o concelleiro de seguridade quenes os elixiron e nomearon para tal fin. En resumo, que din que pasou algo raro, que non sabemos ben que foi, que o alcalde tira a pedra pero esconde a man, e aquí ninguén fala claro. Nós pola nosa parte deixamos dúas reflexións. A primeira é que pensar que a corrupción é un mal limitado ós políticos é un gravísimo erro; tristemente chega a todos os sectores da sociedade, aínda que non teñan un foco posto enriba. E a segunda, que, se falamos de posibles filtracións, o círculo de sospeitosos non se reduce ós cinco membros do tribunal. Todo aquel que tivera acceso ós temas do exame puido facelo, o que aumenta considerablemente o tamaño do círculo se hai algún descuido, ou alguén do círculo pequeno ten algunha clase de acordo con alguén de fóra de él, sexa político, funcionario, policía ou domador de léons. E dito isto, menos “rumore, rumore” e máis datos contrastados, please, que isto xa parece unha novela de Agatha Christie.
Etiquetas: actualidade local, política local
1 Comments:
Así me gusta, calentando motores. Dentro de unos días habrá unas elecciones generelas cruciales para nuestro futuro y parece que seguimos en época estival. Si era por el calor, ya empezó a llover. Gracias por vuestros halagos. Cuando termine el FIOT que me tiene muy ocupado, con mucho gusto por supuesto, completaremos ese viacrucis incompleto. Saludos
24/10/11 19:33
Publicar un comentario
<< Home